venres, 30 de xaneiro de 2015

VÍDEO DÍA DA PAZ

Todo o alumnado do cole fixemos este vídeo sobre o que é a paz para nós. Esperamos que  vos guste!

VÍDEO DÍA DA PAZ

ACTIVIDADES PARA OS PEQUECHOS

Creamos un novo apartado no noso blog, para que os vosos pequechos poidan divertirse con actividades moi interesantes e educativas. 
O apartado chámase BLOGS DE INTERESE. 
O primeiro enlace é o dun blog chamado AULA TIC TERRA DE FERROL

luns, 26 de xaneiro de 2015

FACEMOS ACRÓSTICOS

A semana pasada os pequechos de 5 anos fixemos acrósticos coa palabra LONDRES, gustounos tanto a actividade que decidimos facer máis utilizando outras palabras.






Probade a facelos na casa, veredes que divertido!

venres, 23 de xaneiro de 2015

INICIAMOS PROXECTO

Despois de moito debatir a clase de 5 anos emprendemos a nosa viaxe, xa temos novo destino.... Sabes cal é?


SIIIIIIII LONDRES É O DESTINO ELIXIDO!

xoves, 22 de xaneiro de 2015

DRAGÓN CHINO

Por fin rematamos o noso dragón chino! Quedou precioso! Moitas grazas profe Susana pola axuda.





martes, 20 de xaneiro de 2015

CANCIÓN PARA A PAZ

Esta é a canción que os pequechos imos cantar, xunto cos compañeiros e compañeiras do cole, no día da paz. Escoitade escoitade, ten moito ritmo!


venres, 16 de xaneiro de 2015

XOGANDO CO TANGRAM

Esta semana os nenos e nenas de 5 anos empezamos a xogar co tangram, xa sabíamos que era un invento chino pero non sabíamos que era tan divertido! 

Copiamos debuxos segundo o modelo...





E tamén fixemos as nosas propias creacións...





Estamos moi contentos porque este xogo está sempre a nosa disposión, no recanto dos números.

PROXECTO CHINA

Os pequechos de 5 anos rematamos o noso primeiro proxecto do curso. Deixamos atrás China para coñecer novos lugares do mundo.

MIRADE CANTAS COUSAS APRENDEMOS SOBRE CHINA...

domingo, 11 de xaneiro de 2015

CANTAMOS...UNA HORMIGUITA EN LA PATITA

Os pequechos de 5 anos estamos intentando aprender unha canción moi divertida: TENGO UNA HORMIGUITA EN LA PATITA, gústanos moito aínda que nos resulta un pouco complicado utilizar sempre a mesma vogal, parece un trabalinguas, que risa!!!