sábado, 16 de decembro de 2017

Xa é NADAL no noso centro

Nos vos perdades a nova entrada da páxina web do noso centro (http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiptiran/) onde poderedes ver como está adornado o colexio.
O Nadal xa está aquí!



venres, 15 de decembro de 2017

Aniversario de LEO

Hoxe tocoulle a LEO cumprir anos, e celebrámolo na aula todos xuntos!!

Catro anos xa! Moitas felicidades LEO!


martes, 5 de decembro de 2017

SEMANA DA LITERATURA DE TRADICIÓN ORAL

A SEMANA PASADA, CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN A NIVEL DE CENTRO DA "SEMANA DA LITERATURA DE TRADICIÓN ORAL", NA AULA DE 3 ANOS RECIBIMOS A VISITA DE VARIAS FAMILIAS QUE SE ACHEGARON A CONTAR HISTORIAS EN GALEGO.

CON ELAS COMPARTIMOS UN MOMENTO DIVERTIDO NO CAL COÑECEMOS OS SEGUINTES CONTOS:


 -DE QUÉ COR É UN BICO: CO CAL XOGAMOS CON BICOS DE DIFERENTES CORES.




-MACARIO DROMEDARIO: GRAZAS A EL DESCUBRIMOS QUE OS DROMEDARIOS TEÑEN UNHA SOA XIBA (A CAL SE LLE ENCOLLÍA O PROTAGONISTA DE TANTO CHORAR).




-O CONTO DO CASTOR: UN CONTO DE ELABORACIÓN PROPIA CO CAL DESCUBRIMOS UN NOVO ANIMAL E AS SÚAS PRINCIPAIS CARACTERÍSTICAS, PERO CO QUE TAMÉN NOS ACHEGAMOS A UNHA AVE MOI IMPORTANTE NO NOSO COLE... A CURUXA!.



MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN !!

xoves, 30 de novembro de 2017

Conto ORQ - Prehistoria

Hoxe a mamá de DIEGO veunos ler un conto moi fermoso á nosa aula.
Titúlase "ORQ". Unha historia moi bonita sobre a amizade entre un neno cavernícola e un pequeno mamut, que a medida que éste crece, crecen os problemas pero á súa vez crece tamén esa amizade.



E despois da reflexión posterior do conto, fixemos unha actividade grupal, na que os papás de DIEGO repartiron pezas numeradas do que, a posteriori, sería un gran puzle sobre ORQ e o seu mamut WOMA.


Grazas unha vez máis ás nosas nais e pais da aula pola vosa colaboración!

sábado, 25 de novembro de 2017

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

DURANTE ESTA SEMANA O ALUMNADO DE INFANTIL ESTIVO A TRABALLAR O CONTO "¿HAY ALGO MÁS ABURRIDO QUE SER UNA PRINCESA ROSA?".

CON ÉL O ALUMNADO TIVO A OPORTUNIDADE DE COÑECER A HISTORIA DE CARLOTA, UNHA PRINCESA QUE XA ESTABA CANSA DE VESTIR DE ROSA E DE SER UNHA PRINCESA . ELA QUERÍA VIAXAR,  VESTIR DOUTROS COLORES, VIAXAR EN GLOBO, CAZAR DRAGÓNS E MESMO SE PREGUNTABA PORQUE NON ERAN AS PRINCESAS AS QUE RESCATABAN ÓS PRINCIPES DAS GARRAS DO LOBO.

CADA ALUMNO/A ELEXÍU A COR COA QUE VESTIR A CARLOTA, E ENTRE TODOS PREPARAMOS UN MURAL. MIRADE QUE BONITO NOS QUEDOU!



AQUÍ TENDES O ENLACE Ó CONTO, POR SE QUEREDES ESCOITALO NA VOSA CASA!

¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?

ADEMAIS DUNHA MOREA DE CONTOS QUE LEMOS ESTA SEMANA NOS QUE SE TRABALLA O RESPECTO, A IGUALDADE DOS XÉNEROS, A NON DISCRIMINACIÓN, ETC. O NOSO ALUMNADO FIXO UN DORSAL COA SÚA MAN EN COR VIOLETA PARA PERCORRER PARTE DA MILLA (ACTIVIDADE CANCELADA POLO MAL TEMPO).
AQUÍ TENDES AS NOSAS MANS!!





Máis exposicións orais

Esta semana as exposicións orais sobre A PREHISTORIA correron a cargo de:

  • UNAI, que nos ensinou un fósil dun peixe e falounos acerca del.
  • VERA, que nos mostrou que utensilios utilizaban na etapa prehistórica para pintar e como o facían, así como explicarnos, cun mural que fixo en famillia con fotos, texto e dous debuxos seus dun mamut e da súa man, como fabricaban a pintura, os pinceis, e qué técnicas empregaban para pintar nas CAVERNAS.
Unha vez máis, moitas grazas pola vosa aportación.





Recanto da Prehistoria

Así vai quedando o recuncho da PREHISTORIA na aula de 5 anos!
Grazas por todas as vosas aportacións!







venres, 24 de novembro de 2017

O RECUNCHO SOBRE OS MAMUTS

NA AULA DE 3 ANOS SEGUIMOS INVESTIGANDO SOBRE OS MAMUTS. MIRADE CANTAS COUSAS TEMOS XA NO NOSO RECUNCHO!




 NESTAS ÚLTIMAS SEMANAS ESTIVEMOS TRAENDO DA CASA DIFERENTES MATERIAIS QUE COMPARTIMOS COS NOSOS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS.

GRACIAS ÓS MURAIS ESTAMOS COÑECENDO MOITÍSIMAS COUSAS:

-SABÍADES QUE OS MAMUTS SON MÁIS GRANDES QUE OS ELEFANTES E QUE TEÑEN CATRO PATAS? O NÚMERO DE DEDOS É DIFERENTE SEGÚN AS SÚAS PATAS SEAN AS DIANTEIRAS OU AS TRASEIRAS!.



E QUE A SÚA COMIDA FAVORITA ERAN AS FOLLAS E AS PLANTAS?

COÑECEDES ALGÚN OUTRO ANIMAL QUE CONVIVÍU COS MAMUTS? GRACIAS A NOELIA NOS COÑECEMOS O PEREZOSO E O TIGRE DE DENTES DE SABLE, ENTRE OUTROS.




COMO VEDES O NOSO RECUNCHO ESTÁ CHEO DE MURAIS, PERO TAMÉN DE CONTOS E DIFERENTES MATERIAIS QUE ELABORAMOS COA AXUDA DAS NOSAS FAMILIAS.



SOMOS UNS ARTISTAS!

xoves, 23 de novembro de 2017

O noso especial tanque de peixes!

Todos os nenos e nenas de infantil fixeron unha divertida actividade de control da absorción no Obradoiro de Estimulación da Linguaxe Oral. Tiveron que colocar diferentes animais no tanque dos peixes pero.... sen usar as mans! fixérono xenial!



Gustoulles tanto que vos deixamos o enlace por se vos animades a facelo na casa
IMAXES

martes, 21 de novembro de 2017

Vestimentas da Prehistoria

MARA sorprendeunos desta vez coa achega á aula de 4 anos de dúas bonecas vestidas como na época da PREHISTORIA, con peles de animais que previamente cazaron. Falamos polo tanto da importancia destas peles naqueles tempos.

E non deixou de sorprendernos cando, de súpeto, sacou da bolsa unha vestimenta desa época para  podela utilizar os nenos/as nos momentos adicados ós recunchos.

Moitas grazas a MARA por estas novas aportacións ó noso recanto da PREHISTORIA!



Máis utensilios da Prehistoria

Onte foi o turno de RUI que nos presentou na aula de 4 anos distintos utensilios feitos con barro (pratos, culleres, cuncas,...) na época prehistórica.

Acompañou a súa exposición cunha maqueta de lume alimentada con paos. Non só nos contou cómo se facía lume (chiscando pedras ou ben frotando paos que coa calor prendían), senón que tamén nos detallou os distintos usos que se lle daba ó lume (iluminar as cavernas, para cociñar, para quentarse cando tiñan frío, e para defenderse dos animais posto que éstes temían ó lume).

Grazas RUI por tan maravillosa e detallada explicación!



Froitos do Outono

A semana pasada, na aula de 4 anos, coñecemos con máis detalle os froitos do Outono, clasificándoos en froitos SECOS e froitos CARNOSOS.
Non só os diferenciamos e os clasificamos, senón que tamén falamos das súas características e incluso, na hora da merenda, probámolas e comímolas ó longo de toda esta semana!
En xeral gustaron moito na aula todos estes froitos!!

Probamos, dos froitos SECOS: castañas, noces, avelás, améndoas e pistachos.
Dos froitos CARNOSOS vimos e probamos: uvas, kiwis, caquis, granadas e mandarinas.




luns, 20 de novembro de 2017

Ferramentas e utensilios da Prehistoria

O pasado venres, DIEGO trouxo a nosa aula ferramentas e utensilios que se utilizaban na PREHISTORIA.

Explicounos detalladamente cada un deses elementos, de qué se compoñía e cal era a súa finalidade dentro da tribu.
Dentro das ferramentas mostrounos lanzas e hachas cos que cazaban ós animais e cos que traballaban as peles respectivamente. Dentro dos utensilios, ensinounos cuncas e pratos que se utilizaban para comer, feitos de barro.

Grazas DIEGO pola exposición e por aportar tanto novo material ó noso recuncho da PREHISTORIA.



luns, 13 de novembro de 2017

A Tristeza

Por se non o sabedes aínda, nas tres aulas de Educación Infantil, estamos a traballar co noso alumnado as EMOCIÓNS e a expresión dos nosos SENTIMENTOS! Comezamos co famoso libro "O monstruo de cores" pero iremos máis aló traballando outras emocións/sentimentos que neste libro non aparecen!

É necesario facer consciente a EMOCIÓN, nombrándoa, sen negala nin xulgala, recoñecéndoa como parte de nós mesmos, diferenciándoa respecto doutras emocións que ás veces nos poden confundir. Así, manifestamos a súa existencia, a lexitimamos, sen tratar de ocultala. E deste xeito poderemos diseñar estratexias para afrontalas.
Outro día seguimos coa parte teórica!

O caso é que, a semana pasada, os nenos/as da aula de 4 anos, enchemos os botes das emocións que vimos ata o momento, sorprendéndome (para ben) o feito de que o bote da tristeza rebosou. Non é malo estar triste, e consideramos que contar os motivos polos que estamos tristes nos axudarán a superar ese momento!

E... sabedes por que se encheu este bote? Porque un neno dixo que botaba de menos a VALENTINA, e non só na aula, explicando que tamén xogaba con ela fóra do colexio, e que ó non estar e non poder xogar con ela... acordábase dela e iso o poñía triste! (teño que recoñecer que as súas palabras sinceiras me emocionaron a min tamén). E as nenas/os que falaron a continuación seguiron a encher este bote azul, apoiando as palabras que inicialmente dixo este gran alumno.


ANIVERSARIO DE VERA

O pasado venres celebramos na aula de 4 anos o aniversario de VERA, que xa cumpríu 4 anos.

MOITAS FELICIDADES VERA!!


xoves, 9 de novembro de 2017

ANIVERSARIOS DE LEYRE E ROI

HOXE, NA AULA DE 4º DE INFANTIL, TIVEMOS OS ÚLTIMOS ANIVERSARIOS DESTE ANO.

XA TODOS TEMOS 3 ANIÑOS!!

LEYRE E ROI PREPARARON UNHA RICA MERENDA E TODOS CANTAMOS PARA FESTEXALO!



MOITAS FELICIDADES COMPAÑEIROS!!

luns, 6 de novembro de 2017

O SAMAÍN NA AULA DE 3 ANOS

A PASADA SEMANA NA AULA DE 3 ANOS ESTIVEMOS TRABALLANDO O SAMAÍN.

-PREPARAMOS PANTASMAS PARA DECORAR A ENTRADA DO NOSO EDIFICIO E MORCEGOS PARA COLABORAR NA "MILLA DO TERROR" QUE PREPARAMOS ENTRE O ALUMNADO E AS FAMILIAS.



-PUXÉMONOS A ESCURAS E XOGAMOS CUNHA LINTERNA QUE REFLECTÍA DIFERENTES DEBUXOS TERRORÍFICOS (MORCEGOS, ARAÑAS, MONSTRUOS...).



-TROUXEMOS DAS NOSAS CASAS DIFERENTES CABAZAS QUE ELABORAMOS EN COMPAÑÍA DAS NOSAS FAMILIAS. SOMOS UNS ARTISTAS!



-E MESMO VIÑEMOS Ó COLEXIO DISFRAZADOS!


mércores, 1 de novembro de 2017

COÑECEMOS UN POUCO MÁIS SOBRE OS MAMUTS

A NOSA COMPAÑEIRA SOFÍA, COA AXUDA DA SÚA FAMILIA, PREPAROU UN DEBUXO NO QUE RECOLLEU AS PRINCIPAIS PARTES DO MAMUT AS CALES NOS EXPLICOU Á PERFECCIÓN.

GRACIAS A ELA DESCUBRIMOS QUE ESTE ANIMAL ESTÁ CUBERTO DE PELO (PARA PROTEXERSE DO FRÍO),  QUE TEN UNHA TROMPA MOI LONGA (COA CAL COLLE A HERBA QUE COME) E QUE TAMÉN TEN DOUS GRANDES "COLMILLOS" (OS CALES EMPREGA PARA DEFENDERSE).


MOITAS GRACIAS SOFÍA, CANTAS COUSAS APRENDEMOS!

ANIVERSARIO DE XIANA

ESTA SEMANA CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DA NOSA COMPAÑEIRA XIANA, A CAL XA TEN 3 ANOS!


MOITÍSIMAS FELICIDADES!

venres, 27 de outubro de 2017

ANIVERSARIO DE TEO

Hoxe na nosa aula celebramos o cumpreanos de TEO que xa cumpre 4 anos!
Moitas felicidades!


TEO

mércores, 25 de outubro de 2017

MANNY O MAMUT

COMO BEN SABEDES NA AULA DE 3 ANOS APARECERON UNHAS PEGADAS MISTERIOSAS QUE NOS TIÑAN UN POUCO INQUIETOS.

O CABO DUNS DÍAS, O VOLVER DO RECREO, ATOPAMOS O SEU RESPONSABLE: UN MAMUT!!

PERO NON VIÑA SÓ, SENÓN QUE TROUXERA CON EL UNHA CARTA NA QUE NOS PREGUNTABA SE PODÍA PASAR A FORMAR PARTE DO NOSO GRUPO O RESTO DO CURSO. QUE PENSADES QUE RESPONDEMOS??


POIS CLARO!

AGORA QUE TEMOS UN MAMUT POR COMPAÑEIRO DECIDIMOS COÑECER UN POUCO MÁIS SOBRE ESTE ANIMAL, POR ISO MONTAMOS UN RECUNCHO NO QUE IMOS COLOCANDO DIFERENTES MATERIAIS QUE IMOS RECOPILANDO COA AXUDA DAS NOSAS FAMILIAS.



COMEZA A NOSA VIAXE POLA PREHISTORIA, ESTADES PREPARADOS?

ANIVERSARIO DE MARC

OS MÁIS PEQUECHOS DO COLE SEGUIMOS MEDRANDO!
ESTA SEMANA FOI O NOSO COMPAÑEIRO MARC O SEGUINTE EN CUMPRIR 3 ANOS.


PARABÉNS MARC!!!

venres, 20 de outubro de 2017

Motivación previa ó proxecto

Durante todos estes días, nas aulas de Educ. Infantil, levamos a cabo unha laboura de motivación moi importante, tentando "enganchar" aos nosos alumnos e alumnas co fin de que queiran saber máis desta época pasada, que teñan ese interese por querer saber, querer aprender, querer investigar, buscar información, etc.

Un apartado dentro desta motivación foi o feito de que aparecesen pegadas misteriosas na aula de 3 anos, tratando de averiguar de que animal se podería tratar. E tras comprobar as cámaras do noso centro, atopamos que detrás dunha árbore se escondía un animal. Tiña trompa e cabeiros. Podía ser un elefante, segundo manifestaron algúns nenos/as, pero de seguida vimos as diferencias!

Comprobade cos vosos propios ollos!!



Imaxe 1

Pasados uns días, volvemos mirar ditas cámaras do colexio e atopamos novas imaxes.
Asomouse un pouquiño máis!! (Imaxe 2)
E debeuse asustar, marchando a agocharse preto do noso penedo!! (Imaxe 3)


Imaxe 2


Imaxe 3

Que comece a vosa motivación familiar!! Disfrutade connosco desta nova ilusión e de todo o que podemos aprender xuntos sobre A  PREHISTORIA!