venres, 31 de marzo de 2017

MALETÍN DO ESPECIALISTA EN SAÚDE: O OLFATO.

O SEGUINTE COMPAÑEIRO EN LEVAR O MALETÍN PARA SEGUIR INVESTIGANDO SOBRE OS NOSOS SENTIDOS FOI MAURO.



GRAZAS A EL COÑECEMOS DIFERENTES PLANTAS AROMÁTICAS (CANELA, LAVANDA, ANIS, MENTA, AZAFRÁN...).


E TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE DESCUBRIR OS SEUS OLORES.



DESPOIS FIXEMOS UN TALLER CO CAL TIVEMOS QUE AGUDIZAR O NOSO OLFATO E TRATAR DE RECOÑECER SÓ POLO SEU OLOR DIFERENTES ALIMENTOS E PLANTAS, RESALTANDO ASÍ A IMPORTANCIA QUE TEN ESTE SENTIDO MEDIANTE A AUSENCIA DA VISTA.


martes, 28 de marzo de 2017

O GRÚFALO

Na hora do conto, fai unhas semanas coñecimos un conto xenial: O GRÚFALO. Conta a historia dun rato moi listo que desafía os animais máis fortes da fraga, incluido o propio Grúfalo! A intelixencia e a astucia vence a superioridade física, temos sempre que facernos valer independientemente do noso tamaño.
A teacher Pilar está traballando o conto nas súas clases de inglés e estamos facendo cousiñas moi chulas.
Aquí está o conto...



OS PETOS DE LORETO

Un novo conto chegou a nosa aula: OS PETOS DE LORETO. Unha historia cargadiña de imaxinación e versos rimados. Todo o que Loreto imaxina sae do seus petos.
Mirade os petos que creamos, chulos chulos!



Somos ou non grandes diseñadores! Quen sabe, pode que nun futuro sexa esta a nosa profesión para algún de nós!

"ARTISTEANDO" CON KANDINSKY

Os Pequechos de 4 anos seguimos "ARTISTEANDO", nesta ocasión con KANDINSKY. Fascinounos coñecer a súa vida. Foi un neno que vivíu coa súa tía porque os seus papás separáronse e foron vivir lonxe da súa cidade. A súa tía encantáballe o arte e súa nai a música. Un día decidiu que quería ser pintor e pintar con cores moi llamativas. Cando fixo a súa primeira exposición no colexio os seus compeñeiros e compañeiras ríronse das súas obras pero el, aínda que o principio apenouse moito, decidiu seguir pintando ata facerse moi famoso. Falamos dos sentimos de Kandisky, do comportamento dos seus compañeiros e como loitou por conseguir os seus soños. Quedámonos con esta frase: EU PODO FACELO! VOUNO CONSEGUIR!
Este o vídeo que relata a súa vida e tanto nos gustou.

Despois de falar da vida de Kandinsky comezamos a "ARTISTEAR", fixemos unha das súas obras utilizando diferentes técnicas: con témperas e pincel e outra tipo collage, empregando círculos de papel de diferentes tamaños e cores.




AS NOSAS OBRAS DE ARTE





domingo, 26 de marzo de 2017

PROTAGONISTA MANUEL

A semana pasada Manuel foi o noso protagonista. Contounos moitas cousas da súa familia, sabemos que os seus papás son grandes músicos (ademáis o comprobamos), tamén nos falou da súa colección de dinos, dos seus contos favoritos, da súa comida preferida, cor, xoguetes... Tamén sabemos que lle encantan os súper heroes e tocar a flauta. E contounos tamén que, as veces, actúa cos seus papás nun escenario!



 A súa mamá María e o seu papá Jorge viñeron ó cole para ofrecernos un concerto único.
A música é extraordinaria, grazas por acercarnos a ela desta forma tan especial.
 Moitas grazas papás por ese súper e especial concerto!
Moitísimas felicidades Manuel por gañar esa medalla de protagonista! Noraboa campión!


Recuncho do POLO

Hoxe querémosvos mostrar parte do noso recuncho do POLO !!

Podedes observar cantos PINGÜINOS diferentes temos neste rincón onde os nenos/as poden deixar voar a súa imaxinación, fabular, desenvolver o seu xogo simbólico,..


Destacar tamén a cantidade de libros adicados a este tema que tamén temos neste recanto!
Sen decatarse, os nenos/as "len", observan as ilustracións, interpretan, coidan e respectan os libros,... comeza o proceso de fomentar o gusto pola lectura!


venres, 24 de marzo de 2017

Novas aportacións de VERA

Hoxe VERA volveu vir á nosa aula con novas aportacións! Non deixa de sorprendernos!

Como veredes nas imaxes, primeiro nos mostrou un OVO de PINGÜINO Emperador, que despois duns días eclosionará se o proceso de coidado do mesmo da o seu froito, posto que o outro día vimos como as parellas de PINGÜINOS se pasaban o OVO, e non sempre resultaba, rompendo ou conxelándose co contacto co chan.


Despois mostrounos tamén un PINGÜINO que fixo na súa casa coa súa nai. ENCANTOUNOS!!
E, no tempo dos recunchos, todos quixeron xogar con este novo membro do "noso polo"!



Moitas grazas, unha vez máis, por todo o voso traballo e aportacións para favorecer a motivación e o desenrolo persoal destes maravillosos nenos e nenas de 3 anos!


xoves, 23 de marzo de 2017

ANIVERSARIO DE MARA

O pasado venres celebramos na nosa aula o aniversario de MARA, que xa cumpre 4 anos!

Despois de decorar a súa coroa e poñerlle as letras do seu nome, celebrámolo cantándolle todos xuntos as cancións de cumpreanos tanto en castelán como en inglés, e degustando o biscoito de chocolate que nos trouxo á aula! Qué rico estaba!



FELICIDADES MARA!

mércores, 22 de marzo de 2017

ESCRIBIMOS COMO OS EXIPCIOS!

NOS ÚLTIMOS DÍAS NA AULA DAS BOLBORETAS DESCUBRIMOS A ESCRITURA EXIPCIA: ELES NON EMPREGABAN LETRAS SENÓN DEBUXOS!!!

PABLO TROUXO UNHA CAMISETA NA QUE SE RECOLLE O ABECEDARIO COS CORRESPONDETES DEBUXOS PARA CADA LETRA. MIRADE QUE CHULA!


INCORPORAMOS Ó RECUNCHO SOBRE EXIPTO CREADO NA AULA UN ABECEDARIO EXIPCIO E DECIDIMOS REPRESENTAR O NOSO NOME IGUAL QUE ELES, MIRADE QUE BONITOS QUEDARON SOBRE O PAPIRO!




NOS PRÓXIMOS DÍAS COMEZAREMOS A DESCIFRAR XEROGLÍFICOS... ESTADE ATENTOS!

luns, 20 de marzo de 2017

MALETÍN DO ESPECIALISTA EN SAÚDE: O OÍDO.

A SEMANA PASADA, NA AULA DE 5 ANOS, FOI O NOSO COMPAÑEIRO ENZO O ENCARGADO DE INVESTIGAR SOBRE O SEGUINTE SENTIDO: O OÍDO.


GRAZAS A EL APRENDEMOS QUE OS OÍDOS LEVAN A UN CANAL AUDITIVO QUE REMATA NUNHA MEMBRANA CHAMADA "TÍMPANO" A CAL VIBRA CANDO PERCIBIMOS UN SON E FAI QUE SE MOVAN OS TRES OSOS QUE SE ATOPAN Ó OUTRO LADO. SABEMOS QUE ESES OSOS SON OS MÁIS PEQUENOS DE TODO O CORPO E QUE UN DELES SE CHAMA"MARTILLO" DEBIDO A SÚA FORMA.

A PARTIR DE AQUÍ O SON VAI CARA Ó "CARACOL" E É A PARTIR DESTE QUE A INFORMACIÓN CHEGA O NOSO CEREBRO.



TAMÉN APRENDEMOS A IMPORTANCIA DE COIDAR OS NOSOS OÍDOS, PARA O CAL É IMPORTANTE:
-NON ESCOITAR MÚSICA NIN POÑER A TELEVISIÓN CUN VOLUMEN EXCESIVO.
-NON INTRODUCIR NINGÚN OBXECTO NOS OÍDOS POSTO QUE PODEMOS DANAR O NOSO TÍMPANO.


APROVEITAMOS A OCASIÓN PARA XOGAR A IDENTIFICAR SONS E REALIZAR UN XOGO DE MEMORIA AUDITIVA, PARA O CAL PRIMEIRO RECORTAMOS UNHAS IMAXES (TRABALLANDO A NOSA MOTRICIDADE FINA) E, TRAS ESCOITAR DIFERENTES SONS RELACIONADOS CON ELAS, TIVEMOS QUE ORDENALAS.


E PARA REMATAR ESCRIBIMOS A PALABRA O LADO DE CADA IMAXE, TRABALLANDO ASÍ A LECTOESCRITURA.



NESTE VÍDEO PODEMOS VER TODO O QUE ENZO NOS EXPLICOU!

 ESPERAMOS QUE VOS GUSTE.



domingo, 19 de marzo de 2017

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

O pasado xoves viñeron ó cole unhas mozas moi divertidas para falarnos da importancia de comer productos do mar. Explicáronnos que podemos comelos de diversas formas, por exemplo: nas croquetas, na pizza, coa pasta e no noso bocata cada día. E por suposto, despois da explicación eleximos o noso bocata saudable. RICO RICO!!!
PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA, forma parte dun programa que levamos a cabo no noso cole: "ALIMÉNTATE BEN",  para fomentar hábitos saudables na comunidade escolar a través de dietas equilibradas utilizando productos de calidade.




PROTAGONISTA XAVI

A semana pasada Xavi foi o noso protagonista da semana. Falounos da súa familia e da súa cadela Perla, decatámonos que se chama igual ca cadela de Lucía. Falounos dos seus xoguetes favoritos, da súa comida, xoguetes... Limos o seu conto favorito COCORICO, aínda que xa o coñeciamos moi ben do ano pasado, gustounos volver a recordalo.
Tamén nos deleitou cunha peza musical utilizando o seu xilófono. Xavi tocou concentradísimo e todos e todas o escoitamos moi atentos.

 A súa mamá Ángeles viu ó cole a lernos un conto sobre un neno que quería ser mago, a facer uns gorros de mago e tamén para facer maxia!!! Si si, fixo maxia!  Coa a axuda de Xavi e a súa bariña. Quedamos abraiados!
Así de bonitos quedaron os nosos gorros de mago! Moitas grazas Ángeles, encantados polo visita.

 Moitísimas felidades campión por gañar esa merecida medalla!

mércores, 15 de marzo de 2017

MALETÍN DO ESPECIALISTA EN SAÚDE: A VISTA.

NA AULA DE 5 ANOS SEGUIMOS INVESTIGANDO SOBRE OS NOSOS SENTIDOS.
ESTA SEMANA FOI SARA EL MADIDI A ENCARGADA DE TRAER INFORMACIÓN.


QUEREDES SABER SOBRE CAL DOS SENTIDOS? 



A VISTA!!! 

SARA COMPARTIU CON TODOS NÓS TODO O QUE APRENDERA E GRAZAS A ELA COÑECEMOS: AS DIFERENTES PARTES DOS NOSOS OLLOS, PARA QUÉ SERVEN AS NOSAS CELLAS E PESTANAS, CORROBORAMOS QUE NON SOMOS CÍCLOPES POSTO QUE TEMOS DOUS OLLOS E ATA NOS EXPLICOU PORQUE OS PIRATAS LEVABAN UN PARCHE!!

APROVEITAMOS A OCASIÓN PARA FACER RECONTO DA COR DO IRIS DOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DA CLASE EMPREGANDO A GRÁFICA COMO UN MEDIO PARA A RECOLLIDA DE DATOS, TRABALLANDO ASÍ A LÓXICA MATEMÁTICA. 

A QUE NON SABEDES CAL É A COR DO IRIS QUE PREDOMINA NA AULA? 


PARA REMATAR CREAMOS A NOSA PROPIA CONSULTA DE OFTALMÓLOGOS (AÍNDA QUE PARA NÓS É MÁIS DOADO DICIR OCULISTAS). TAPAMOS UN OLLO, DICIMOS O NOME DA LETRA QUE SARA NOS SINALABA E APROVEITAMOS PARA DICIR PALABRAS QUE COMECEN POR ELA.