venres, 27 de outubro de 2017

ANIVERSARIO DE TEO

Hoxe na nosa aula celebramos o cumpreanos de TEO que xa cumpre 4 anos!
Moitas felicidades!


TEO

mércores, 25 de outubro de 2017

MANNY O MAMUT

COMO BEN SABEDES NA AULA DE 3 ANOS APARECERON UNHAS PEGADAS MISTERIOSAS QUE NOS TIÑAN UN POUCO INQUIETOS.

O CABO DUNS DÍAS, O VOLVER DO RECREO, ATOPAMOS O SEU RESPONSABLE: UN MAMUT!!

PERO NON VIÑA SÓ, SENÓN QUE TROUXERA CON EL UNHA CARTA NA QUE NOS PREGUNTABA SE PODÍA PASAR A FORMAR PARTE DO NOSO GRUPO O RESTO DO CURSO. QUE PENSADES QUE RESPONDEMOS??


POIS CLARO!

AGORA QUE TEMOS UN MAMUT POR COMPAÑEIRO DECIDIMOS COÑECER UN POUCO MÁIS SOBRE ESTE ANIMAL, POR ISO MONTAMOS UN RECUNCHO NO QUE IMOS COLOCANDO DIFERENTES MATERIAIS QUE IMOS RECOPILANDO COA AXUDA DAS NOSAS FAMILIAS.



COMEZA A NOSA VIAXE POLA PREHISTORIA, ESTADES PREPARADOS?

ANIVERSARIO DE MARC

OS MÁIS PEQUECHOS DO COLE SEGUIMOS MEDRANDO!
ESTA SEMANA FOI O NOSO COMPAÑEIRO MARC O SEGUINTE EN CUMPRIR 3 ANOS.


PARABÉNS MARC!!!

venres, 20 de outubro de 2017

Motivación previa ó proxecto

Durante todos estes días, nas aulas de Educ. Infantil, levamos a cabo unha laboura de motivación moi importante, tentando "enganchar" aos nosos alumnos e alumnas co fin de que queiran saber máis desta época pasada, que teñan ese interese por querer saber, querer aprender, querer investigar, buscar información, etc.

Un apartado dentro desta motivación foi o feito de que aparecesen pegadas misteriosas na aula de 3 anos, tratando de averiguar de que animal se podería tratar. E tras comprobar as cámaras do noso centro, atopamos que detrás dunha árbore se escondía un animal. Tiña trompa e cabeiros. Podía ser un elefante, segundo manifestaron algúns nenos/as, pero de seguida vimos as diferencias!

Comprobade cos vosos propios ollos!!



Imaxe 1

Pasados uns días, volvemos mirar ditas cámaras do colexio e atopamos novas imaxes.
Asomouse un pouquiño máis!! (Imaxe 2)
E debeuse asustar, marchando a agocharse preto do noso penedo!! (Imaxe 3)


Imaxe 2


Imaxe 3

Que comece a vosa motivación familiar!! Disfrutade connosco desta nova ilusión e de todo o que podemos aprender xuntos sobre A  PREHISTORIA!

Nota ás familias

Despois de varios días de motivación, onte, na aula de 4 ANOS, pensamos e decidimos, entre todos, que nota elaborar para enviar posteriormente ás familias. E hoxe completamos dita nota co noso nome, o nome do noso colexio, e co nome do proxecto (A PREHISTORIA).


martes, 10 de outubro de 2017

PEGADAS MISTERIOSAS NA AULA DE 3 ANOS

HOXE, Á VOLTA DO RECREO, APARECERON UNHAS PEGADAS MISTERIOSAS NA AULA DE 3 ANOS.

UN TANTO ABRAIADOS ACHEGÁMONOS A ELAS PARA TRATAR DE AVERIGUAR QUÉ FORA O QUE PASARA, E UN DE NÓS SUXERIU A IDEA DE QUE ALGÚN ANIMAL ENTRARA POLA FIESTRA .

TRAS RECOLLER TODO O LIXO QUE O MISTERIOSO VISITANTE NOS DEIXOU TRATAMOS DE AVERIGUAR A QUÉ ANIMAL PERTENCEN AS PEGADAS: UNS PENSAMOS QUE SON DUN OSO, OUTROS DUN ORANGUTÁN, DUN TIGRE E MESMO ALGÚN DE NÓS DEFENDE A IDEA DE QUE SON DUNHA MOSCA.

VÓS QUE PENSADES?




ESTAMOS VALORANDO A POSIBILIDADE DE VOLVER A DEIXAR A FIESTRA ABERTA DURANTE O RECREO DE MAÑÁ, AÍNDA QUE A ALGÚN DE NÓS A IDEA NON LLE GUSTA MOITO.

MANTERÉMOSVOS INFORMADOS!!


venres, 6 de outubro de 2017

Estrenando a aula de informática

Hoxe, os nenos e nenas de 4 anos, comezamos a traballar na tan ansiada aula de informática.



Nestas primeiras sesións aproveitaremos para traballar/xogar cun recurso educativo que os nenos/as xa coñecen posto que, durante o curso pasado, traballamos/xogamos na PDI e no ordenador da aula.

ANIVERSARIO DE CARLA

Na aula de 4 anos seguimos a celebrar cumpreanos. Hoxe foi o turno de CARLA que xa ten 4 anos!
Qué maiores imos!



FELICIDADES CARLA!!

luns, 2 de outubro de 2017

ANIVERSARIOS NA AULA DE 4 ANOS

Nestas últimas semanas, na aula de 4 ANOS, celebramos os aniversarios de UXÍO e de VALERIA.

MOITAS FELICIDADES ÓS DOUS!!


UXÍO


VALERIA

domingo, 1 de outubro de 2017

ANIVERSARIO DE NOELIA

Na nosa primeira semana do curso (tralo período de adaptación) na aula de 4º de educación infantil celebramos o aniversario da nosa compañeira Noelia, a cal xa ten 3 anos!!


Moitísimas felicidades!!!