domingo, 30 de abril de 2017

PROTAGONISTA NICO

Esta semana o trono do protagonista estivo ocupado polo noso Súper Héroe favorito Nico. Falounos dos seus papás e do seu irmá Teo que está a punto de nacer, da súa cor favorita que tanto lle recorda os seus Súper Héroes preferidos, do lugar donde vive, limos o seu conto preferido descifrando as imaxes e xogamos un montón cos xoguetes que trouxo na maleta, incluido co malvado de Batman que era moi feo e aterrador!!

 A súa mamá, Maika, viu ó cole para facer capas de Súper Héroes, cada un recortamos a nosa capa, cun pouquiño de axuda, e a personalizamos. Eleximos un antiface que ela mesma confeccionou e todos nos convertemos en Súper Héroes!!!

Moitas grazas Maika!! Pasámolo xenial eloborando as capas pero sobre todo disfrutamos a tope converténdonos en Súper Héroes!!!!
 Moitísimas felicidades Nico, eres un campión! Ben merecida tes esa medalla!

mércores, 26 de abril de 2017

A ESCRITURA EXIPCIA: XEROGLÍFICOS E DEBUXOS DE PERFIL

SEGUINDO CO NOSO PROXECTO SOBRE EXIPTO, NA AULA DAS BOLBORETAS DESCUBRIMOS QUE OS EXIPCIOS DEBUXABAN AS FIGURAS DE PERFIL E TRATAMOS DE IMITALOS, MIRADE QUE ARTISTAS SOMOS!


ADEMAIS, SEGUINDO COA ESCRITURA EXIPCIA, O ENCARGADO DE CADA DÍA PREPARA UN XEROGLÍFICO QUE OS SEUS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DEBERÁN DESCIFRAR O DÍA SEGUINTE, TRABALLANDO ASÍ A LECTOESCRITURA. ENCÁNTANOS!

luns, 24 de abril de 2017

"ARTISTEANDO" CON VAN GOGH

Os Pequechos de 4 anos seguimos "artisteando". Esta vez con VICENT VAN GOGH. Coñecimos un pouquiño da súa vida e obras e pintamos unha das súas obras maestras: LOS GIRASOLES. Ainda que nós fomos un pouquiño máis alá e utilizamos unha técnica plástica diferente para facer o xirasol, sabedes que obxecto empregamos? Un cepillos de dentes!





Mirade que chulos quedaros os nosos cadros!



A PRIMAVERA NAS NOSAS VENTÁS

E por fin chegou a primavera ás nosas ventás! Están preciosas! Cheas de colorido! Flores de moitas cores, bolboretas, abellas e xoanillas. Seguimos conservando as nubes de cores, as que nos recordan ó noso queridísimo Monstro de Cores.

Encántanos a primavera e os días de sol! Que duren!!!

venres, 21 de abril de 2017

PROXECTO SOBRE EXIPTO: NEFERTITI

SEGUINDO CO NOSO PROXECTO SOBRE EXIPTO NA AULA DE 5 ANOS ESTIVEMOS TRABALLANDO Á RAÍÑA NEFERTITI.

COÑECEMOS O SEU BUSTO, E GRACIAS A EL AGORA SOMOS CAPACES DE IDENTIFICALA MELLOR. LEVA UNHA COROA CUNHA BANDA DE CORES E UN COLAR A XOGO.



APROVEITAMOS A OCASIÓN PARA REPRESENTALA NOS MESMOS E TRABALLAR Ó MESMO TEMPO UN MONTÓN DE COUSAS (A SIMETRÍA, A ORIENTACIÓN VISOESPACIAL, A CREATIVIDADE E MESMO A LECTOESCRITURA).





A QUE SOMOS UNS VERDADEIROS ARTISTAS?

xoves, 20 de abril de 2017

CONTO: AVENTURAS NA MILLA

Xa podedes visualizar o conto que inventaron e elaboraron os nenos e nenas de Educación Infantil, coincidindo coa celebración da "semana do libro". Leva por título "Aventuras na milla".


CONTACONTOS

Onte, martes 18 de abril, recibimos no noso centro a visita dun contacontos. Neste caso, presentounos "O COCIÑEIRO MARTIÑO". Ademáis de relatar este conto, buscou a interación co público asignándolles tantos papeis como personaxes aparecen no relato para axudar ó cociñeiro Martiño. Gustounos moito escoitar esta bonita historia!




A esta actividade asistimos todo o 2º ciclo da Educación Infantil así como o 1º e o 2º curso de Educación Primaria.



mércores, 19 de abril de 2017

MALETÍN DO ESPECIALISTA EN SAÚDE: O TACTO

REMATANDO XA COA INVESTIGACIÓN SOBRE OS NOSOS SENTIDOS ESTA VEZ FOI A QUENDA DE SARA GONZÁLEZ, A CAL RECOLLEU INFORMACIÓN SOBRE O QUINTO E ÚLTIMO SENTIDO QUE NOS QUEDABA POR TRABALLAR NA AULA: O TACTO.


GRACIAS A ELA COÑECEMOS QUE O TACTO TEN COMO ÓRGANO A PEL, POR ISO NON É UN SENTIDO QUE SE ATOPE TAN SÓ NAS MANS, SENÓN NO RESTO DO NOSO CORPO (POR ISO NOTAMOS CANDO ALGUÉN NOS DA UNHA CARICIA NA CARA, OU NOS TOCA NAS COSTAS).

ADEMÁIS, GRACIAS A EL, DISTINGUIMOS DIFERENTES TEXTURAS: ÁSPERO, RUGOSO, DURO, BRANDO, LISO E SUAVE.

PARA COMPRENDER MELLOR ISTO DAS TEXTURAS XOGAMOS A ADIVIÑAR OBXECTOS MEDIANTE O TACTO, PARA O CAL PRIMEIRO DEBÍAMOS DESCRIBIR A SÚA TEXTURA E POSTERIORMENTE TRATAR DE AVERIGUAR DE QUÉ SE TRATABA.


POSTERIORMENTE RECOLLIMOS TODO O APRENDIDO, PARA O CAL ESCOLLEMOS UN MATERIAL REPRESENTATIVO DE CADA TEXTURA.


E PARA FINALIZAR, APROVEITANDO QUE FALAMOS SOBRE O TACTO E A PEL, FALAMOS TAMÉN DAS NOSAS "HUELLAS DACTILARES" AS CALES DECIDIMOS RECOLLER NUN PAPEL, COMO SE DUN CARNÉ DE IDENTIDADE GRUPAL DA AULA SE TRATASE.


SAÍDAS EDUC. INFANTIL -- 3º TRIMESTRE

Co fin de informar das SAÍDAS deste 3º trimestre ás nais/pais do alumnado de 2º ciclo da Educación Infantil e, deste xeito, para que poidades anticipar e organizar as vosas cousas, deixámosvos a continuación o listado de ditas saídas coas súas datas correspondentes:

-- Venres 28 de abril: "Gatuxo", en Afundación (Vigo)

-- Martes 9 de maio: "Correlingua", en Moaña. (GRATUITA)

-- Martes 30 ou mércores 31 de maio (fecha pendente de confirmar): Concerto de música en Quintela.

-- "Vigozoo": o alumnado de 5º e 6º de educación infantil fará unha visita aínda pendente de confirmar entre finais de maio e principios de xuño.

-- Martes 6 de xuño: Excursión de fin de curso.

luns, 17 de abril de 2017

SERIES CON ROSCÓNS

Antes das vacacións de Pascua, os Pequechos de 4 anos estivemos decorando roscóns dunha forma especial, facendo series. Comezamos a facelas en gran grupo, con dúas cores, despois con tres e rematamos con catro.

Cando acabamos de facelo en grupo o fixemos un por un, manipulando os bloques lóxicos.

Finalmente o fixemos nunha ficha. Saiunos xenial!

Cando comprendemos o que facemos, o vivenciamos e manipulamos, sen dúbida, a aprendizaxe está asegurada! E sobre todo, divertímonos!!

venres, 14 de abril de 2017

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

O pasado 7 de abril celebrouse o Día Mundial da Saúde. Os Pequechos de Tirán o celebramos esa semana coa visita dos nosos papás e mamás enfermeiros. Explicáronnos que fan nos seus traballos e que era iso de ter saúde. A definición da OMS é un pouco complicada de entender pero coas diapositivas que nos puxeron entendímolo moi ben. Ter saúde é poder disfrutar, xogar, correr, cantar, bailar... Tamén nos explicaron que facer ante as emerxencias e sobre todo, que facer para evitalas.




Ademáis fixemos varios talleres nos que manipulamos diferente material sanitario. Mirade que ben o pasamos e cantas cousas aprendemos! 

-Con Fani e Antonio empregamos  xiringas e un otoscopio para os oídos.






-Con Diana vimos e escoitamos o ritmo do noso corazón nun monitor.


-Con Susi aprendemos a facer unha vendaxe.


-E con Paula manipulamos un fonendoscopio e escoitamos o latido do corazón dos nosos compañeiros e compañeiras.


Moitas grazas por esta visita tan especial!

luns, 10 de abril de 2017

CHEGOU A PRIMAVERA Á AULA DE 4 ANOS

E por fin chegou a primavera a nosa aula. Na nosa maceira creceron as flores, sabemos que co tempo convertiranse en froitas, en sabrosas mazás.
Fixemos xoaniñas, abellas e bolboretas que decoran as nosas ventás. Cada un de nós elexiu o insecto voador que máis lle gustou.



A teacher Pilar ensinounos esta canción tan chula e primaveral!
Atentos e atentas!!!! Pronto veredes o bonitas que quedaron as nosas ventás!

PROTAGONISTA RAMI

A semana pasada, Rami foi o noso protagonista. Falounos da súa familia, dos seus xoguetes favoritos: os Hot Whels, os camións e os coches de policía; da súa comida preferida, os macarróns con kechup... Contounos que non ten can nin gato e ensinounos un álbum moi bonito de cando era bebé. Encantounos xogar co seu helicóptero recollendo coches.
A súa mamá Paula e o seu papá Ramiro viron ó cole para facer uns barquiños moi bonitos, feitos con: corchos, gomas, goma eva de cores e palillos longos. Antes de facelos probamos se flotaba. Comprobamos que navegaba perfectamente! 
Así de chulos quedaron os nosos barquiños, preparados para navegar!
Moitas grazas Paula e Ramiro, encantounos a actividade. Crear para despois xogar! A combinación perfecta.
Moitas felicidades Rami por gañar esa medalla tan deseada, es un campión!