mércores, 24 de xuño de 2015

GRADUÁMONOS!

Os Pequechos de 5 anos despedímonos da etapa de educación infantil cunha gran festa de graduación, chea de sorpresas e emocións. Canto medramos dende que chegamos hai tres anos ó cole! Encantounos ver o vídeo do noso paso por esta etapa. Despois todos e todas recibimos o diploma por superar infantil con éxito e unha orla chulísima na aparecemos como exipcios, exipcias e momias, porque Exipto foi o último destino da nosa viaxe.
E cando saímos o patio... A GRAN SORPRESA! Había un montón de ovos e dentro de cada un, un fillo de Elvis!
E como remate final... súper merendola con candy bar e photocoll. O pasamos requeteben!!!!!

Un pequeno resumo do gran día...

MOITAS FELICIDADES "GRANDES" PEQUECHOS!

ACTUACIÓN 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL


Aquí podedes ver a actuación dos pequechos de Tirán que deixan xa de ser os nosos Pequechos. Bicos para os Graduados e pasadeo moi ben este verán






xoves, 18 de xuño de 2015

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

O martes pasado os Pequechos de Tirán pasamos un día estupendo. Disfrutamos moitísimo da excursión fin de curso, non puido ser mellor. Primeiro visita o zoo, encantounos ver tantos animais (cebras, leóns, grullas, osos, morcegos...) e despois.. diversion total! Visita ó parque de bolas Mundo Pirata!! Aínda que coñecemos algúns parques de bolas, este superaba as nosas expectativas. Todos o pasamos pipa saltando sen parar! Incluido os mestres! ASÍ DE XENIAL O PASAMOS!

luns, 15 de xuño de 2015

EXIPTO: FIN DA VIAXE

Os Pequechos de 5 anos rematamos a nosa viaxe polo Antigo Exipto, e con ela poñemos fin a nosa viaxe polo mundo. Divertímonos moitísimo descubrindo Exipto e aprendemos un montón de cousas! Mirade, mirade...
Este é o fin dunha gran viaxe pero o comenzo dunha nova etapa...

venres, 12 de xuño de 2015

PIRÁMIDE DE KEOPS

Despois de moitos días de duro traballo conseguimos levantar a nosa particular pirámide de Keops... Mirada que chula!!!




OS FARAÓNS DE TIRÁN

Dende o Antigo Exipto chegaron os faraóns ó cole de Tirán...


Que guapos e guapas estamos, parecemos auténticos faraóns!!

xoves, 11 de xuño de 2015

APRENDEMOS A MEDIR

Os pequechos de 5 anos utilizamos diferentes medidas (palmos, pés e un metro) para saber canto miden  as cousas que nos rodean...





Fixemos unha actividade por equipos para medir diferentes obxectos da clase. Estes foron os resultados das nosas medicións...





martes, 9 de xuño de 2015

CONCERTO ESCOLA DE MÚSICA: A cebra camila

A semana pasada os Pequechos de Tirán fomos ao gran concerto que cada ano nos agasalla a Escola de música. Puidemos disfrutar dunha marabillosa actuación sobre o conto da CEBRA CAMILA. 






E se queredes disfrutar outra vez do conto, aquí o tendes!



sábado, 6 de xuño de 2015

VISITA DA BISAVOA DE PABLO (Semana dos avós)

O martes nos xuntamos todos os pequechos de 3, 4 e 5 na biblioteca porque viu a visitarnos a bisavoa de Pablo.
Contounos un montón de cousas de como era a escola cando ela era unha nena. Cousas como que non había tablets, nin ordenadores, nin pizarras dixitais! E, non sabemos por que, os nenos e as nenas ían a clases diferentes. A que vos tampouco podedes entendelo?
Facían os seus propios xoguetes e escribían nunha pizarriña que levaban todos os días ó cole xunto co "silabario" que era un libro para aprender a ler.
























Tamén nos preparou un video con todas as cousas que nos contou. Podedes miralo aquí.


Moitas grazas avoa Petro!

venres, 5 de xuño de 2015

XOGAMOS COA CIENCIA: Pintura en relieve

A semana pasada os Pequechos de Tirán xogamos a crear pintura. Queredes saber como o fixemos?

MATERIAIS que precisamos:
  • Fariña
  • Sal fina
  • Botes de plástico (tipo Kéchup)
  • Colorante 
  • Auga
 COMO o facemos?
Nun bol mesturamos a fariña co sal, igual número de culleradas de cada. 
Despois repartimos a mestura en botes (tantos coma cores queiramos).
Engadimos colorante e auga.

Unha vez temos a pintura preparada facemos o debuxo dunha cartolina ou nun cartón (nos utilizamos cartón pluma).

Unha vez rematado o debuxo 20 segundos de microondas e listo!



 

Esta vez foi un experimento especial porque foi para regalar a alguén moi importante...
AS NOSAS FAMILIAS!!

XOGAMOS COA CIENCIA: Reciclamos ceras

Os Pequechos de  5 anos seguimos experimentando coa ciencia. Esta vez ademáis de experimenta reciclamos ceras usadas. 
Para facer ese novo experimento precisamos: ceras, moldes de silicona e un forno.
Preguntámonos que pasaría ó meter as ceras no forno. Algúns pensaron que perderían a súa cor e se poñerían brancas, outros que sairía un líquido, otros que desaparecerían... Pero que pasou en realidade?

PASO A PASO
Colocamos as ceras en moldes de silicona (pode ser en forma de estrela, corazón...

As metemos no forno uns 30 ou 40 minutos, a 200 grados.


As sacamos do forno e as desmoldamos unha vez que arrefríen.
E xa temos un bonito corazón para decorar ou colorear. 

Recollimos os pasos nunha ficha.

 Que experimento tan chulo e tan doado de facer!!