domingo, 31 de xaneiro de 2016

DÍA DA PAZ

O pasado venres os Pequechos de Tirán celebramos o día da PAZ E DA NON VIOLENCIA. Aínda que ás veces o esquecemos, sabemos que temos que ser bos amigos e amigas, non pelexar, compartir xoguetes... e este día o recordamos un pouco máis. Celebramos este día cantando cos nosos compañeiros e compañeiras do "cole grande" unha canción de Michael Jackson (Heal The World) moi bonita, que estivemos ensaiando coa teacher Belén.
Ademáis, imitando o estilo de ANDY WARHOL, fixemos un mural precioso cheíño de pombas e coroas e pombas de paz coas nosas mans.



QUE TÓDOLOS DÍAS SEXAN DÍAS DE PAZ AQUÍ E NO RESTO DO MUNDO!

VICHES Ó LEÓN?

Os Pequechos de 3 anos seguimos coñecendo novos personaxes a través dos contos. Esta semana foi o turno de VICHES O LEÓN? Tardamos en atopar ó rei da selva e en saber quen o buscaba pero o final o atopamos...
 
Despois de ler o conto fixemos esta ficha tan chula, axudando ó león a recuperar a súa melena.  
 

venres, 22 de xaneiro de 2016

ENTROIDO 2016

Estimadas familias:
Debido a todos os problemas xurdidos a raiz da reunión sobre o entroido, as mestras de 4º e 5º de Educación Infantil decidiron que o traxe que leven os nenos e nenas será o proposto inicialmente:

- casaca/ vestido/peto de tela de pelo corto marrón.
- barriga fieltro beige.
- base negra ou marrón por debaixo.
- melena de goma eva na cabeza que faremos no cole.
- tira de pelo largo marrón duns 20 cm.

Se queredes que nos fagamos cargo de encargar a goma eva para a melena dos adultos podedes anotar a cantidade de planchas que necesitedes (recordade que as dos nenos xa contamos nós con elas)
Unha mamá se ofrece a traer as telas ó cole, pero só traerá as que se lle encarguen. Podedes anotar os encargos na nota que se adxunta debaixo e entregala ó titor a través dos nenos o LUNS 25 pola mañá para que podamos avisala. As familias que o desexen poden mercar as telas pola súa conta. Os prezos que nos ofrece a tenda “El Dedal” son os seguintes:

TRAXE NENOS
TRAXE PAPÁS
Tela vestido: 2,50 €
Fieltro barriga: 0,50 €
Tira pelo: 0,50 €
Total nenos: 3,50 €

Tela vestido: 5 €
Fieltro barriga: 0,50 €
Tira pelo: 0,50 €
Goma Eva: 1€
Total papás: 7,00 €


Recordade que o vindeiro martes día 26 as mestras de 4º e 5º de Infantil faremos o obradoiro de confección de disfraces ás 16:00 horas nas aulas de infantil. As persoas que encarguen as telas as terán que recoller e pagar ese mesmo martes.
Os papás e mamás da clase de 6º de Infantil que queiran poderán encargar as telas e unirse ó obradoiro do martes.
Un saúdo, as mestras de Infantil.




A MALETA DE 3 ANOS

Esta maleta tan chula vainos acompañar durante unhas semanas. A través da mesma, imos poñer en práctica unha dinámica de aprendizaxe cooperativo que nos axudará a coñecernos un pouquiño máis e a cohesionar o grupo. Viaxará a casa de tódolos nenos e nenas da clase. Cada día será o encargado ou encargada quen a leve e traia ó día seguinte con tres cousas que cada un considere como as máis importantes.
A profe foi a primeira en traer a maleta e todos estivemos moi atentos e atentas cando nos contaba porque elexira as cousas que viñan dentro.
Estamos desexando saber que vai vir nas próximas maletas!

mércores, 20 de xaneiro de 2016

OBRADOIROS: COCIÑANDO, RECICLANDO E PINTANDO

Os Pequechos de 3 e 4 anos estamos levando a cabo obradoiros de cociña, reciclaxe e arte.
Resulta que nos mesturamos todos e fixemos tres grupos. Cada luns iremos rotando os grupos para facer todos os obradoiros.

No obradoiro de cociña fixemos unhas galletas ricas riquísimas! Mirade...
 





No obradoiro de arte pintamos como PAUL KLEE utilizando unha técnica que consiste en facer planos de moitas cores. E sabedes que descubrimos? Que o autor de Elmer inspirouse neste autor para crear a ese elefantiño tan querido por todos os pequechos.



No obradoiro de reciclaxe decoramos tubos de papel hixiénico para facer uns fabulosos prismáticos e así, poder observar os animais da selva.


 

A CEBRA CAMILA

Esta semana os Pequechos de 3 anos coñecimos á CEBRA CAMILA, unha cebra listada moi despistada que perdeu as súas raias. Queredes saber como as recuperou?
 
Despois de ler o conto debuxamos as raias de Camila ó noso gusto e traballamos un pouquiño a grafomotricidade contando as raias que Camila perdeu...


 

martes, 12 de xaneiro de 2016

ELMER

Tódalas semanas os Pequechos de 3 anos lemos un conto. Esta vez coñecimos a Elmer, un elefante moi diferente ós demáis elefantes da súa manda. A través do mesmo traballamos o significado da diversidade. Ser diferente non malo eh!
Elmer quería ser igual ó resto pero... queredes saber que lle pasou?
ESCOITADE CON ATENCIÓN...
 
 
 

A MALETA

Seguindo coa formación dunha metodoloxía basada no "APRENDIZAXE COOPERATIVO" que estamos a desenvolver no noso centro durante este curso escolar, dende hoxe, e durante unhas semanas, na AULA DE 5 ANOS levarase a cabo unha DINÁMICA de cohesión de grupo titulada "A MALETA".

Esta dinámica da MALETA consiste en coñecer un pouco máis aos nosos compañeiros/as da aula e, deste xeito, valoralos máis ainda. Para isto, cada neno/a traerá dentro de dita maleta tres cousas que son importantes para el/ela. Só TRES COUSAS. Por favor, NON interveñades na súa eleción, deixade que sexa o neno/a quen decida qué é importante para el/ela.

Por suposto, dentro desa eleción, tede en conta que o neno/a só pode traer cousas que entren dentro da maleta. Se iso non é posible, enviade algo característico do mesmo obxecto ou algo que o represente. Por exemplo, se un neno/a considera que para el/ela é moi importante a súa bicicleta, que traia só o casco, o timbre, unha foto dela, etc., ainda que despois na aula nos explique qué é o obxecto que trae, qué representa, e por qué é importante para el/ela.

Grazas, unha vez máis, pola vosa colaboración.


luns, 11 de xaneiro de 2016

TITERES E MARIONETAS

HOXE, CARLA E SOFÍA TROUXERON A NOSA AULA UN PEQUENO DECORADO E UNHAS MARIONETAS E TÍTERES COS QUE NOS DELEITARON, DESPOIS DO RECREO, CON DÚAS FERMOSAS (MINI)OBRAS DE TEATRO: "OS TRES CABRITIÑOS" E "CARAPUCHIÑA VERMELLA".


DESPOIS, APROVEITANDO A ESPONTANEIDADE E A IMAXINACIÓN DOS NENOS/AS, CADA UN/UNHA INTERPRETOU UN PAPEL DIFERENTE, SENDO TODOS PARTÍCIPES DESTA MARAVILLOSA IDEA, FOMENTANDO ASPECTOS MOI IMPORTANTES DA LINGUAXE ORAL NA EDUCACIÓN INFANTIL.


GRAZAS POLAS VOSAS APORTACIÓNS!



CUMPREANOS DE CARMEN

HOXE CELEBRAMOS O CUMPREANOS DE CARMEN.
É O NOSO PRIMEIRO ANIVERSARIO DESTE 2016 POLO QUE CARMEN É A PRIMEIRA NENA DA AULA QUE CUMPRE 6 ANOS.

FELICIDADES CARMEN!


CUMPREANOS DE ALBA

REMATAMOS O PRIMEIRO TRIMESTRE CELEBRANDO O ANIVERSARIO DE ALBA. XA CUMPRE 5 ANOS!

MOITAS FELICIDADES ALBA!