luns, 30 de marzo de 2015

BENVIDA PRIMAVERA

E POR FIN CHEGOU A PRIMAVERA!!!!


ESTREAMOS ESTACIÓN E CON ELA... VACACIÓNS!!!
FELICES VACACIÓNS DE SEMANA SANTA A TOD@S!!!
Recoradade que volvemos o martes 7 de abril

BÚSQUEDA DE OVOS

O pasado venres os Pequechos de Tirán convertímonos en "buscadores de ovos". Aínda que as condicións meteorolóxicas non permitiron facer a búsqueda no patio divertímonos moitísimo no ximnasio recollendo ovos, estaban por todas partes!!. Fixemos equipos mesturando nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos, cada un tiñamos unha cesta e só podiamos recoller os ovos de un en un... Cando xa tódolos ovos estaban nas cestas fixemos o reconto pero decidimos repartilos entre todos e todas, así levamos a mesma cantidade.
PASÁMOLO PIPA!!! E QUE BOS ESTABAN OS OVOS!!!



luns, 16 de marzo de 2015

PROXECTO LONDRES

Os pequechos de 5 anos rematamos a nosa segunda viaxe, aprendemos un montón de cousas pero sobre todo pasámolo moi ben descubrindo esta gran cidade.
ATENT@S Ó VÍDEO...

Londres - Kizoa Movie Maker

PRÓXIMO DESTINO... ???

sábado, 14 de marzo de 2015

SEMANA DA PRENSA

Os pequechos de Tirán esta semana estivemos traballando con xornais. Sabemos que hai xornais que se centran en contar noticias de deportes (que non son só xornais de fútbol) e outros teñen todo tipo de noticias. Sabemos tamén que algúns xornais se venden só en rexións pequenas e outros por todo o país.
Os pequechos de 4 e 5 anos convertímonos en xornalistas e escribimos titulares para as imaxes que nos mesmos escollemos...

 

martes, 10 de marzo de 2015

VISITA DENDE LONDRES

Que sorte temos os pequechos de 5 anos! Hoxe tivemos outra visita!! 
Esta vez visitounos Diego, o primo de Amaia e Zoe. Vive en Londres e estes días está de vacacións en Moaña. 
Contounos un montón de cousas interesantes que non coñecíamos, como por exemplo que alí, nos baños, non hai enchufes, que fai moito frío durante os meses de inverno, que madrugan moito... e confirmounos cousas que xa sabiamos (a cor dos taxis, dos autobuses e das cabinas, que toman té con leite...).
Como agradecemento fixémoslle uns regaliños: un libro con debuxos e un mural.


MOITAS GRAZAS DIEGO!!!

domingo, 8 de marzo de 2015

VISITA SORPRESA

A semana pasada recibimos unha visita sorpresa, sabedes quen? A profe Ana!! 
Moitas grazas profe Ana pola visita, polas fotos e polas chuches!!! Esperamos que volvas pronto a visitarnos!!! QUERÉMOSTE MOITO!!!

ALMORZO INGLÉS

O pasado mércores a clase de 5 anos tomamos no cole un almorzo diferente...UN ALMORZO INGLÉS! Salchichas, queixo, ovos, tostas con mantequilla e marmelada, galletas típicas inglesas... e probamos por primeira vez o té con leite (un té especial sen teína). Gracias á Teacher Rosa sabiamos o nome de todos estes alimentos en inglés. Que bo estaba todo!




xoves, 5 de marzo de 2015

A GARDA REAL CHEGA Ó COLE

A Garda Real chegou ó cole de Tirán!!!

 






 

mércores, 4 de marzo de 2015

DENDE A CLASE DE TRES ANOS QUEREMOS COMPARTIR CON TODOS E TODAS ESTA CANCIÓN QUE NOS ENCANTA!



TAMÉN FIXEMOS CORAZÓNS COS NOMES DAS PERSOAS QUE TEMOS NO NOSO CORAZÓN (MAMIS, PAPIS, AVÓS IRMÁNS...)  CABÍAN TODOS! 



domingo, 1 de marzo de 2015

DALÍ CONTADOR DE HISTORIAS.

O pasado venres os pequechos de 5 anos fixemos unha saída para coñecer un pouquiño máis a Dalí, pois xa sabíamos algunhas cousiñas sobre el (como eran os seus bigotes, a que se dedicou, como se chamaban os seus pais e a súa irmá pequena, coñecimos algunhas das súas obras...). 
Na visita á exposición descubrimos que Dalí fixo un montón de gravados de Don Quijote e Sancho Panza e que debuxaba cousas moi raras. Por iso no taller fixemos uns debuxos combinando partes de animais e ensináronnos como se facían os gravados. 
UN RESUMO DA NOSA SAÍDA...

DÍA DE ROSALÍA

A semana pasada celebramos no cole o día de Rosalía. Xa sabemos que é unha poetisa galega que escribiu un montón de poemas e que tivo que marchar lonxe da súa terra.
Os pequechos de 5 anos escoitamos unha canción moi bonita dun poema de Rosalía cantado por Amancio Prada, chamounos a atención as súas imaxes...

Despois de escoitar a canción e de ver as imaxes fixemos o retrato de Rosalía e debuxamos imaxes do seu poema Adíos ríos, adios fontes...





 É fixemos uns marca páxinas chulísimos!!