martes, 25 de setembro de 2018

Motivación na Lectoescritura

Qué seríamos capaces de facer nós con motivación? Chegaríamos ao mesmo resultado e do mesmo xeito sen ela? Pois co noso alumnado sucede exactamente o mesmo, e máis en temas complexos como a lectoescritura na que a algún neno/a lle pode resultar fascinante pero a outros/as todo o contrario.

Neste caso, aproveitamos calquer detalle que lles entusiasme para intentar xogar coas letras, motivándoos, ben dende o proxecto, ben dende querer escribirlle algo aos seus pais/nais, compañeiros/as,... e todo aquelo polo que os nosos nenos/as sintan interese. Desta maneira tamén ven o sentido práctico e a funcionalidade de poder escribir.

A continuación deixámosvos os primeiros detalles dos nenos/as da aula por quererse comunicar:

 (PROFE ALBERTO ME CAES MUY BIEN)

 (ALBERTO SONIA DE LA CLASE DE CINCO AÑOS)


(CANGREJO, TORTUGA, AGUJA, PEZ MOTOSIERRA)

Aniversarios de Lucas e Uxío

Na nova aula de 5 anos comezamos o curso escolar con dous aniversarios, o de LUCAS e UXÍO, que quixeron compartir connosco este bonito momento. Ademáis os seus compañeiros/as desexáronlles un feliz cumpreanos nunha bonita postal que elaboraron todos xuntos!



FELICIDADES LUCAS E UXÍO !!!

luns, 24 de setembro de 2018

Comezamos o curso escolar

O pasado mércores 12 de setembro comezamos un novo curso escolar cargado de novas ideas e ilusións para desenvolver este ano académico no que o principal protagonista será O MAR (tema central do noso colexio).

Desexamos contar, unha vez máis, con toda a comunidade educativa, en especial cos nosos infantís e as súas familias, para que o noso alumnado esté motivado e queira aprender máis desta temática connosco.

Benvidas/os a este novo curso escolar 2018 / 2019 !!!