luns, 29 de febreiro de 2016

DIA DE ANDALUCÍA

OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS CELEBRAMOS HOXE O DÍA DE ANDALUCÍA COÑECENDO UN POUCO MÁIS DA CULTURA E COSTUMES DESTA TERRA, E TENTANDO APRENDER A BAILAR COMA ELES!

PASÁMOLO MOI BEN!





ANIVERSARIOS DE EFRÉN E ANTÍA

O PASADO VENRES 26 DE FEBREIRO, CELEBRAMOS, NA AULA DE 5 ANOS, OS ANIVERSARIOS DE ANTÍA SA E O DE EFRÉN, QUE CUMPRIRON XA 6 ANIÑOS! QUÉ MAIORES VAN!

MOITAS FELICIDADES ÓS DOUS!





martes, 23 de febreiro de 2016

OS TRES PORQUIÑOS E O LOBO FEROZ

A todos os Pequechos de Tirán gústanos moito esta versión dos tres porquiño, por iso a queremos compartir! Veña a cantar e bailar!
 
 

Mauro necesita un abrazo



El cuento que hemos elegido esta semana para trabajar ha sido "Mauro necesita un abrazo". Nos ha gustado mucho y nos hemos dado un montón de abrazos!!!

ABRAZO DE BARRIGAS


ABRAZO SANDWICH


ABRAZO DEL REVÉS


ABRAZO DE AMIGOS


ABRAZOS DE PAPI Y MAMI


ABRAZO PEGAJOSO


ABRAZO DE GRUPO


AUTOABRAZO


ABRAZO DE ... NO TE DEJO ESCAPAR


ABRAZO BESUCÓN


ABRAZO EN FILA


martes, 16 de febreiro de 2016

Por qué é importante lerlle aos nosos nenos/as?

No ciclo de educación infantil do CEIP Plurilíngüe de Tirán levamos a cabo, durante todos os cursos escolares, o préstamo de libros.

Cada semana, os nenos/as levan un libro para a súa casa. A idea é que vós (as familias) lles leades (e él/ela tamén o poida ler e disfrutar). Normalmente da casa traen feito un debuxo relacionado coa temática do conto.

A finalidade principal desta actividade é espertar nos nenos/as o gusto pola lectura ademáis de servirnos de axuda para traballar a lectoescritura. Merece a pena “invertir” este tempo de lecer porque os efectos serán moi positivos!

Que dicir ten que os contos son unha das bases para o desenvolvemento intelectual, emocional e social do cativo/a, pero, ademais, esta actividade encerra unha morea de vantaxes, como son:

n  Fomentar a lectura e a paixón por ela, ata converterse finalmente nun hábito.
n  Estimular a súa linguaxe, engadindo novas palabras ao seu vocabulario, ampliando a súa capacidade de percepción e comprensión, a súa expresión oral, etc.
n  Estimular e fortalecer a súa imaxinación.
n  Axuda ós nenos/as a vencer os seus medos.
n  Exercitan a súa memoria.
n  Familiarizanse cos textos.
n  Mellora a comunicación.
n  Crea fortes lazos de afecto entre quen lee e quen escoita, compartindo ese momento. Enriquece a relación adulto-neno/a.
n  […]

Polo tanto, cremos que un dos maiores agasallos que lles podedes dar ós vosos fillos/as é o voso tempo, e podédelo compartir con eles léndolles un conto a diario. Ánimo, non vos arrepentiredes!

luns, 15 de febreiro de 2016

O AMOR DA NOSA AMIZADE!

Moi boas familias!

Dado a que neste fin de semana festexamos o día tan sinalado de san valentín, decidimos facer fincapé no noso amor cara os nosos compañeiros e compañeiras, para iso falamos de que era para nós o AMOR e unha vez comentado puxémonos mans á obra para realizar unha postal chea de amor para agasallar a algún dos nosos compañeiros.

Comezamos pintando a portada da postal utilizando cepillo de dentes.






















Despois escoitamos unha canción sobre os corazóns amigos, para seguidamente completar a nosa frase que ía escrita dentro da postal: "Mi corazón late más deprisa cuando tú estás alegre".



Deixámosvos a continuación a canción tan pegadiza que gustounos tanto.





E para rematar fixemos maxia grazas á realidade aumentada, onde cun marcador e coa axuda da tablet poidemos ver os nosos corazón como latían.
(Se queredes ver por vos mesmos como son eses latidos, tan só tendes que descargar de maneira gratuita a APP Expo UNLP, abrila e enfocar cos vosos dispositivos ao marcador que esta na tarxeta e....MAXIA!!!)






Por último, chegou o memento tan desexado...dar os nosos agasallos cheos de amor!!! aquí tendes a mostra dalgún deles.



sábado, 6 de febreiro de 2016

OS "PEQUECHOS LEÓNS" CELEBRAMOS O ENTROIDO

E chegaron os leóns ó cole de Tirán, invadindo aulas, o patio e as rúas de Tirán!!

ARROZ DE CORES

Moitos de nós pensabamos que o arroz era sempre de cor amarelo ou negro. Pero a semana pasada descubrimos que o arroz, cando o mercamos no supermercado, é de cor branco e que se pode converter en arroz de moitas cores. Queredes saber como o fixemos? O que si sabedes é para o que o empregamos. Para facer as nosas maracas!!
 
Precisamos:
  • RECIPIENTES CON AUGA (tantos coma cores teñamos).
  • ARROZ (antes de mesturalo hai que poñelo a remollo para que solte o almidón).
  • COLORANTE ALIMENTICIO.
Botamos auga e colorante nos recipientes.

 


 Botamos o arroz.
 3º O deixamos reposar durante unas horas.

O sacamos dos recipientes e o deixamos secar.
 
 
Unha vez seco o mesturamos. E xa o temos listo para encher as nosas maracas!


 
AQUÍ ESTÁN! LISTAS PARA DISFRUTAR O ENTROIDO!
 

mércores, 3 de febreiro de 2016

FESTA DO ENTROIDO EN INFANTIL

Ola familias,

Como sabedes, o vindeiro venres celebramos o ENTROIDO no cole. Ese día os nenos e nenas virán disfrazados da casa, agás a careta que está no cole. Ese día non traerán merenda porque imos facer unha FESTA merendola.
O xoves faremos igualmente a degustación de postres típicos desta data que traerán da casa.

luns, 1 de febreiro de 2016

Os mandatos da Curuxa

Xa tedes dispoñible na páxina web do noso centro os "MANDATOS DA CURUXA".
Comezamos os mandatos o martes día 2.

Para saber o que corresponde cada día, estade atentos/as ós tablóns de anuncios do centro e a través da nosa páxina web!

E a disfrutar do ENTROIDO!