sábado, 6 de febreiro de 2016

ARROZ DE CORES

Moitos de nós pensabamos que o arroz era sempre de cor amarelo ou negro. Pero a semana pasada descubrimos que o arroz, cando o mercamos no supermercado, é de cor branco e que se pode converter en arroz de moitas cores. Queredes saber como o fixemos? O que si sabedes é para o que o empregamos. Para facer as nosas maracas!!
 
Precisamos:
  • RECIPIENTES CON AUGA (tantos coma cores teñamos).
  • ARROZ (antes de mesturalo hai que poñelo a remollo para que solte o almidón).
  • COLORANTE ALIMENTICIO.
Botamos auga e colorante nos recipientes.

 


 Botamos o arroz.
 3º O deixamos reposar durante unas horas.

O sacamos dos recipientes e o deixamos secar.
 
 
Unha vez seco o mesturamos. E xa o temos listo para encher as nosas maracas!


 
AQUÍ ESTÁN! LISTAS PARA DISFRUTAR O ENTROIDO!
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario