luns, 15 de febreiro de 2016

O AMOR DA NOSA AMIZADE!

Moi boas familias!

Dado a que neste fin de semana festexamos o día tan sinalado de san valentín, decidimos facer fincapé no noso amor cara os nosos compañeiros e compañeiras, para iso falamos de que era para nós o AMOR e unha vez comentado puxémonos mans á obra para realizar unha postal chea de amor para agasallar a algún dos nosos compañeiros.

Comezamos pintando a portada da postal utilizando cepillo de dentes.






















Despois escoitamos unha canción sobre os corazóns amigos, para seguidamente completar a nosa frase que ía escrita dentro da postal: "Mi corazón late más deprisa cuando tú estás alegre".



Deixámosvos a continuación a canción tan pegadiza que gustounos tanto.





E para rematar fixemos maxia grazas á realidade aumentada, onde cun marcador e coa axuda da tablet poidemos ver os nosos corazón como latían.
(Se queredes ver por vos mesmos como son eses latidos, tan só tendes que descargar de maneira gratuita a APP Expo UNLP, abrila e enfocar cos vosos dispositivos ao marcador que esta na tarxeta e....MAXIA!!!)






Por último, chegou o memento tan desexado...dar os nosos agasallos cheos de amor!!! aquí tendes a mostra dalgún deles.



Ningún comentario:

Publicar un comentario