martes, 29 de setembro de 2015

¿Qué sabes del cielo?

Onte, Noé, trouxonos un libro ó cole titulado "¿Qué sabes del cielo?".

Despois do tempo de ocio no recreo, relaxámonos escoitando, primeiramente a Noé e de seguido ó noso mestre, sobre todas as curiosidades que nos plantexaba este libro, aspectos que desenvolveremos de seguido nas vindeiras semanas coa posta en marcha do noso próximo proxecto de aula: "O UNIVERSO".

Como era un libro que nos pareceu tan interesante, pedímoslle a Noé si nos deixaba o libro uns días na aula para que todos/as poidamos "ler" e aprender cousas del. E así o fixo. Moitas grazas! :)


luns, 28 de setembro de 2015

BENVIDOS A TODOS E TODAS!


Un ano máis comenzamos con moita forza e moitísimas ganas.
Os pequechos de 4 anos levaremos a cabo un proxecto  que nos guiará durante este curso e nos axudará a entender un pouco mellor o que nos pasa cando nos enfadamos, estamos tristes, temos medo...
Sabedes do que vos falo? Das EMOCIÓNS. Esas que as veces nos volven tolos porque non temos claro que é o que nos está pasando.
Así que, encendemos motores e arrancamos!!!

martes, 22 de setembro de 2015

DE NOVO, OUTRA CARTA!

Despois do verán, e tras comezar un novo curso escolar, os nenos/as da aula de 5 anos recibimos onte outra carta dos nenos/as do CEIP Rosalía de Castro de Padrón, cos que volveremos a manter contacto durante este curso.
Traballaremos deste xeito, entre outros, da lectoescritura dunha maneira máis motivadora, fomentando o uso práctico da expresión escrita na que os nenos/as ven a utilidade de escribir (e ler), e comunicarse cos demais.


BENVIDOS Ó CURSO 2015/2016

Os mestres do 2º ciclo da Educación Infantil do CEIP Plurilíngüe de Tirán, dámosvos a benvida a todos os nenos/as (e ós pais/nais) de infantil.
Este ano contamos con incorporacións novas, 22 nenos e nenas de 3 anos que, ata o vindeiro mércores 23 de setembro, estarán no periodo de adaptación e despois en horario habitual.
Desexamos que disfrutedes todos xuntos connosco desta marabillosa e ilusionante etapa!

BENVIDOS!