venres, 20 de maio de 2016

ANIVERSARIOS DE DANIELA E CELIA

O PASADO VENRES 13 DE MAIO CELEBRAMOS NA AULA DE 5 ANOS OS ANIVERSARIOS DE DANIELA E CELIA QUE XA CUMPRIRON 6 ANIÑOS! QUE GRANDES VAN XA!


UNHA VEZ MÁIS, Á HORA DE ELABORAR O BISCOITO CASEIRO, TIVÉRONSE EN CONTA AS ALERXIAS ALIMENTARIAS PRESENTES NA AULA. QUÉ RICO ESTABA! NON QUEDARON NIN AS MIGAS!

PARABENS A DANIELA E CELIA!

luns, 16 de maio de 2016

CADROS DE CÍRCULOS

 
Así de bonito está o museo cos nos nosos cadros, todos feitos con círculos (de témpera e utilizando pincel). Todos con círculos, algúns máis grandes, outros máis pequenos, de moitas cores, de poucas, moitos círculos, poucos... pero todos preciosos!!!
 




 
SOMOS GRANDES ARTISTAS!
 

sábado, 14 de maio de 2016

LETRAS GALEGAS 2016

Este ano celebramos as LETRAS GALEGAS escribindo e decorando os poemas de Manuel María cos nosos compis do "cole grande". Cando rematamos, xuntámonos todo o cole e os recitamos.














GARABATO E TINTA




O conto desta semana foi: GARABATO E TINTA. Un gato e un rato que só tiñan unha cousa en común: eran artistas. O principio eran inimigos pero aprenderon a debuxar e pintar xuntos, a respetarse, a quererse e fixéronse os mellores artistas do mundo pero sobre todo, os mellores amigos.
Igual que Garabato e Tinta nós tamén fixemos un debuxo xuntos. Eleximos un compañeiro ou compañeira e... A debuxar e colorear!
Estes son algún deles...




 
 

mércores, 11 de maio de 2016

XEO DE CORES

Os Pequechos de 3 e 4 anos estivemos experimentando coa auga facendo xeo de cores.
Queredes saber como o fixemos?
Primeiro mesturamos auga con colorante alimenticio de cores, só tiñamos tres diferente: vermello, azul e amarelo pero mesturando as tres e fixemos un montón de cores: laranxa, morado, añil, marrón, verde... 
 
Aquí podedes ver as cores que conseguimos. Unha vez listas as puxemos no conxelador.

Cando as sacamos puidemos observar como a auga, que antes estaba líquida, agora estaba sólida (moi dura como diciamos moitos e moi fría).
 
 
Cos cubitos de xeo de cores pintamos unas obras de arte moi chulas pero tivemos un problemiña, tanto pintamos que as follas de moitos de nós romperon. Pero o importante e que o pasamos xenial aínda que as nosas mans acabaron azuis, amerelas, verdes, vermellas...
 




 

sábado, 7 de maio de 2016

SOMOS GRANDES PERRUQUEIR@S!

Aquí estamos os Pequechos de 3 anos facéndonos un bo corte de pelo. Ademáis de aprender a utilizar as tixeiras divertímonos moitísimo. Estamos desexando que volva a crecer!







¿DE QUE COLOR ES UN BESO?


 
Esta semana coñecimos a Minimoni, unha rapaza que tiña unha dúbida... quería saber de que cor son os bicos. Ela pintaba cousas de moitas cores pero nunca un bico. Moitos de nós pensabamos que eran vermellos, outros brancos, laranxas e algún  dixo que eran rosas. Minimoi para buscar cal era a súa cor asociaba as cores ás emocións e as cousas que lle gustan e non lle gustan nada de nada.
E nós, imitando o estilo de ANDY WARHOL, eleximos as cores que máis nos gustaron para os nosos bicos.


 

martes, 3 de maio de 2016

OBRODOIROS: Cociña, arte e reciclaxe.

Os Pequechos de 3 e 4 anos seguimos cocinando, reciclando e artistenado cada luns.
No obradoiro de cociña esta vez elaboramos un biscioito de cenoria, riquísimo.











En arte seguimos pintando como PAUL KLEE. Nesta ocasión coloreamos, con acuarelas, o cadro do autor: GATO Y PÁJARO. Quedaron preciosos!








E no obradoiro de arte fixemos unhas cámaras chulísimas con caixas de galletas e papel charol.