xoves, 26 de novembro de 2015

Cumpreanos de MATEO

Hoxe celebramos na nosa aula o aniversario de MATEO que xa cumpre 5 anos!
Que maiores imos!
Celebrámolo cunha tarta moi rica, con galletas sen gluten, xume e outras lambetadas!

FELICIDADES MATEO!


mércores, 25 de novembro de 2015

A CANCIÓN DOS MOSQUITOS

Os Pequechos de 3 anos, despois da asamblea, cantamos a canción dos mosquitos e cando remata corremos a sentarnos ás nosas cadeiras para  que non nos piquen. Ademáis de aprender as partes do corpo divírtenos moito cantala. Escoitade escoitade e correde cando remate, que veñen os mosquitos!!!!
 

martes, 24 de novembro de 2015

DÍA DA PALABRA

Onte os Pequechos de Tirán celebramos, xunto co resto do cole "grande", o Día da Palabra. Escribimos as nosas palabras dentro do símbolo da paz e as decoramos o noso gusto. Os Pequechos de 3 anos fixemos o noso propio símbolo da paz coloreando os ladrillos de cores.  Así de bonito quedou...





As palabras dos Pequechos de 3 anos.


As palabras dos Pequechos de 4 anos.

As palabras dos Pequechos de 5 anos.



venres, 20 de novembro de 2015

MASAS SENSORIAIS I

Os pequechos de 4 anos fixemos PLASTILINA!!!

Comezamos a nosa andadura pola experimentación con diferentes masas sensoriais. A manipulación deste tipo de masas permite aos nenos e nenas mellorar a integración táctil e contribúe ó desenvolvemento da psicomotricidade fina e a percepción espacial. Manipulalas, olelas, e xogar con elas e coas súas texturas, son sensacións que os poñen en contacto con todo o que os rodea, educando deste xeito os seus sentidos. Pero o mellor de todo é.... que pringarse é súper divertido!!!
Así que todos os mércores serán o día da experimentación coas masas sensoriais, polo que debedes volver a traer os envases de plástico que vos pedín a semana pasada.
 A primeira masa que fixemos foi PLASTILINA. Unha masa doada de facer con ingredientes que seguramente teñades na casa se a queredes repetir.


NECESITAMOS:
-Crema suavizante do pelo
-Fariña de millo
-Colorante alimentario

 PROCEDEMENTO:
 1º Mezclamos a mesma cantidade de crema e de fariña. Na clase empregamos vasos de plástico para medir. Mezclamos sete vasos de crema e sete vasos de fariña (aínda que despois tivemos que engadirlle máis fariña).
 2º Removemos ben a mezcla. Non pode quedar nin demasiado pringosa (necesita máis fariña) nin demasiado seca (necesita máis suavizante).
 3º Amasamos.
 4º Engadimos o colorante e seguimos amasando. Recordade que hai que gardala nun recipiente hermético para que non se seque.

 Foi moi divertido. A ver que se nos ocurre para a próxima semana!!!

Día dos DEREITOS das nenas/os

Hoxe, 20 de novembro, celebramos nas nosas aulas o "Día Internacional dos DEREITOS das nenas e dos nenos".

Falamos e traballamos sobre todos os dereitos que teñen os nenos/as, dereitos que terían que estar presentes sempre en todos os recunchos do noso mundo.

Citamos, entre outros, os dereitos á IGUALDADE, a ter un NOME e unha NACIONALIDADE, a ter unha FAMILIA, dereito á SANIDADE, a PARTICIPAR, a unha EDUCACIÓN, e sobretodo, o DEREITO A XOGAR, algo que non debería faltar nos nenos e nenas de todo o mundo.


domingo, 1 de novembro de 2015

VISITÁRONNOS AS BRUXAS POLO SAMAIN

Os Pequechos recibimos una visita moi especial durante a celebración do Samain, sabedes quen? AS BRUXAS!!! Viñeron voando ata o noso cole nas súas vasoiras para facernos un conxuro e cantarnos una canción de medo...

CELEBRAMOS O SAMAIN!

O pasado xoves os Pequechos de Tirán celebramos o Samin. Foi un día xenial!! Comida terrorífica, debuxos mostruosos, contos de medo, bailes escalofriantes.... VIVA SAMAIN!!!!!
Aquí un resumo do ben que o pasamos...


COCIÑANDO MOMIAS

O pasado xoves os Pequechos de 3 e 4 anos fixemos un obradoiro de cociña terrorífica...COCIÑAMOS MOMIAS!!!
 
Para cociñalas precisamos os seguintes ingredientes:
  • Corpo da momia (rebanada de pan de molde cortada pola metade)
  • Sangue de momia (salsa de tomate)
  • Vendas (lonchas de queixo cortadas en tiras)
  • Ollos de momias (aceitunas sen óso)
 
 
O primeiro paso para a elaboración das nosas momias foi botarlle a salsa de tomate ó pan.

 
 
 
Despois puxemos as lonchas de queixo e as aceitunas, así de ben quedaron..

 
Listas para meter no forno...
 
 
 E por último o que máis nos gustou....COMELAS!! ÑAN ÑAN!! QUE MOMIAS MÁIS RICAS!!!
 

 

QUEN SE ATREVE A FACELAS?