mércores, 30 de marzo de 2016

PRÓXIMA SAÍDA VENRES 1 DE ABRIL

Informarvos que o próximo venres 1 de abril levaremos a cabo unha nova SAÍDA todo os nenos e nenas do 2º ciclo de infantil.

A saída consiste en acudir ó "XVII Salón do libro" no pazo de cultura de Pontevedra para asistir á representación da obra "As peripecias de Extravaganzza Pérez", cunha duración de 40 minutos aproximadamente.

É moi importante que traiades firmada da casa a AUTORIZACIÓN que se enviou onte martes a través dos nenos/as. Calquera dúbida, poñédevos en contacto co titor/a do voso fillo/a.

ANIVERSARIO DE NOÉ

O XOVES 17 DE MARZO CELEBRAMOS NA AULA DE 5 ANOS O ANIVERSARIO DE NOÉ.

XA CUMPRÍU 6 ANOS! QUE MAIOR! :)




MOITAS FELICIDADES NOÉ!

martes, 8 de marzo de 2016

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Feliz día a todas as mamás! Porque todas sodes traballadoras, independientemente de se desempeñades unha profesión fora da casa, porque o voso tempo, dedicación e cariño vai para nós, os Pequechos. GRAZAS MAMÁS!











 
Este é o vídeo que aparece co código QR, adicado para todas... por ser súper mamás!
 

luns, 7 de marzo de 2016

A QUE SABE A LÚA?

 
O conto de hoxe foi A QUE SABE A LÚA? A través da súas páxinas descubrimos a historia duns animaliños que tiñan como obxectivo llegar a lúa porque querían saber cal era o seu sabor. Estivemos moi atentos porque estábamos moi interesados en saber como chegarían os animais tan alto e, sobre todo, igual cos animais, en saber a que sabía a lúa...
 
Ademáis, o conto, recordounos a unha canción que nos gusta moito... LÚA de María Fumaça.
 
 E fixemos a lúa...

 
 
 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O vindeiro martes 8 de marzo levaremos a cabo no CEIP Plurilíngüe Tirán unha xornada de portas abertas.
A finalidade será a de dar a coñecer un pouco máis o noso centro e todo o que nel se desenvolve.
Esta actividade constará dunha breve reunión informativa ás 5 da tarde, na que tamén se dará resposta ás preguntas ou dúbidas. Esta xornada rematará realizando un pequeno percorrido para ensinar as instalacións do centro.
Esperamos a vosa visita!


domingo, 6 de marzo de 2016

COCIÑANDO COMO COCORICO

Gustounos tanto o conto de COCORICO e o seu pastel de chocolate que decidimos facer un, bueno en realidade fixemos dous.
Agora sabemos que antes de facer un biscoito necesitamos unha serie de ingredientes: iogurt natural, fariña, azucre, ovos, aceite, levadura e cacao. Tamén sabemos que non podemos botar a cantidade que queiramos e que temos utilizar o bote baleiro de iogurt como recipiente medidor.
SOMOS "GRANDES" CHEFS!
 

Pastel cocorico - Kizoa Movie Maker

 Entre todos fixemos un súper Cocorico...

 
Este foi o resultado...
 
 
 

martes, 1 de marzo de 2016

COCORICO

Como cada semana descubrimos un novo conto, unha nova aventura, novos personaxes... COCORICO. Gustounos moitísimo o conto e o traballo plástico que fixemos despois.
Ademáis, escoitamos unha canción moi divertida sobre a historia de Cocorico.





O CONTO
 
A CANCIÓN


O TRABALLO PLÁSTICO