venres, 11 de maio de 2018

ANIVERSARIO DE LIA

Hoxe celebramos na nosa aula o aniversario de LIA, que xa cumpre 5 anos!
Degustamos unha rica bica e unhas galletas caseiras, despois de lle cantar o cumpreanos feliz en galego e inglés! Ademáis, coincidindo coas Xornadas Interculturais no noso centro, e que os papás de RUI viñeron a falarnos do país veciño (Portugal), lle cantamos tamén a LIA no idioma portugués!

PARABÉNS LIA !!


Saída ao Salón do Libro - 2018

Aínda que con un pouco de retraso, comentarvos (e deixar constancia) da saída no mes de Abril ao Salón do Libro de Pontevedra.
Tras ser recibidos polo LOBO (mascota deste evento), e tras percorrer cada espazo deste Salón, onde coñecemos un pouco máis sobre o país invitado (México), merendamos todos xuntos e acudimos ao Salón de Actos para presenciar a obra de teatro "A Ovella Engracia".

Disfrutamos moito desta saída cultural!!



Varios momentos da visita ao Salón do Libro


Instante da actuación da obra de teatro "A Ovella Engracia"

Saída ao teatro

O pasado mércores 2 de maio, o alumnado de educación infantil acudíu a Afundación-Vigo para ver a obra de teatro "Antón Comodón", actividade que nos encantou e nos mantivo atentos en todo momento grazas ás voces, aos personaxes, as cancións, ao decorado e as luces!
Viñemos encantados!!



Varios momentos da obra "Antón Comodón"

Máis flores no patio de infantil

Por se non pasástedes estes días polo patio de infantil, comentarvos que, ademáis de ter un bonito toldo que nos dará máis sombra os días de moita calor (aínda estamos montándoo), na parte superior do noso patio temos novas PRANTAS e FLORES, que darán colorido e beleza, e nos axudarán a aprender a respectar a nosa contorna.


venres, 4 de maio de 2018

ANIVERSARIO DE PAULA

O pasado luns 30 de abril celebramos o aniversario de PAULA, que xa cumpríu 5 ANOS, cantando, coma sempre o cumpreanos feliz e o "happy birthday", e tomando un rico biscoito.


FELICIDADES PAULA!!!