mércores, 31 de xaneiro de 2018

DÍA DA PAZ

HOXE OS PEQUECHOS DE 3 ANOS CONMEMORAMOS, XUNTO CO RESTO DO CENTRO, O DÍA DA PAZ.

UNHA DAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS FOI TRABALLAR VOCABULARIO, O CAL PREPARAMOS PARA COLABORAR NO MURAL QUE A TEACHER ROSA PREPAROU PARA A OCASIÓN.



PERO TAMÉN PARTICIPAMOS NA ACTIVIDADE "KILÓMETROS DE SOLIDARIDADE" EN FAVOR DE "SAVE THE CHILDREN", PARA O CAL NOS PUXEMOS UNS DORSAIS E SAÍMOS A CORRER Ó PATIO.

QUE BEN O PASAMOS!



luns, 29 de xaneiro de 2018

Preparando a terra para prantar

A semana pasada, nuns destes días que o tempo nos deu un respiro, saímos á parte superior do noso patio de infantil para traballar un pouco a terra, paso previo a prantar uns bulbos de flores nesta semana en curso.
Pasámolo moi ben repartindo e estendendo a terra, mesturándoa coa existente, manchándonos,...

Deste xeito esperamos que o noso patio de infantil luza un pouco máis fermoso cando chegue a primavera! A ver qué sae de aquí!!





Cova das Mans

A semana pasada, UNAI, ao igual que MARA, trouxéronnos varias mans súas pintadas, como se facía na antigüedade por parte dos CAVERNÍCOLAS nas COVAS que habitaban.

Un exemplo destas covas é a chamada "Cova das Mans" en Arxentina. Se queredes saber máis, podedes consultar o seguinte enlace:
https://es.wikipedia.org/wiki/Cueva_de_las_Manos



domingo, 21 de xaneiro de 2018

A PREHISTORIA NA AULA DE 3 ANOS

ESTA SEMANA, NA AULA DE 3 ANOS, COMEZAMOS A INVESTIGAR SOBRE UN NOVO PROXECTO RELACIONADO COA NOSA MASCOTA: A PREHISTORIA.

O PRIMEIRO QUE FIXEMOS FOI COÑECER COMO VIVÍA A XENTE DAQUELA ÉPOCA E DECIDIMOS AMBIENTAR UN POUCO A NOSA CLASE CREANDO O RECUNCHO DA COVA, A CAL ENCHEMOS DE DEBUXOS, TAL E COMO FACÍAN OS PREHISTÓRICOS.


ADEMAIS COÑECEMOS A VESTIMENTA QUE EMPREGABAN, A CAL ESTABA FEITA CON PEL DOS ANIMAIS QUE CAZABAN, E MESMO TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE CONVERTERNOS EN AUTÉNTICOS CAVERNÍCOLAS!!
MIRADE QUE GUAPAS E GUAPOS ESTAMOS XUNTO COA NOSA MASCOTA MANNY!




venres, 19 de xaneiro de 2018

Un novo MAMUT na aula

Hoxe venres, VERA sorprendeunos cunhas novas aportacións ao noso recuncho da PREHISTORIA.
Apareceu cun MAMUT na aula e cun novo conto que enriquecerá un pouco máis o noso rincón!

Contounos que fixera o MAMUT con seus pais, explicounos o por qué do pelo na pel deste animal, e recordamos as súas diferentes partes do corpo!
E a vindeira semana contaremos a historia que nos trouxo!


Grazas VERA pola túa aportación!

martes, 16 de xaneiro de 2018

Cestos na Prehistoria

Antes do remate do primeiro trimestre, IRENE sorprendeunos cun cesto de vimbio!

Na aula explicounos como o seu avó elaborou aquel cesto, e que o material empregado eran ponlas de vimbieira!



Seguramente os homes e mulleres da Prehistoria comezaron a empregar este material para a elaboración de cestería na que posteriormente recollerían os froitos salvaxes presentes na contorna.
E esta cestería de tradición galega (fabricación artesanal) séguese a manter, por agora, na nosa cultura!


Moitas grazas IRENE pola túa marabillosa explicación!

luns, 15 de xaneiro de 2018

Aniversarios de ENZO e DENÍS

Antes de rematar o primeiro trimestre, celebramos na nosa aula os aniversarios de ENZO e DENÍS.
Cumpriron 4 anos xa!



Moitas felicidades ENZO e DENÍS!!

mércores, 10 de xaneiro de 2018

ANIVERSARIO DE IVÁN

NA AULA DE 3 ANOS FACEMONOS MAIORES!!
HOXE CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DO NOSO COMPAÑEIRO IVÁN, CO CAL ESTREAMOS A CANDEA DO NÚMERO 4!!!


PARABÉNS CAMPIÓN!