martes, 16 de xaneiro de 2018

Cestos na Prehistoria

Antes do remate do primeiro trimestre, IRENE sorprendeunos cun cesto de vimbio!

Na aula explicounos como o seu avó elaborou aquel cesto, e que o material empregado eran ponlas de vimbieira!



Seguramente os homes e mulleres da Prehistoria comezaron a empregar este material para a elaboración de cestería na que posteriormente recollerían os froitos salvaxes presentes na contorna.
E esta cestería de tradición galega (fabricación artesanal) séguese a manter, por agora, na nosa cultura!


Moitas grazas IRENE pola túa marabillosa explicación!

Ningún comentario:

Publicar un comentario