martes, 24 de xuño de 2014

FESTIVAL: A BAMBA DOS DE 4 ANOS

Os de 4 anos despedimos o curso con moita marcha!

Cando chegamos á clase, tíñamos as bolsas preparadas con todo o material para levar para a casa. Non pensedes que falamos dunhas bolsas calquera... son unhas feitas por nos... queredes velas? a ver se nos recoñecedes!!



E despois xa nos empezamos a preparar para o festival.... estabamos guapos, guapos... e fixémolo fenomenal!! 

Aquí tedes algunhas fotos e un vídeo da actuación, aínda que non se escoita moito a musica podedes ver que saleiro temos!!



EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

Para despedir o curso, fixemos unha excursión con todos os compis do cole para compartir un día diferente. 

Pero houbo algo mais especial, porque ese día quedamos cos amigos de Carballedo para coñecelos e compartir unha xornada especial todos xuntos: chegou o día de coñecerse os de Carballedo e Tirán.

Xuntámonos nun entorno verde e precioso: o Lago de Castiñeiras. Durante a mañá os compañeiros de primaria fixeron unha visita á aula da natureza, e os de infantil de Carballedo e Tirán compartimos unha mañá de xogos.

Despois xuntámonos todos para comer e pasámolo fenomenal xogando cos paus, coa terra....

Aquí vos deixamos algunhas fotos, porque as imaxes contan fenomenal como foi o día.



Queremos agradecer a dedicación e esforzo de todos os profes por facer de este día, un día xenial... e para mostra... a entrega do equipo directivo jejejeje


Para pechar este día... unha foto de todos os nenos e nenas de infantil coas nosas profes as que damos as gracias por un día xenial.

xoves, 19 de xuño de 2014

PROXECTO: O PAPEL. (9. ECOLOXÍA)

Hoxe rematamos de contar a historia deste proxecto que remata ao mesmo tempo que este curso. 

Queredes ver todo o que fixemos ata hoxe?









Durante o proxecto aprendimos moitas cousas sobre as árbores e o papel...
Unha das cousas que aprendimos foi que dunha árbore só saen 15 paquetes de folios, así que empezamos a pensar na cantidade de árbores que había que cortar para fabricar o papel que gastaos... o importantes que son para a nosa vida... o necesarios que son os bosques...



Sentímonos moi contentos de conseguir reciclar papel, pero entre todos pensamos mais formas de poder coidar a natureza... non cousas que fagan os maiores, non, non...cousas que puidésemos facer nos, que temos 4 ou 5 anos.... 



Así que a profe falounos das 3R, que non so serven para o papel, tamén para o cartón, o plástico, etc...




REDUCIR: quedounos claro que precisamos papel, para moooitas cousas, pero o importante é gastar cada vez menos (por exemplo coller menos papel cando lavamos secamos as mans).
REUTILIZAR: darlle diferentes usos (por exemplo reutilizar no rcuncho de arte os papeis que saen mal na fotocopiadora, converter unha botella nunha maceta,...)
RECICLAR: converter papel vello en novo (conseguimos facelo!!)

E practicamos moitas cousas co 3 e coa R.

E para non esquecernos nunca disto, con moitas ganas de coidar a natureza, fixemos unhas macetas 



E nelas cada un plantamos unha planta para coidar na casa



En cada maceta pegamos unha etiqueta que poñía 3R para que cada vez que vexamos a nosa planta, nos acordemos do importante que é non malgastar papel para que non se teñan que cortar moitas arbores.

Queredes ver que preciosas quedaron as nosas macetas?




A nosa investigación remata levando para casa todo o traballo feito no cole este trimestre. E como non podía ser de outra forma, a portada é unha portada 3R: está feita có papel que nós mesmos Reciclamos, ademais Reutilizamos tapóns e Reducimos gasto de papeis, gomets e utros materiais que solemos usar nas portadas.




Mirade que bonitas... todas son diferentes porque cada un elexiu os seus tapóns e pensou o que lle apetecía facer, a profe pegounos e logo decorámolos.






E ata aquí a nosa aventura co papel. 
...contentos por aprender cousas que nos sorprenderon...
...felices por ter novas ideas para coidar a natureza... 
...fascinados cada vez que atopamos un código QR...
...concienciados do importante que é non malgastar papel... 
                                                   ...oxalá non se nos esqueza!!

Esperamos que vos divertirades con nos, e que tamén aprenderades algo. 

O próximo curso... máis e mellor!!

mércores, 18 de xuño de 2014

PROXECTO: O PAPEL. (8. FACENDO PAPEL RECICLADO)

Por fin, despois de tanto traballo, chegou o momento tan esperado por todos: imos facer papel!!!

Queredes saber todo o que fixemos ata chegar aqui?








O primeiro que fixemos foi triturar o papel. Como xa vos contamos, durante varias semanas tivemos un recuncho onde libremente todos cortábamos papel. 
Para xuntar mais cantidade, o último día, descubrimos que o profe Isma tiña unha máquina alucinante... unha máquina que comía papel!!! 
Así que coa trituradora do dire o traballo foi mais rápido... e divertido!!






O papel saia en tiras que parecían espaguetes. Despois cortamos as tiras en trociños listos para reciclar.



O seguinte paso foi meter o papel en auga, así que pouco a pouco mollamos todos os cachiños, removendo ben para ir facendo a pasta de papel.





Cando estaba todo o papel ben mollado, chegou a hora de usar a batedora... foi moi divertido!!! nunca bateramos papel....




E xa coa pasta feita, chegou o final do proceso:
1. Escorrer a pasta
2. Mesturar a pasta coa cor elixida (decidimos facer papel azul e despois mesturamos amarelo para facer outros verdes)
3. Poñer a pasta teñida nunha tina con moita auga
4. Coller pasta coa rexilla escorrendo ben a auga
5. Despois a profe dáballe a volta... coma a unha tortilla e tiñamos que escorrer ben a auga
6. A secar!


Aproveitamos o sol para poñer o papel a secar...




E seguimos traballando moito ao mesmo tempo que descubrimos un monton de cousas.






Queredes ver o final do noso proxecto?

luns, 9 de xuño de 2014

Aniversario de Elena

Elena quiso celebrar o seu aniversario con todos os seus compañeiros do cole. En xullo cumple catro anos pero nós xa lle fixemos a súa festa! Grazas Elena por querer celebralo connosco!


venres, 6 de xuño de 2014

PROXECTO: O PAPEL. (7. PREPARÁNDONOS PARA FACER PAPEL RECICLADO)

Estades seguindo a nosa investigación sobre o papel? estamos a puntiño de conseguir fabricalo!!

Queredes ver o que fixemos para chegar aquí?







Xa temos claro o que precisamos para facer o papel reciclado: 



A profe montou un recuncho no que libremente podemos ir cortando papel, para telo preparado o día de reciclaxe:


E cortando, cortando... descubrimos cousas divertidas que se poden facer có papel, e case de casualidade descubrimos as guirnaldas, así que as profes axudáronnos a facer unha cada un


Despois pensamos que sería boa idea pedir axuda aos compañeiros do cole, así que preparamos unha nota para levarlles aos maiores pedíndolles que nos garden papel usado... e de paso, contarlles o noso proxecto para que se dean conta do importante que é non malgastar papel.


Primeiro pensamos que poñer, logo escribímola entre todos e despois decorámolas para que estivesen ben bonitas. 


Coas notas listas, repartímonos en dous equipos para subir coas profes ao cole de arriba e repartilas por todas as aulas.



E ala fomos... un pouco mais tímidos e menos faladores que en clase ;) pero explicamos moi ben o que dicía a nota e lles contamos porque hai que gastar pouco papel, que significaba o código QR, ......



Tamén deixamos unha nota na sala de profes... Carlos foi o encargado de recollela, e quedou pasmado co código QR... non se puido resistir a comprobalo!


Seguimos traballando e aprendendo moitas cousas sobre có papel



Seguide atentos... o próximo capítulo será moi emocionante:

mércores, 4 de xuño de 2014

Picassos ou Laxeiros?

Moi boas familias!

Como puidestes ver non fai moito, estivemos traballando con Picasso e o seu cadro "Dos mujeres leyendo". Ó rematar parámonos a coñecer a un gran amigo seu, tamén moi bo pintor e …GALEGO!! Sabedes como se chamaba? José Otero Abeledo máis coñecido como LAXEIRO.

Limos un conto sobre el, no que ademais de coñecer a súa vida observamos algunhas das súas obras onde comprobamos que moitos dos seus cadros asemellábanse ós de Picasso con moitas formas xeométricas! Asi que puxémonos mans a obra para demostrar unha vez máis o artista que levamos dentro e convertémonos nuns verdadeiros pintores abstractos coma Picasso e Laxeiro! Para iso fomos á aula de informática onde cada  un puido facer a súa cara mirade.




Queredes xogar  na casa de novo? Pois aquí vos deixamos o enlace para que xoguedes en familia na casa! Pinchade no enlace que está debaixo da foto e xa vos levará ata el.




 Tras rir case toda a hora vendo as nosas creacións tan raras pero moi divertidas cada un completou o seu cadro con formas xeométricas, para o cal primeiro observamos a cantidade de formas xeométricas que temos ó noso redor para despois xa poder poñer fin as nosas obras artísticas.

Mirade que retratos máis orixinais! Preparádevos para rir!!!



























Que o disfrutedes tanto coma nos!