martes, 3 de xuño de 2014

A nosa gastronomía!

Moi boas compañeiros de Carballedo!

Aquí vos deixamos un pouco máis de información sobre a nosa gastronomía. Seguro que vos entra o fame coa de cousas tan ricas que temos na nosa terra!!jejje.
Aínda que somos de moi bo comer e gústanos moito o churrasco  e o lacón con grelos, na nosa gastronomía o que máis abunda é o marisco e o peixe, pois como sabedes vivimos preto do mar. Moitas das nosas familias traballan disto por iso, coa axuda deles puidemos facer este gran traballo onde coñecemos un montón de cousas! Veredes que rico e divertido!

Nun primeiro momento comprobamos que o máis importante é, coma dixemos, o animal mariño.


Ademais indagamos que no mundo do marisco podemos atoparnos CRUSTÁCEOS e MOLUSCOS… Sabedes cal é a diferenza? Moi sinxelo…atendede!


 OS CRUSTÁCEOS caracterízanse por ter unha cunha endurecida, con 4 antenas, fooortes mandíbulas e varias patas.

Pola contra, os MOLUSCOS son animais de corpo moi brando e que soen ter tan só unha concha para protexerse aínda que non todos coma é o caso do polbo.

Por outra banda coñecemos moitos peixes. Mirade a  ver cales coñecedes e coma non, descubrides tamén os mariscos infiltrados.


Tras isto pasamos a explicarvos  algúns exemplos de cómo poder pescar o marisco.

- Con esta cestiña feita con material de refugallo chea de conchas queremos ensinarvos  a recolecta de berberechos e de ameixas os cales pódense recoller ó longo de todo o ano aínda que a mellor época é agora, no verán, pois é no momento en que hai moitas máis.
Para mariscar utilizan moitas ferramentas, pero o máis salientable é o anciño co que mover a terra e poder ver estes moluscos agochados e despois os van metendo en cestos.




Por outra banda ensinarvos un dos moluscos máis importantes. OS mexillóns! Atentos as fotos!



E aquí vos deixamos unha batea pequeniña feita na casa. Mirade que chula!


Chegados a este punto tamén ensinarvos como poder levar estes alimentos tan ricos as nosas bocas. Abride ben os ollos pra ver estes grandes murais.



. O churrasco o facemos as brasas.

. Os chinchos os fritimos ata que quedan ben crocantiños.






. As empanadas de xoubas temos que amasala ben.


. Os mexillóns os cocemos e despois os comemos de moitas maneiras: ao vapor, á vinagreta… e o mesmo pasa coas nécoras. Mirade mirade!





E xa para rematar os deixamos unhas cantas receitas por se vos animades, jejej.




E come non, non podíamos esquecernos das nosos sobremesas que tamén somos moiii glotóns!


Animádevos a facer algunhas das nosas receitas nas vosas casas...veredes como vos chupades os dedos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario