mércores, 31 de maio de 2017

MALETÍN DO ESPECIALISTA EN SAÚDE: ALIMENTOS SAUDABLES

AGORA QUE COÑECEMOS TAN BEN O NOSO CORPO, SÓ NOS QUEDABA SABER DE QUÉ MANEIRA PODEMOS CONTRIBUIR A QUE ESTE ESTÉ SAN, POR ISO A NOSA COMPAÑEIRA NAZA FOI A ENCARGADA DE LEVAR O MALETÍN PARA A CASA E INVESTIGAR SOBRE AQUELES ALIMENTOS QUE SON MÁIS SAUDABLES.


CON ELA APRENDEMOS QUE HAI UNHA SERIE DE ALIMENTOS QUE SON MOI BOS PARA O NOSO CORPO, OS CALES DEBEMOS TOMAR FRECUENTEMENTE. ESTE É O CASO DAS FROITAS E VERDURAS OU OS LÁCTEOS.
SEN EMBARGO HAI OUTROS QUE AÍNDA QUE ESTÉN RICOS NON DEBERÍAMOS TOMAR FRECUENTEMENTE: A PIZZA, OS DONUTS OU O CHOCOLATE.

TRAS A SÚA EXPLICACIÓN PUXÉMONOS MANS Á OBRA A RECORTAR EN FOLLETOS DE SUPERMERCADO DIFERENTES ALIMENTOS. PARA ISO DIVIDÍMONOS EN GRUPOS, CADA UN DOS CALES TIÑA QUE RECORTAR UN TIPO DE ALIMENTO CONCRETO: DOCES, PESCADO, CARNE, PASTA, VERDURAS...



DESPOIS DEBUXAMOS UN TRIÁNGULO XIGANTE, PARA REALIZAR UNHA PIRÁMIDE ALIMENTICIA, A CAL DIVIDÍMOS EN VARIAS CORES.


UNHA VEZ PINTADA E RECORTADOS OS DIFERENTES ALIMENTOS CHEGOU O MOMENTO DE IR CLASIFICÁNDOOS. PARA IR GUIÁNDONOS COLOCAMOS DIFERENTES LETREIROS QUE INDICABAN ONDE ÍA CADA ALIMENTO, PROPICIANDO QUE O GRUPO MOSTRASE OS SEUS GRANDES AVANCES NA LECTURA.


NA BASE DA PIRÁMIDE COLOCAMOS BOTELLAS DE AUGA, POSTO QUE XA SABEMOS QUE É IMPRESCINDIBLE PARA A VIDA, E MOSTRA DISO É A CANTIDADE DE VECES QUE BEBEMOS CANDO ESTAMOS EN CLASE.
NOS SEGUINTES PISOS COLOCAMOS DIFERENTES ALIMENTOS QUE DEBEMOS COMER DIARIAMENTE, COMO SON: PAN, FROITAS E VERDURAS (XA SABEMOS QUE O RECOMENDABLE SON 5 O DÍA), PEIXE/CARNE, LÁCTEOS...
A CÚSPIDE DA PIRÁMIDE, SEN EMBARGO, RECOLLE TODOS ESES ALIMENTOS DOS CALES DEBEMOS REDUCIR O SEU CONSUMO: CHOCOLATE, XEADOS, DONUTS....

QUEREDES VER QUE BONITA NOS QUEDOU? POIS BOTÁDELLE UNHA OLLADA. A NOSA PIRÁMIDE TEN UN SITIO PRIVILEXIADO NA AULA!!!



domingo, 28 de maio de 2017

PROTAGONISTA XABI

A semana  pasada Xabi foi  o noso protagonista. Falounos da súa familia, do seu conto favorito: O Monstro de Cores e do moito que lle gustan os dinosaurios e os Súper Heróes. Incluso trouxo un disfrace de Spiderman! Cando se puxo a careta non o recoñeciamos. Observamos o pequeniña que era a súa roupa de cando el era bebé, non deixa de sorprendernos... como é posible q hai uns anos fóramos tan pequenos?

A súa mamá Diana, o seu irmá Unai e o seu avó Gabi, viñeron ó cole para facer uns saltamontes chulísimos feitos con pinzas e limpa pipas e para xogar o xogo das sillas e das estatuas musicais.
O pasamos xenial! Foi un placer a visita familia! Moitas grazas! E volver ter a Unai na aula da profe Marta un privilexio. Recordando tempos pasados. Como medran os Pequechos!
Moitas felicidades Xabi! Ben merecida tes a medalla de protagonista! Eres un campión!

sábado, 27 de maio de 2017

DRILO O CROCODILO

AÍNDA NON COÑECEDES A DRILO??

NA AULA DE 5 ANOS TEMOS DENDE FAI UNHAS SEMANAS UN NOVO INQUILINO, PERO ANTES DE PRESENTÁRVOLO TENDES QUE VER O PROCESO DE CREACIÓN.


TAMÉN É IMPORTANTE QUE SAIBADES QUE PARA APRENDER MÁIS COUSAS SOBRE EL RECOLLEMOS AS SÚAS PRINCIPAIS CARACTERÍSTICAS NUN "LAPBOOK" FEITO POR NÓS MESMOS.


O LAPBOOK É UNHA ESPECIE DE LIBRO CON DESPREGABRES NO QUE SE RECOLLE INFORMACIÓN DUNHA MANEIRA MOI VISUAL. 



AGORA QUE XA SABEDES QUE O NOSO INQUILINO É UN CROCODILO É O MOMENTO DE QUE O VEXADES NO SEU RECUNCHO FAVORITO: O DE EXIPTO!.




E PARA FINALIZAR AQUÍ VAI A SÚA CANCIÓN!! CANTÁMOLA A TODAS HORAS!!


xoves, 25 de maio de 2017

GUSANOS DE SEDA

Dende fai varias semanas os Pequechos de 4 anos temos 10 gusanos de seda. Os coidamos con moito cariño. Cada día o encargado ou encargada foi o responsable de darlle de comer e axudar a profe a limpar as cacas. O primeiro que supemos destes bichiños foi que comen follas de moreira, a devoran! É o único que comen e teñen que estar ben fresquiñas! 
Todos os gusanos teñen nome: Rayo, Bella, Ana, Olaf, Pitufo, Osito, Donatello, Spiderman, Lila e Hull. Os eleximos entre todos, sobraron propostas! 

Así eran os gusanos cando chegaron...

 Vivían nesta caixiña de zapatos.

Aquí están os nosos gusanos preparados para pasar o seu primeiro fin de semana fora da nosa clase.
Os coidamos tan ven nas nosas casas que chegaron moi gordiños!
Contra todo pronóstico, os gusanos o segundo fin de semana que viaxaron as nosas casas comezaron a botar seda e construir a súa crisálida, así que quedaron nas caixiñas de transporte.  







mércores, 24 de maio de 2017

FLORES EVOLUTIVAS

O luns da semana pasada para conmemorar o Día da Familia, como sabedes, fixemos uns cadros preciosos das nosas familias. Os Pequechos de 4 anos, ademáis, decoramos o papel de regalo dunha maneira especial, facendo FLORES EVOLUTIVAS para traballar as RELACIÓNS ESPACIAIS. A consigna foi: pegar pegativas idénticas ó redor da fotografía e ó completar unha volta coller outro tipo de pegatinas e colocalas ó redor das anteriores.
Este foi o resultado...


É curioso como cada un de nós percibe o espacio pero bonitos quedaron todos!

ANIVERSARIO DE MARIO

HOXE, NA AULA DAS BOLBORETAS, TIVEMOS UN NOVO ANIVERSARIO.
ESTA VEZ FOI O NOSO COMPAÑEIRO MARIO O ENCARGADO DE SOPRAR A CANDEA DO NÚMERO 6.



QUE MAIORES NOS ESTAMOS FACENDO TODOS!!


luns, 22 de maio de 2017

ANIVERSARIO DE VALENTINA

O pasado venres celebramos, cun rico biscoito, o aniversario de VALENTINA que xa cumpríu 4 anos!


FELICIDADES VALENTINA!

AS PIRÁMIDES DE GIZA

SEGUINDO CO NOSO PROXECTO SOBRE O ANTIGO EXIPTO OS PEQUECHOS DE 5 ANOS ESTIVEMOS COÑECENDO AS PIRÁMIDES MÁIS COÑECIDAS DE EXIPTO: KEFREN, KEOPS E MICERINO.

PRIMEIRO ESTIVEMOS VENDO FOTOS NO ORDENADOR DE AULA PARA ANALIZAR DE QUÉ ESTÁN FEITAS, E XA SABEMOS QUE NON SE TRATA DE AREA SENÓN DE GRANDES BLOQUES DE PEDRA QUE OS EXIPCIOS TRANSPORTABAN E ÍAN COLOCANDO.

TRAS COÑECER UN POUCO MÁIS SOBRE ELAS E IDENTIFICALAS SEGÚN O SEU TAMAÑO (KEFREN A MEDIANA, KEOPS A MÁIS ALTA E MICERINO A MÁIS BAIXA) TRABALLAMOS CON AREA PARA SIMULAR O DESERTO DO SAHARA.



DESPOIS FIXEMOS UNHA MANUALIDADE CHULÍSIMA PARA LEVAR A CASA: MODELAMOS CON ARXILA AS PIRÁMIDES DE GIZA!

AÍNDA QUE POIDA PARECER ALGO DOADO O CERTO É QUE É MOI DIFICIL FACER UNHA PIRÁMIDE, POR ISO PREVIAMENTE ESTIVEMOS PRACTICANDO CON PLASTILINA.

CANDO NOS VIMOS PREPARADOS PARA LEVAR A CABO A NOSA ESCULTURA COMO UNS AUTÉNTICOS ARTISTAS PUXÉMONOS MANS Á OBRA.




 E MÍRADE QUE O RESULTADO FINAL. A QUE SOMOS UNS ARTISTAS?




martes, 16 de maio de 2017

PROTAGONISTA LUCAS

A semana pasada o trono do protagonista estivo ocupado por Lucas. Falounos moitísimo da súa familia pero, sobre todo, da súa irmá pequena Nerea. Cantaunos un montón de cancións co micrófono da súa radio molona, ensinounos a Wally, contounos cal e era a súa comida preferida, os xoguetes... Sabemos que a Lucas lle encanta pintar con témperas e xogar a pillar.

A súa mamá Susi viu ó cole para bailar a canción favorita de Lucas: Fun o mercado e para facer uns broches súper chulos cunha plastilina especial. E coñecimos a Nerea! Unha bebé preciosa e moi boiña que estivo durmindo todo o tempo!
Moitas grazas Susi encantounos o baile e facer os broches. Quedaron preciosos!
 Moitas felicidades Lucas! Xa tes a túa medalla de protagonista! Ben merecida a tes! Noraboa campión!



LETRAS GALEGAS: CARLOS CASARES

Nestes días, con motivo da conmemoración das Letras Galegas o 17 de maio, na aula das bolboretas estivemos traballando á redor da figura de Carlos Casares, que como ben sabedes é o autor homenaxeado este ano.

Tras coñecer algunhas curiosidades sobre el, botamos man do cartel que a nosa aula preparou para o concurso escolar convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia ó que o noso centro se presentou, no cal recollemos as súas obras máis coñecidas.



Por outro lado estivemos traballando as seguintes obras: a Galiña azul e As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas.

-Coa primeira obra, realizamos cada un de nós a nosa propia galiña azul, na cal escribimos aquel motivo polo que nos sentimos diferentes. Podedes ver o curral que temos montado coas galiñas de todo o alumnado do centro no patio cuberto da entrada.

-Coa segunda obra traballamos a nosa creatividade, ó mesmo tempo que nos convertemos por un intre en escritores e ilustradores, posto que a actividade consistíu en inventar unha historia sobre unha froita, poñerlle título e realizar unha portada.

 Mírade que creativos somos!

 Os títulos creados foron os seguintes:

*O plátano que vivía nunha casa verde.
*A mazá máis boa do mundo.
*O neno que comía mazás.
*A pera tola.
*A pera que estaba podre.
*O limón que vivía na casa amarela.
*O dragón come moras.
*As mazás que caen do ceo.
*O plátano que facía terremotos.
*Unha pera no lixo.

Quedáchedes con ganas de mirar as nosas portadas? Velaí as tendes!!




luns, 15 de maio de 2017

AS LENTELLAS

CON MOTIVO DA PARTICIPACIÓN DO CENTRO NO PROXECTO VOZ NATURA NA AULA DAS BOLBORETAS ESTIVEMOS INVESTIGANDO SOBRE AS LENTELLAS.

PARA COMEZAR PEDÍMOS AS NOSAS FAMILIAS QUE INVESTIGASEN CON NÓS SOBRE ELAS E MIRADE CANTO TRABALLARON!



APROVEITANDO A INFORMACIÓN QUE TROUXERON DA CASA A NOSA COMPAÑEIRA SARA EL MADIDI DECIDIU FACERNOS UNHA REPRESENTACIÓN DE COMO SE COCIÑAN AS LENTELLAS.



TRAS COÑECER TODOS OS SEUS BENEFICIOS, A SÚA PLANTA E QUE HAI DIFERENTES TIPOS RECOLLEMOS TODO NUNHA CARTOLINA, A CAL SE ATOPA EXPOSTA XUNTO COS TRABALLOS DO RESTO DO ALUMNADO DO CENTRO NA ENTRADA DO EDIFICIO PRINCIPAL.


E PARA REMATAR PLANTAMOS NA AULA AS LENTELLAS, MIRADE CANTO MEDRARON!


ANIVERSARIO DE LIA

O pasado venres celebramos na nosa aula o aniversario de LIA que xa cumpríu 4 anos!! Trouxonos unha bica que degustamos con moito agrado. Estaba riquísima!



MOITAS FELICIDADES LIA!

domingo, 14 de maio de 2017

MALETÍN DO ESPECIALISTA EN SAÚDE: O CEREBRO

XA QUEDA POUCO PARA REMATAR A NOSA INVESTIGACIÓN SOBRE A SAÚDE E ESTA VEZ FOI A NOSA COMPAÑEIRA CARMEN A ENCARGADA DE RECOMPILAR INFORMACIÓN SOBRE O CEREBRO.


CON ELA APRENDEMOS O IMPORTANTE QUE É NO NOSO CORPO E AS SÚAS PARTES, AS CALES PINTAMOS EN PEQUENOS GRUPOS.


POSTERIORMENTE ESCRIBIMOS OS SEUS NOMES E CREAMOS UN MURAL CON ELES.


ADEMAIS TRABALLAMOS A NOSA MOTRICIDADE CREANDO SERPES DE PLASTILINA SEGUINDO UN PATRÓN PARA CONSTRUIR O CEREBRO DUN BONECO. MIRADE QUE BONITO!



SOMOS XA UNS AUTÉNTICOS ESPECIALISTAS EN SAÚDE!!

mércores, 10 de maio de 2017

ANIVERSARIO DE PEDRO

HOXE NA AULA DAS BOLBORETAS FESTEXAMOS UN NOVO ANIVERSARIO. O NOSO COMPAÑEIRO PEDRO XA TEN.... 6 ANOS!!!



PARABÉNS DE PARTE DE TODOS OS TEUS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS !!!


martes, 9 de maio de 2017

SABES DE QUE COLOR É O OSO POLAR?

Unha de tantas cousas que aprendemos durante este ano co noso proxecto dos POLOS, resultounos un pouco curiosas e, paradóxicamente, contrario ó que pensábamos, os OSOS POLARES NON SON BRANCOS.

Para aproveitar o máximo calor dispoñible, e atraer máis o sol, o OSO POLAR ten a pel NEGRA. Recúbreno dúas capas de pelo: a interior, de pelos curtos (aíslan do frío e repele a auga); e a exterior, de pelos longos, transparentes e ocos (reteñen o aire), aislan e conducen hacia a pel toda a enerxía do sol ártico.

O OSO parece branco a causa das partículas de aire contido nos seus pelos, o aire difunde a luz, e por iso vémolo branco. O mesmo lle ocorre á neve, formada por cristais que reteñen aire entre eles.


MALETÍN DO ESPECIALISTA EN SAÚDE: O CORAZÓN.

SEGUIMOS INVESTIGANDO SOBRE A NOSA SAÚDE NA AULA DAS BOLBORETAS. ESTA VEZ FOI O NOSO COMPAÑEIRO PEDRO O ENCARGADO DE INVESTIGAR SOBRE OUTRA IMPORTANTE PARTE DO NOSO CORPO: O CORAZÓN!


CON EL APRENDEMOS ONDE ESTÁ, O IMPORTANTE QUE É E AS SÚAS DIFERENTES PARTES.

TAMÉN APRENDEMOS QUE TEN O TAMAÑO DO PUÑO, QUE O SEU SON SE CHAMA LATEXO E É REGULAR (AÍNDA QUE PODE IR MÁIS RÁPIDO SE CORREMOS OU NOS ASUSTAMOS), QUE É DE COR VERMELLO E O MÁIS IMPORTANTE QUE É O MOTOR DO NOSO CORPO.

PARA TRABALLAR SOBRE O APRENDIDO DECIDIMOS RECREAR COMO É O NOSO CORPO POR DENTRO, SIMULANDO CON PLASTILINA VERMELLA O PERCORRIDO DA SANGUE O SAÍR DO CORAZÓN E CON COR AZUL O CAMIÑO DE VOLTA.


MIRADE QUE BEN NOS QUEDARON!