mércores, 30 de abril de 2014

XARDIÑEIR@S POR UN DÍA!!

Como tiñamos xa listas as nosas macetas para plantar flores de primavera, onte, os pequechos de 3, saimos con elas, para sementar nelas. Previamente, vimos na clase os pasos a seguir para plantar flores:


Verdade que son uns artistas coas tesoiras?? 

Xa, no patio, botamos terra, cada un na súa maceta. Despois, fixemos una buratiño co dedo no que botamos sementes de diferentes flores de cores. Para rematar, botamos auga. Agora toca agardar a que florezan. Xa as colocamos ó lado da ventá para que lles dea o sol e imos regalas e coidalas moito para logo ter unha flores preciosas!!!
Aquí deixo unha mostra da actividade:


A NOSA PRINCESA CARLA!!!

A semana pasada, a protagonista da clase de 3 anos foi Carla, que ten decidido que quere ser princesa, polo que trouxo dous traxes para convertirse nunha. Ademais, fixo uns murais preciosos para contarnos como é (entre outras cousas, presumida, cariñosa e moi divertida), debuxounos á súa familia, ensinounos fotos vestida de princesa de conto, así como trouxo álbumes da súa infancia, o seu conto preferido, Blancanieves, que limos na clase, un vídeo precioso no que nos ensinou á súa familia, amigos, fotos de cando era pequena..., así como unha mostra dalgúns dos xoguetes que máis lles gustan. Fixemos puzzles entre todos. Pasámolo xenial!!! Ahí vai un pequeno resumo:


luns, 28 de abril de 2014

RECUNCHO DE ARTE

O recuncho que mais éxito está tendo na clase de 4 anos é o da arte.... encántanos deseñar, recortar, pintar...

E a última idea foi facer coroas... cunha pequena axuda da profe e despois de recortar, pintar, troquelar, .... mirade que estupendas... 


...en vista do éxito... estaba claro que xurdirían mais príncipes e princesas ;)
...o día seguinte mais artistas nos unimos a facer coroas


venres, 25 de abril de 2014

TI + EU = CONTO

Este mércores celebramos o día do libro con este lema: 


Os pequechos quixemos decorar o edificio de abaixo e fixemos un mural no que todos colaboramos:


Non perdades detalle do ben que nos quedaron as portadas dos libros:


Pasamos un día xenial no que nos xuntamos cos maiores do cole e xuntos puidemos ler contos e despois facer un debuxo. Foi moi divertido coñecer compañeiros do cole e divertirnos compartindo contos... ademais os profes van montan un libro con todos os debuxos!!
Aquí estamos algúns da clase de 4 anos con nenos de 2º
Mirade que ben o pasamos: 


Despois xuntámonos todos na biblio para escoitar a Laurent (o profe que ven a veces coa teacher e que so fala inglés) que nos contou un conto en inglés.
Se pinchades na foto iredes ao blog da biblio onde tedes algún vídeo, varias fotos e tamén poderedes escoitar o conto que nos contou en inglés. 


E para rematar o día levamos uns marcadores para casa... para non perder ningunha páxina dos nosos contos preferidos 

xoves, 24 de abril de 2014

PROTA ELENA

Antes das vacación de Semana Santa, tivemos como protagonista de semana a Elena, que nos contou un montón de cousas sobre si mesma, a súa familia, os seus gustos...e trouxo moitas cousas para ensinarnos, como un mural chulísimo con fotos das viaxes que fixo coa súa familia (xa foi a moitísimos sitios!!!), algúns dos seus xoguetes favoritos, como o que empregaba para durmir cando era pequena, que proxecta estrelas no teito, un bebé ou o seu conto favorito, sobre a granxa, que aproveitamos moito, xa que estábamos inmersos no proxecto das vacas. Moitas grazas, como sempre, pola colaboración familiar. Aquí vai un resumo en imaxes:


mércores, 23 de abril de 2014

PROXECTO "AS VACAS"

Na clase de 3 anos, acabamos de despedir o proxecto dedicado a coñecer máis en profundidade ás vacas, animal que da nome a un dos equipos da clase. Nel aprendimos moitísimo sobre como son as vacas, os compoñentes da súa familia, coñecemos diferentes razas, onde viven, como se alimentan (descubrindo o concepto de rumiante, así como outros animais que o son), os productos que se obteñen a partir delas... Ademáis aprendemos cancións e rímonos con rimas e adiviñas; Todo esto, coa axuda imprescindible das familias, gracias ás que elaboramos este rincón adicado ó proxecto, con libros de información, contos, murais, peluches... e do que os pequechos expoñeron o que aprenderon desa recopilación de información nas súas casas:



Este é un pequeno exemplo de todo o que traballaron:


Tamén, demostraron a súa gran creatividade, coa decoración libre da "Vaca Blanca", a vaca dun poema que quería pintarse de moitas cores para dar iogures de sabores. Aquí tedes unha mostra:


Este é o resultado final, que decora a nosa ventá:



Neste proxecto tamén nos convertemos en cociñeiros!!! Fixemos un batido de fresas con chocolate, empregando, por susposto, a leite da vaca que para tantos pratos e postres se emprega. Mirade todo o proceso:

Primeiro, como sempre que cociñamos, lavamos a mans ben lavadas:


Despois, con todos os ingredientes e utensilios preparados, comezamos lavando ben as fresas 


O seguinte paso, foi sacarlles as folliñas ás fresas e cortar tanto estas como o chocolate en anaquiños


Unha vez preparados todos os ingredientes os engadimos á batidora: Fresas, chocolate, leite e azúcar.


Batímolo todo a toda velocidade... 


E, por último, o mellor de todo, saborear o resultado!!! Fixádevos na cara dalgúns...chupamos os dedos!! Moitas grazas vaquiña, que coa tua leite fanse cousas riquísimas!!!



E como non podía ser doutra forma, tamén fomos grandes granxeiros!! Ordeñamos á vaca Paca, unha convidada moi especial, da que sacamos un montón de leite!!! Aquí tedes unha mostra:


Aquí tedes a estes super granxeiros en acción:



Esto foi todo por este proxecto, pero agora xa estamos embarcados noutro, dedicado ós leóns. Agradezo unha vez máis a colaboración familia. Xa estamos recopilando moitos recursos para aprender un montón de cousas destes animais!!! 

DÍA DO LIBRO

Hoxe é un día mooooi especial que celebraremos xuntos todos os nenos e nenas do cole cos profes... estade atentos para ver que ben o pasamos!!

vivan os contos!!!

luns, 14 de abril de 2014

COCIÑANDO NO COLE: PIZZA

O día antes de dar vacacións, os da clase de 4 anos rematamos o noso proxecto sobre os alimentos, no que aprendemos un montón de cousas. 

Quixemos despedir o proxecto coas mans na masa. Na clase falaramos dos produtos frescos, que se obteñen dos animais ou dos vexetais e que xa se comen directamente: leite, tomates, cenorias, ovos, etc... (despois de lavalos e a veces cociñalos); e tamén falamos dos produtos elaborados, que se obteñen mezclando diferentes produtos. 

Por iso decidimos facer pizza, un produto elaborado no que cada un usou diferentes alimentos para darlle o seu toque de pizzero. 

Na clase vimos a receta da masa (cada un escribiu a súa), porque despois a pizza leva o que cada un imaxine!



Despois de lavar as mans ben lavadas, subimos á cociña para poñernos mans a masa (literalmente jeje). 
O primeiro paso foi amasar ben amasado un pouco de masa para unha mini pizza.




Levamos estas masas para casa (xa nos diredes que tal quedaron) e montamos as pizzas cunhas que fixo e precoceu a profe na casa, porque senon non nos daba tempo.


Cada un botoulle os ingredientes que quiso e pasamolo pipa mezclando e elexindo o que mais nos gustaba a cada un.


Queredes velas? quedaron pizzas do mais variado.


Esperamos que coceran tomando un zumiño: que ben cheiraba na cociña!


Despois baixamos á clase para comelas... estaban delicioooooosas!

Encántanos cociñar!!

domingo, 13 de abril de 2014

VISITA DA MAMÁ DE LOBIÑO AGARIMOSO

No primeiro trimestre, na clase de 4 anos, aprendemos un montón de cousas sobre os lobos. 
Acompañounos Lobiño agarimoso, un precioso lobiño que agora esta viaxando cada fin de semana á casa dun dos nenos e nenas da nosa clase, e estamos montando un diario da súa viaxe polas casas.


Na visita á casa de Helena, pasou algo incrible: lobiño atopou a súa mamá! Queredes ver que guapa é a mamá de lobiño? parécense un montón!


A mamá lobiña estivo no cole visitándonos para que tamén a puidésemos coñecer, e Lobiño agarimoso ensinoulle o noso patio que cada día está mais bonito.







E tamén lle presentou a Elvis, o moucho que é a mascota da nosa clase. 



Un pracer coñecer á mama de lobiño ^_^ 

sábado, 12 de abril de 2014

XOGANDO COS SENTIDOS: 5. O GUSTO

E chegou o último dos obradoiros dos sentidos: o do gusto. 

Sentimos non ter moitas fotos para que vexades as nosas caras (do maaaaais gracioso) pero tiñamos as mans moi ocupadas :) 

Foi moi divertido, e todos fomos moi valentes probando todo o que nos daba a profe.... aquí estamos preparados por equipos antes da degustación jeje






Por equipos e cos ollos vendados, para centrarnos nas nosas papilas gustativas, probamos diferentes cousas para identificar o seu sabor (doce, amargo, ácido, salgado) e ver si eramos capaces de adiviñar de que se trataba. 

E despois abríusenos o apetito e non deixamos que sobrase nada do que trouxo a profe para probar: papámolo todo, todiño! 


Que divertido foi xogar cos sentidos 
e aprender cousas sobre eles!

xoves, 10 de abril de 2014

XOGANDO COS SENTIDOS: 4. O TACTO

O penúltimo dos sentidos co que xogamos os de 4 anos foi o tacto. 

Recordamos o importante que é o tacto, sobre todo cando esixen dificultades nalgún dos outros sentidos, como por exemplo a vista.
Fixemos memoria de como usando so o tacto podíamos recoñecer unha persoa, unha figura xeométrica, etc.

Primeiro tocamos algunhas cousas quentes e outras frías, unhas que rascaban e outras suaves, unha brandas e outras duras... para empezar a pensar que a pel pode sentir cousas moi diferentes según o que toquemos.

Pero aprendemos que o sentido do tacto non está nas mas, que está na pel... así que quixemos probar que tal o tacto nos nosos pes... e o primeiro que tocou foi descalzarse!!



Despois, descalzos e por equipos, percorremos un pequeno circuíto con diferentes texturas.... Cando rematamos comentamos o que sentíramos: duro, brando, frío, quente, suave, que picaba, que facía cóxegas, etc...



E por fin chegou a hora de ver esa caixa misteriosa que estaba hoxe na nosa clase: 

Todos tiñamos moitas ganas de meter a man e adiviñar o que se agochaba na caixa....

Así que cada un elexiu un burato para meter a man, e usando so o sentido do acto, tiñamos que averiguar o contido de cada parte da caixa. 


Durante a merenda a profe fíxonos cóxegas cunhas plumas, e démonos conta que cada un sinte dunha maneira diferente porque algúns non aguantaban a risa, outros quedaban relaxados, a outros picáballes....

Nos vos perdades maña o último dos sentidos!!

mércores, 9 de abril de 2014

unha primavera conxelada!!

Din que estamos na primavera, pero a verdade é que tivemos máis frío que calor!!! Por iso, a mestra volveuse tola coma o tempo e meteu a pintura no conxelador sen nós sabelo.

Cando o trouxo ó aula intentamos descubrilo a través do tacto sen poder miralo comprobando que aquilo estaba CONXELADO!...Que podería ser??



Ao final saímos de dúbidas  e algunhas caras foron de.... asomo e outras …. non sabían o que estaba pasando … jejejeje.

Xa nas mesas puidemos exploralo mais de cerca, tocalo directamente e comentar o que alí tiñamos diante.

A continuación puxémonos mans á obra e deixamos voar a nosa imaxinación e creatividade coa pintura a cal, pouco a pouco, íase desconxelando, polo que observamos de primeira man como o auga ía cambiando e transformándose de estado sólido a líquido.

 Tras crear as nosas propias obras de arte conxeladas, decidimos facer os nosos propios murais da primavera conxelada cunhas cores moi alegres! Mirade o resultado!
os cativos de 4 anos

os maiores de 5 anos!

os pequerrechiños do cole!