domingo, 24 de abril de 2016

DESPEDIMOS Á PROFE JENI

O pasado venres, ademáis de celebrar o Día do Libro, despedimos á súper profe Jeni. Moi ben o explicou algún pequecho dicindo que fora o DÍA DA PROFE JENI (Jajajaja). Quedamos un pouco tristes (puxémonos azuis, como o noso amiguiño o monstro de cores) porque a queremos moito, moitííííísimo, pero sabemos que vai a estudiar moito para volver o vindeiro curso.









mércores, 20 de abril de 2016

Traballando a lectoescritura a través do ordenador da aula

Na aula de 5 anos, e seguindo os obxectivos marcados no "Plan Anual das TIC" do noso centro para este curso 2015/2016, traballase a lectoescritura, entre outras formas, a través do ordenador da aula.

Seguindo o artigo de Miriam Nemirovsky "La enseñanza de la lectura y la escritura y el uso de soportes informáticos", as nenas e nenos elaboran e producen os seus propios textos. Para iso, axudámonos de programas de edición de textos, da motivación e da aprendizaxe significativa, para que todo o que fagan teña un sentido e un significado.

A continuación podedes ler algúns dos exemplos producidos polos propios nenos/as:

NORMAS DE CLASE



CORRESPONDENCIA

CUENTO INVENTADO




Competencia dixital a tope!

Na aula de 5 anos, seguimos a traballar a competencia dixital día a día.

Esta competencia vese favorecida gracias ós recursos TIC da aula (ordenador, tablet, cámara de fotos e retroproxector), e do centro (aula de informática e pizarra dixital interactiva).
A manipulación a diario destes recursos por parte dos nenos/as e o seu interese e gusto polas actividades nas que se empregan as TIC, permítenos traballar ó tempo que se divirten e aprenden.

Hoxe na aula de informática á que asistimos todos os mércores...






martes, 19 de abril de 2016

HABÍA UN SAPO, SAPO, SAPO

Hai una canción que aos Pequechos de 3 anos nos requeencanta, por iso a queremos compartir. ATENCIÓN ATENCIÓN!

UN LIBRO

 
Hoxe descubrimos un conto máxico: UN LIBRO. Tocando puntos, soplando e coas palmas fixemos aparecer e desaparecer outros puntos, os movemos hacia a esquerda e hacia a dereita, os fixemos grandes, moi grandes e pequenos. Estabamos súper atentos e atentas o que pasaba. É fantástico descubrir contos tan chulos e cargados de maxia!

 
 
 
 
 


luns, 18 de abril de 2016

PORTAS CHEAS DE EMOCIÓNS

Como sabedes os Pequechos de 3 e 4 anos estamos traballando as emocións a partir do conto EL MONSTRUO DE COLORES. A semana pasada estivemos pintando con témperas e esponxas cada monstruo segundo a súa emoción. Mirade que ben pintamos e que bonitas quedaron!




AS PORTAS DO EDIFICIO DE INFANTIL CARGADAS DE EMOCIÓNS!







mércores, 13 de abril de 2016

The Tin Soldier

O pasado xoves acudimos ó Auditorio de Cangas para ver e participar dunha obra en inglés, "The Tin Soldier", que previamente se traballou no colexio.
Pasámolo moi ben!

Se queredes saber máis, podedes visualizalo no blogue de "English and Art" que aparece á dereita dentro dos blogues do centro.

luns, 11 de abril de 2016

EL MONSTRUO DE COLORES


Este foi o libro desta semana, moitos xa o coñeciamos pero non nos importou volvelo a ler porque encántanos este conto! A través desde simpático monstruiño descubrimos as emocións e as sensacións que temos cando as experimentamos.
Aquí o tendes...

E a canción que casi casi a sabemos xa. Gústanos moitísimo!!
 
Cando rematamos de ler o conto e de falar das nosas emocións, pintamos o monstruo de cores, cada un elexiu a cor, algúns decidiron pintalo coas emocións mesturadas.
 





Seguiremos traballando con este entrañable monstruiño!
 
 

luns, 4 de abril de 2016

CANTA BICHERÍA! (Saída o salón do libro)

Xa sabedes que visitamos a exposición do Salón do Libro e desfrutamos dunha obra de teatro moi chula, pero queredes saber que ben o pasamos?

O CAZO DE LORENZO


Coñecedes a Lorenzo? É un neno moi especial. É un neno diferente, que se atopa con un montón de dificultades na súa vida diaria. Estivemos moi atentos a súa historia.
Se queredes coñecelo, aquí tendes o conto...


 
Despois de escoitar o conto decoramos o noso cazo particular.


domingo, 3 de abril de 2016

SAÍDA Ó SALÓN DO LIBRO


Como ben sabedes, este venres 1 de abril saímos novamente do centro. Esta vez, o motivo foi a visita ó "Salón do Libro Infantil e Xuvenil" en Pontevedra, e a ver unha obra de teatro (relacionada coa exposición) no auditorio do Pazo da Cultura.


A obra, titulada "As peripecias de Extravaganzza Pérez", gustounos moito. A protagonista e mais a súa nai, narraronnos unha historia chea de cancións ás que o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra puxo música.

Despois, coa axuda dos voluntarios/as do Salón, percorremos varias estancias de cada un dos viaxes que percorreu a protagonista do conto.

A lástima é que, por falta de tempo, quedaronnos moitas cousas por ver polo que, dende aquí, vos animamos a que vaiades cos vosos fillos/as a pasar unha tarde, ver a exposición e participar nunha morea de obradoiros e contacontos que están dispoñibles para os nenos/as.

Podedes visualizar a programación e todo o relacionado co "Salón do Libro" en www.salondolibro.org 

Esperamos que vos guste e que o pasedes moi ben!