xoves, 22 de decembro de 2016

O BLOGUE DE AUDICIÓN E LINGUAXE

Hoxe queremos recordar que, na columna da dereita, temos un apartado cos Blogues do noso colexio que podedes seguir a cotío.

Comentarvos tamén que, dende fai unhas semanas, temos un blogue novo, o Blogue de Audición e Linguaxe, elaborado pola nosa especialista en A.L. Andrea, e coa finalidade de ser un recurso máis para a estimulación da linguaxe dos nosos nenos/as, e de todo aquel que queira visitarlo. Todo o material exposto foi traballado previamente nas aulas por parte da especialista.

Animámosvos, dende aquí, a visitar o blogue, así como levar a cabo as actividades e ver os vídeos que nel se desenvolven. Para os nenos/as de 3 anos, visitar en concreto a etiqueta "praxias".


ANIVERSARIO DE DENÍS

Como estes días Denís estivo enfermo e non puido asistir ó último aniversario do ano (o de Leo, Enzo e mailo seu), onte aproveitamos que era o último día das clases antes do comezo do Nadal para facer unha pequena celebración e, deste xeito, que tamén él poidese disfrutar do pracer de elaborar a súa propia coroa e de compartir estes momentos co resto dos seus compañeiros/as.
MOITAS FELICIDADES!



mércores, 21 de decembro de 2016

O MALETÍN DO ESPECIALISTA EN SAÚDE: OS NOSOS DENTES

SEGUINDO CO PROXECTO QUE ESTAMOS LEVANDO A CABO EN COLABORACIÓN COAS FAMILIAS, ESTAS SEMANAS NA AULA DAS BOLBORETAS ESTIVEMOS INVESTIGANDO SOBRE OS NOSOS DENTES.

MARTIÑO FOI O ENCARGADO DE LEVAR O MALETÍN PARA CASA E BUSCAR INFORMACIÓN SOBRE ELES.



GRACIAS A EL APRENDIMOS UNHA CHEA DE COUSAS, AS CALES DECIDIMOS TRABALLAR NA AULA.

O PRIMEIRO QUE FIXEMOS FOI COÑECER QUE HAI DENTES DE LEITE (OS CALES CAEN) E DENTES PERMANENTES (QUE HAI QUE COIDAR MOITÍSIMO, POR ISO É IMPORTANTE CEPILLAR OS DENTES DESPOIS DE CADA COMIDA). TAMÉN DESCUBRIMOS QUE OS NENOS E NENAS TEÑEN 20 DENTES, E QUE OS ADULTOS TEÑEN MOITOS MÁIS.

ADEMÁIS COÑECEMOS OS DIFERENTES TIPOS DE DENTES, PARA O CAL EMPREGAMOS PLASTILINA DE TRES CORES IDENTIFICANDO CADA TIPO CUNHA COR:
-OS INCISIVOS: QUE SERVEN PARA CORTAR A COMIDA.
-OS CANINOS: OS CALES A DESGARRAN.
-E OS MOLARES: QUE SE ENCARGAN DE MACHUCAR.

TRAS IDENTIFICAR CADA TIPO CHEGOU O MOMENTO DE FACER O RECONTO PARA SABER CANTOS DE CADA TIPO TEMOS!



E ESTE FOI O RESULTADO DA NOSA ACTIVIDADE:


PERO ISO NON É TODO! PARA REMATAR FIXEMOS UNHA MANUALIDADE COA CAL CREAMOS UNHA BOCA XIGANTE!!!




ANIVERSARIO NA AULA DE 5 ANOS

Hoxe, na aula das bolboretas, celebramos o último aniversario do 2016: o do noso compañeiro Martiño, que xa cumpriu os 5 anos!




Tras cantar o "Cumpleaños feliz", soprar a vela e tomar un anaquiño de biscoito chegou o momento de bailar todos xuntos na alfombra para celebralo. Que ben o pasamos!





PARABÉNS MARTIÑO!

domingo, 18 de decembro de 2016

ANIVERSARIOS DE 3 ANOS

O pasado venres 16 de decembro celebramos os últimos aniversarios de 3 anos e deste 2016. Para o vindeiro ano, todos os aniversarios que celebremos na nosa aula xa serán porque estas nenas e nenos cumprirán 4 aniños!

Os últimos en cumprir 3 anos, e non por iso menos importantes, foron Leo, Enzo e Denís. Éste último non nos puido acompañar na celebración porque se atopaba enfermo. De todas formas, Enzo e Denís aínda cumpren uns días antes de rematar este ano 2016.

Como noutros aniversarios, pegaron as letras do seu nome na súa coroa, decoraronna co número 3 e con gomets de cores, despois todos xuntos lles cantamos o "cumpreanos feliz" e o "happy birthday", e degustamos o postre caseiro, os zumes e os gusanitos!



xoves, 15 de decembro de 2016

PROTAGONISTA VEGA

Esta semana o noso trono está ocupado por Vega, a nosa protagonista da semana. Cada día cóntanos moitas cousas. Falounos da súa familia, da súa gatiña Akira, ensinounos unha mantiña de lunares que tanto lle gustaba cando era pequena, un feixe de contos que lle encantan, os seus chupetes que usaba de bebé que nos trouxeron moi bos recordos, jiji; xogamos co seu teatriño de guiñois e coas súas marionetas... E ata nos ensinou un mini traxe de mamá Noel!

O seu papá Fer e a súa mamá María viron ó cole para facer un mural súper chulo sobre os dinosaurios e tamén fixeron "maxia" coas cores, solo trouxeron tres diferentes (as cores primaria nos explicaron) e delas crearon un montón de cores máis.

 Así de chulísimo quedou o mural! Agora decora as paredes do noso recibidor. BONITO BONITO!!!!
Moitísimas grazas papís!! O pasamos xenial pintando os dinosaurios que tanto nos gustan. Un placer a vosa visita.
Moitísimas felicidades Vega pola medalla, ben merecida a tes!

domingo, 11 de decembro de 2016

ÁRBORE DE NADAL

Na clase de 4 anos, dende fai unhas semanas, temos unha árbore de Nadal diferente as demáis, é unha árbore feita con fieltro coa que podemos xogar colocando as bolas, estrelas e agasallos donde queiramos. Aos Pequechos encántalles decorala! Alguen se anima a facer unha para disfrutar en familia?
 O primeiro día que a colocamos tivemos que facer turnos, todos e todas queríamos estreala!


mércores, 7 de decembro de 2016

Decorando a nosa aula

Esta semana de días festivos intercalados, os nenos/as de 3 anos estamos aproveitando para decorar a nosa aula! Está quedando moi bonita!
Aquí vos deixamos un adianto do que estamos a facer!












luns, 5 de decembro de 2016

PROTAGONISTA MARÍA

A semana pasada a nosa protagonista foi María. Contounos moitas cousas da súa familia, da súa viaxe a Lanzarote, falounos de Tigriño o seu peluche preferido e de Tor o seu can. Contounos tamén que lle gustaría ser médico cando sexa moi maior porque xa ten o maletín preparado para poder exercer a profesión.


 A súa mama Fani viu ó cole a facer divertidos pulpiños feitos con vasos de plástico, clics e cascabeis. Concentradísimos estivemos enganchando clics! Moitas grazas mami, disfrutamos moito coa actividade e xogando co pulpiño! Un placer a visita! 

 Noraboa campiona!!! Xa tes a túa medalla por ser unha protagonista excelente!




xoves, 1 de decembro de 2016

PROTAGONISTA HUGO

A semana pasada Hugo foi o noso protagonista. Contounos cousas sobre a súa familia, o seu amigo Adri, cales eran os seus contos favoritos, uns libros chulísimos que limos xuntos na clase; contounos tamén lle encantan os Dinotrux.
 A Hugo encantoulle debuxar e decorar a súa silueta cos seus compis.

 Xogamos cos seus Hot Wheels e cos seus animais de goma.
A súa mamá Ana viu ó cole a facer unhas preciosas cariñas de Papá Noel coas nosas mans, utilizando cartolina e fieltro. Van a quedar xenial nas árbores de Nadal. Moitas grazas Ana encantados de recibirte na nosa aula!





Moitas felicidades Hugo por esa medalla tan deseada!

luns, 28 de novembro de 2016

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

ESTA SEMANA, CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL ESTIVO A TRABALLAR O CONTO DE "ARTURO Y CLEMENTINA".

OS PEQUECHOS DE 3 ANOS PREPARARON UNHA TARTARUGA CUNHA NOZ (APROVEITÁNDO QUE ESTÁN A TRABALLAR AS FROITAS DO OUTONO), MENTRES QUE OS PEQUECHOS DE 4 E 5 ANOS DECIDIRON QUE A SÚA TARTARUGA CLEMENTINA TERÍA UNHA COIRAZA RECICLADA CUNHA BOTELLA DE PLÁSTICO DECORADA CON GOMETS.





ADEMAIS, APROVEITANDO QUE ESTE ERA UN DÍA ESPECIAL, SUMÁMONOS A FACER A MILLA SAUDABLE XUNTO CO RESTO DO ALUMNADO DE PRIMARIA, E PARA DEIXAR A NOSA PEGADA NO CAMIÑO PREPARAMOS UNHAS FERMOSAS TARTARUGAS CON MENSAXES POSITIVAS PARA A NOSA AMIGA CLEMENTINA.






VELAQUÍ VAI UN VÍDEO CO CONTO: