luns, 5 de decembro de 2016

PROTAGONISTA MARÍA

A semana pasada a nosa protagonista foi María. Contounos moitas cousas da súa familia, da súa viaxe a Lanzarote, falounos de Tigriño o seu peluche preferido e de Tor o seu can. Contounos tamén que lle gustaría ser médico cando sexa moi maior porque xa ten o maletín preparado para poder exercer a profesión.


 A súa mama Fani viu ó cole a facer divertidos pulpiños feitos con vasos de plástico, clics e cascabeis. Concentradísimos estivemos enganchando clics! Moitas grazas mami, disfrutamos moito coa actividade e xogando co pulpiño! Un placer a visita! 

 Noraboa campiona!!! Xa tes a túa medalla por ser unha protagonista excelente!




Ningún comentario:

Publicar un comentario