mércores, 31 de outubro de 2018

ANIVERSARIO DE TEO

Hoxe conmemoramos na nosa aula o aniversario de TEO que xa cumpre 5 ANOS!


Moitas felicidades TEO

xoves, 18 de outubro de 2018

Cousas do MAR

Na aula de 5 anos seguimos a coñecer un pouco do noso MAR, tanto os crustáceos coma outros animais mariños, xogando, divertíndonos e aprendendo de xeito paralelo.

Nesta liña, o recuncho da "casiña" tenderá a desaparecer para darlle máis protagonismo ao MAR, liña transversal que guiará case todo o noso aprendizaxe neste curso escolar, e os nenos/as, a través do seu xogo simbólico, recrearán vivencias, experiencias, outras as imaxinarán e farán súas,... e sentiranse mariñeiros/as, pescadores, biólogos, etc.

Comezamos un novo curso escolar a través do MAR! Navegas connosco?? :)



Varios intres nos que o alumnado está pescando



Bibliografía nova aportada polos nenos/as da aula








Coñecendo aspectos varios sobre o MAR

luns, 8 de outubro de 2018

Aniversario de CARLA

Hoxe luns celebramos o aniversario da nosa compañeira CARLA, que xa cumpre 5 ANOS.
Degustamos un rico biscoito, felicitámola e cantámoslle todos xuntos as cancións de "Cumpreanos feliz" tanto en galego coma en inglés.


FELICIDADES CARLA !


Postal de felicitacións para CARLA realizada polos nenos/as da súa aula

mércores, 3 de outubro de 2018

O CANGREXO

Despois de aprender cousas acerca dos PEIXES a semana pasada, ésta tocou descubrir cómo son os CANGREXOS, as partes do seu corpo, as semellanzas e diferenzas con outros CRUSTÁCEOS,...
O titor trouxo á aula un cangrexo seco que atopou na praia para que o noso alumnado poidera tocalo, velo e contar as súas patas. O noso compañeiro LUCAS foi máis aló expoñendo, a través do recuncho das letras, o seu sentimento de mágoa hacia dito animal.