xoves, 28 de maio de 2015

VISITA DAS AVOAS DE MARTINA (Semana dos avós)

Hoxe os pequechos de Tirán disfrutamos nunha nova visita, as avoas de Martina que viñeron ó cole a ensinarnos como se fai o pan de millo. Contáronnos que hai anos facían pan de millo tódolos días e ían ós muíños a moer os grans para conseguir a fariña. Ademáis, cando ían moer cantaban e hoxe a avoa Mila cantounos algunha desas cancións. Foi unha sorte poder escoitala! Algunhas nenas incluso se animaron a bailar mentres cantaba!








Así de ben saíunos o pan, estaba riquísimo!

Moitas grazas avoas e Mucha, sodes estupendas!!!

mércores, 27 de maio de 2015

VISITA DA AVOA DE SOFÍA (Semana dos avós)

Os pequechos de 5 anos tivemos a sorte de recibir otra visita á última hora da mañá. Esta vez foi o turno da avoa de Sofía. Contounos un conto moi especial, un conto moi divertido que ela mesma inventou para nós. 

Ademáis xogamos ó teléfono estropeado e a galiña cega; ela era a galiña e nos os pitiños que tiñamos que escapar para que non nos collera e metera na cesta.


Sofía tes unha avoa súper divertida! Que ben o pasamos con ela!!
MOITAS GRAZAS POR VIR Ó NOSO COLE!

VISITA DA AVOA DE ESTELA E SARA (Semana dos avós)

Hoxe, a primeira hora da mañá, recibimos outra entrañable visita. Esta vez os pequechos de 3 e 5 anos compartimos á avoa de Sara e Estela. Cantounos dúas cancións moi bonitas que ela cantaba cando xogaba no recreo coas súas compañeiras (Ambo Ato e A la una monta la luna).
Tróunoxos uns teléfonos que usaba para xogar cando pequena feitos de latas. Sorprendímonos moitísimo o comprobar que podiamos falar e escoitar por eles! Tamén nos contou o conto de Pulgarcito.






O pasamos xenial!!!!!
Moitas grazas por contarnos tantas cousas e xogar connosco, ben merecido tes o diploma de avoa valente!!



martes, 26 de maio de 2015

VISITA DOS AVÓS DE UNAI, AMAIA E ZOE e MARA (Semana dos avós)

Hoxe os pequechos de 5 anos tivemos triple visita! Recibimos con moito entusiasmo as avoa de Amaia e Zoe, a de Mara e o avó de Unai. Viñeron a contarnos como xogaban cando eran pequenas. Sabedes o que máis nos chamou a atención? Que elas mesmas construían  as súas propias bonecas e explicáronnos como o facían. Ademáis ensináronnos un montón de xogos (xogos de máns, de corro...). Tamén xogamos á roda e cun triciclo feito de madeira.





E trouxéronnos uns postres riquísimos (empanada de mazá, pastel de chocolate e de mazá) que merendamos o rematar de xogar.

Moitísimas grazas avoas e avó, sodes xeniais!!! Ben merecido tendes o voso diploma!

AVOA DE MAURO (SEMANA DOS AVÓS)

Hoxe os pequechos de tres estivemos coiñando coa avoa de Mauro.
Trouxo ovos, fariña, azucre, aceite, levadura e iogur de chocolate!  Logo precisamos da axuda de todos para bater, remexer e misturar e por fin..... TACHÁAAAN!








Moitas gracias Avoa! Estaba boísimo.


luns, 25 de maio de 2015

VISITA DOS AVOS DE CLAUDIA (Semana dos avós)

Hoxe, despois do recreo, recibimos a segunda visita. Esta vez foron os avós de Claudia os que viñeron ó cole a sorprendernos facendo pompas xigantes de xabón. O pasamos xenial facendo pompas e intentando explotalas!!




 

Moitas grazas avós de Claudia pola visita e por desvelar a fórmula máxica do xabón! Este diploma é para vós...






VISÍTANOS A AVOA DE INÉS (Semana dos avós)

Hoxe á clase de 5 anos viñeron os primeiros avós. A primeira hora da mañá chegou a avoa de Inés. A recibimos con moita ilusión. Viu a cantarnos unhas cancións e unhas nanas moi bonitas. 


Moitas grazas por visitarnos, este diploma é para ti!


sábado, 23 de maio de 2015

CANTO PESAMOS?

Os Pequechos de 5 anos estamos traballando as magnitudes. Comezamos co peso. O primeiro que fixemos foi pesarnos e anotar o noso peso. Despois, por equipos, os ordenamos de maior a menor. 




Despois ordenamos os pesos de todos os nenos e nenas da clase. Seguidamente fixemos as gráficas.

Gústanos moito observar a gráfica, buscarnos e comparar a altura da nosa barra coa dos compañeiros e compañeiras, saber quen pesa máis e quen pesa menos...

E para rematar fixemos uns imán co noso peso. Así de chulos quedaron...