martes, 26 de maio de 2015

VISITA DOS AVÓS DE UNAI, AMAIA E ZOE e MARA (Semana dos avós)

Hoxe os pequechos de 5 anos tivemos triple visita! Recibimos con moito entusiasmo as avoa de Amaia e Zoe, a de Mara e o avó de Unai. Viñeron a contarnos como xogaban cando eran pequenas. Sabedes o que máis nos chamou a atención? Que elas mesmas construían  as súas propias bonecas e explicáronnos como o facían. Ademáis ensináronnos un montón de xogos (xogos de máns, de corro...). Tamén xogamos á roda e cun triciclo feito de madeira.





E trouxéronnos uns postres riquísimos (empanada de mazá, pastel de chocolate e de mazá) que merendamos o rematar de xogar.

Moitísimas grazas avoas e avó, sodes xeniais!!! Ben merecido tendes o voso diploma!

Ningún comentario:

Publicar un comentario