mércores, 27 de maio de 2015

VISITA DA AVOA DE SOFÍA (Semana dos avós)

Os pequechos de 5 anos tivemos a sorte de recibir otra visita á última hora da mañá. Esta vez foi o turno da avoa de Sofía. Contounos un conto moi especial, un conto moi divertido que ela mesma inventou para nós. 

Ademáis xogamos ó teléfono estropeado e a galiña cega; ela era a galiña e nos os pitiños que tiñamos que escapar para que non nos collera e metera na cesta.


Sofía tes unha avoa súper divertida! Que ben o pasamos con ela!!
MOITAS GRAZAS POR VIR Ó NOSO COLE!

Ningún comentario:

Publicar un comentario