xoves, 21 de maio de 2015

Visita ó centro dos primeiros avós!

Con motivo da celebración no cole da nosa "Semana da familia" onde este curso decidimos darlle máis peso ós nosos avós e avoas, hoxe tivemos a primeira visita. Viñeron vernos á aula de 3 e 4 anos os avós de Sabela e Antía Carro.

Como veredes nas imaxes, éstes deleitáronnos con xogos tradicionais populares que, primeiramente nos explicaron, e de seguido compartiron connosco. Así, fixemos carreiras de sacos, xogamos con chapas, canicas, intentamos facer rodar o aro, saltamos na Mariola, fixemos xirar os diábolos, escondímonos tras darlle unha patada a unha lata (nun particular e curioso escondite), e intentamos coller coas nosas mans a buxaina!






Ningún comentario:

Publicar un comentario