sábado, 31 de outubro de 2015

CANTAMOS OS BOS DÍAS E OS DÍAS DA SEMANA

Tódolos días os pequechos de 3 anos dámoslle a benvida o novo día cantando unha canción que nos encanta, por iso, queremos compartila con todos vós.
 
 
Tamén cantamos a canción dos días da semana que nos gusta un montón!!!
 
 
QUEREDES APRENDELA CON NÓS?

mércores, 14 de outubro de 2015

A primeira viaxe do home á LÚA

Hoxe de novo, SOFÍA e CARLA sorprendéronnos, traendo á aula un novo traballo, esta vez era sobre a primeira viaxe do home á LÚA.
A partires desta explicación, surxiron preguntas e demos resposta a aspectos como: que é a LÚA, como é, hai aire alí, quen foron os primeiros en viaxar a este SATÉLITE, quen foi o primeiro en pisala, como era o seu traxe e a súa nave, como volveron á TERRA, como son os COHETES que viaxan ó sistema solar, etc.

CARLA e SOFÍA mostrando a súa maqueta que incluía un COHETE, un ASTRONAUTA, fotos dos astronautas, do módulo lunar no que viaxaron, e de como chegaron á nosa TERRA.

Grazas unha vez máis pola vosa aportación! :)

martes, 13 de outubro de 2015

NOVA ENTREGA DO UNIVERSO

Durante esta ponte, algúns nenos e nenas da aula de 5 ANOS traballaron na casa coa súa familia o UNIVERSO e o noso sistema solar. Hoxe na aula expuxéronnos os seus traballos CARMEN, HUGO, CARLA E SOFÍA, explicándonos todo o que elaboraron, e aprendendo un pouco máis deles! :)
Grazas a todos/as pola vosa aportación.



CARMEN mostrándonos o seu traballo


HUGO explicando o nome dos planetas e outros "seres" que debuxou


SOFÍA e CARLA elaboraron o seu sistema solar xuntas

xoves, 8 de outubro de 2015

ANIVERSARIO DE RUBÉN ALONSO

Hoxe xoves tamén celebramos o aniversario de RUBÉN ALONSO!

Estes días RUBÉN elaborou a súa coroa na aula e hoxe levouna posta todo o día para conmemorar o seu cumpleanos! 


Gustounos moito a tarta que trouxo co debuxo dun superheroe!

FELICIDADES RUBÉN!

O SISTEMA SOLAR

Hoxe JAIME trouxo á aula unha morea de cousas que mostrarnos e que ensinarnos!

Explicounos cómo fixo o noso SISTEMA SOLAR, xunto coa súa nai, de qué planetas está composto, e resolveunos dúbidas acerca de por qué uns están máis lonxe que outros, etc.
Grazas pola vosa colaboración!

JAIME dándolle voltas ó SOL e vendo como todos os planetas xiran ó seu redor

Material que JAIME trouxo á aula


mércores, 7 de outubro de 2015

A TERRA

E hoxe mércores, foi o turno de CARLA.
Mostrounos un libro sobre a terra, cómo é por dentro e cál é a súa situación respecto do resto do universo, quedando exposto no noso recuncho do UNIVERSO.
Trouxonos tamén dúas esferas recreando a terra, unha delas cun corte onde CARLA nos explicou cómo é o mundo por dentro e qué é o que se move para que se produzan os movementos sísmicos.
GRAZAS pola aportación ó grupo!

CARLA mostrando unha páxina do libro


luns, 5 de outubro de 2015

MERENDAS



Recordamos ás familias que este ano houbo cambios no calendario de merendas .
Deixamos aquí o novo calendario.

O UNIVERSO

Hoxe comezamos un novo proxecto que nos acompañará boa parte do noso curso escolar e que leva por título O UNIVERSO!

Asi que os nenos/as da aula de 5 anos, en colaboración coas súas familias, aportaron (e aportarán) todo tipo de materiais relacionados co noso proxecto, algúns elaborados na súa casa. Despois explicarannos na aula dito material, enchendo o noso recuncho do Universo!

E hoxe luns foi o turno de NOÉ e de MIKEL! Grazas polas vosas aportacións e por toda a información que aportástedes ó grupo!

NOÉ falándonos dos planetas


MIKEL mostrándonos un meteorito e un cohete


xoves, 1 de outubro de 2015

ANIVERSARIO DE PAULA

ONTE, PAULA ELABOROU NA AULA A SÚA PROPIA COROA DE CUMPREANOS, RECORTÁNDOA, PINTANDO AS LETRAS QUE COMPOÑEN O SEU NOME, RECORTÁNDOAS E PEGÁNDOAS NA ORDE CORRECTA, E O NÚMERO DE ANOS QUE CUMPRÍU. A VER SE ADIVIÑADES CANTOS CUMPRIU!


E HOXE, CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE PAULA NA NOSA AULA!

PARA ISO, PAULA TROUXONOS, ADEMAIS DE FROITOS SECOS, GUSANITOS E ZUME DE MELOCOTÓN E UVA, UN BISCOITO CASEIRO MOI RICO ELABORADO CON FARIÑAS SEN GLUTEN PORQUE, COMO BEN LLE EXPLICOU PAULA Á SÚA NAI, NA NOSA AULA TEMOS UNHA NENA CELÍACA E PAULA QUERÍA QUE ELA POIDESE DISFRUTAR TAMÉN DESTE BISCOITO TAN RICO!



GRACIAS PAULA E FAMILIA :)