luns, 5 de outubro de 2015

O UNIVERSO

Hoxe comezamos un novo proxecto que nos acompañará boa parte do noso curso escolar e que leva por título O UNIVERSO!

Asi que os nenos/as da aula de 5 anos, en colaboración coas súas familias, aportaron (e aportarán) todo tipo de materiais relacionados co noso proxecto, algúns elaborados na súa casa. Despois explicarannos na aula dito material, enchendo o noso recuncho do Universo!

E hoxe luns foi o turno de NOÉ e de MIKEL! Grazas polas vosas aportacións e por toda a información que aportástedes ó grupo!

NOÉ falándonos dos planetas


MIKEL mostrándonos un meteorito e un cohete


Ningún comentario:

Publicar un comentario