sábado, 10 de setembro de 2016

Aula 3 anos

En vísperas dun novo curso escolar, 2016/2017, e tras uns cambios dentro da que será a próxima aula de 3 anos, aquí vos deixamos un adianto de cómo recibirá este vindeiro luns 12 de setembro ós nenos/as que acuden por primeira vez ó CEIP Plurilíngüe de Tirán.

Aclarar tamén que, aínda que a aula se atopa "un pouco espida", ten todo o básico e todo o necesario para comezar as clases; e entre todo o alumnado de 3 anos iremos construindo, elaborando e facendo, deste novo espazo, un lugar cálido e acolledor onde aprender moitas cousas!

Feliz inicio de curso!






luns, 5 de setembro de 2016

COMEZO DO CURSO ESCOLAR 2016/2017

O vindeiro luns 12 de setembro do 2016, dará comezo o novo curso escolar 2016/2017 no CEIP Plurilíngüe TiránAs clases comezarán no seu horario habitual, de 9:30 a 14:30 horas.

Recordarvos que, no caso do alumnado de 3 anos, teñen un horario diferenciado durante o período de adaptación (véxase aquí).