luns, 31 de marzo de 2014

RUBÉN MIRANDA, O NOSO PROTA DA SEMANA PASADA

Na aula de 3 anos, a semana pasada, tivemos como protagonista a Rubén Miranda, que nos contou moitas cousas de si mesmo; Falounos da súa familia, ensinounos fotos deles e ata tivemos un membro dela, a súa prima Noa da clase de 4!!! que nos falou do ben que o pasaba con Rubén. Ademais, coñecimos algúns dos seus xoguetes favoritos (coches, dinosaurios, camións...), o que quere ser de maior (un XIGANTE!!! eso sí, bo) e o seu conto favorito, "O tigre" que sabe de memoria dende a primeira á última palabra!!! Moitas grazas a Rubén e, como non, á súa familia!! Pasámolo en grande!!! Aquí tedes unha mostra:



martes, 25 de marzo de 2014

BROCHETAS CHEAS DE VITAMINAS

Menuda súper merenda fixemos o venres na clase de 4 anos! Montamos unhas deliciosas brochetas de froita e desfrutamos dunha merenda vitamínica!

Si queredes facer unhas brochetas así de ricas, estade atentos a todos os pasos que debedes seguir:

1. Preparar o sitio onde vas facer as brochetas. Na nosa clase movimos as mesas para traballar mais cómodos, e de paso, entre todos, decoramos o encerado con moitas cores para recordar que a froita ten moitas vitaminas.


2. Lavar as mans: é moooooi importante antes de cociñar, para poder tocar a froita sen problema... e que non se vos olvide pechar o grifo cando rematedes de lavalas! ;)

3. Despois hai que abrir as bolsas, os botes, etc... e lavar moi ben a foita antes de comela.


4. Entre todos preparamos a froita. Tivemos que cortar mazás, melocotóns, piña..., pelar as mandarinas, separar as uvas, etc.


Para facer a limonada tivemos que sacar musculitos exprimindo os limóns jeje... bueno, un dos exprimidores era eléctrico... todos queríamos probalo!!


5. Con toda a froita repartida en pratos chegou o momento de montar as brochetas. Cada un colleu un pincho e elexiu a froita que lle apetecía.


6. O paso final era o mais esperado: a comeeeeeer! 
Primeiro probamos a limonada... e as profes fixeron un pequeno experimento con nos... mellor é que o miredes vos mesmos... resumimos dicindo que nunca olvidaremos que a limonada está mais rica con azucre ;)


Foi unha merenda rica, rica, rica!! Queredes ver que brochetas tan deliciosas e coloridas fixemos? 

 Repetimos as veces que quixemos e comimos moitiiiiiisima froita... dandolle un toque dulce con xarope de chocolate e de fresa... so podemos dicir: ñam, ñam, ñam!



luns, 24 de marzo de 2014

PROTA MATEO!!!

A semana pasada, os pequechos de 3 anos, tivemos como protagonista a Mateo. Contounos moitas cousas; falounos da súa familia, dos seus gustos, trouxo dous murais chulísimos cheos de fotos de momentos especiais da súa vida, ademais do seu conto favorito, "Cinco patitos", que contamos na clase, e dun xogo que lle encanta, co que fixemos personaxes con pezas de diferentes formas. Pasámolo xenial!!! Aquí unha mostra da semana do prota Mateo:




O entroido con Miró

Coma sóese dicir...mellor tarde ca nunca!! Así que aquí tendes unha pequena mostra de coma os cativos e cativos demostran o pequenos grandes artistas que son!

Por iso, nas datas do Entroido coñecemos un pouquiño a Miró e o seu cadro “El carnaval del Arlequín”, co cal, poñendo a nosa atención a traballar, buscamos, atopamos e recoñecemos formas, cores, animais... e o ARLEQUÍN, o cal fíxonos moita graza.

Aquí vos deixamos o cadro para que xoguedes tamén a atopalo!
Unha vez que o atopamos puxémonos mans a obra e decoramos o noso propio arlequín así coma tamén tivemos tempo para poder crear as nosas propias obras ou incluso imitar as do propio Miró cos bloques lóxicos xogando así coas formas e as cores.
E aquí a mostra:


martes, 18 de marzo de 2014

MERENDA CON VITAMINAS

Os nenos e nenas de 4 anos, este venres temos unha merenda moi especial. 
Os pequechos foron os encargados de facer a nota para anunciar esta súper merenda. 


Estamos desexando que chegue o día e preparar entre todos esta merenda. Xa vos contaremos como foi!

XOGAMOS COS 5 SENTIDOS

Estamos aprendendo que os 5 sentidos nos axudan a coñecer e a disfrutar os alimentos. Ademais de investigar e xogar na clase, estivemos na pizarra máxica e nos ordenadores facendo algúns xogos.
Aqui vos deixamos un de Pelayo e a súa pandilla que nos gustou un montón. Pinchade sobre a imaxé e pasade un bo rato aprendendo cousas dos sentidos.

http://nea.educastur.princast.es/repositorio/RECURSO_ZIP/1_ibcmass_u04_indentidad/u04/

luns, 17 de marzo de 2014

FELICIDADES NOÉ!!

Hoxe os nenos e nenas da clase de 3 anos estivemos de festa!! Foi o cumpreanos de Noé e celebrámolo como se merece! Cantámoslle, soplou a súa vela de 4 (todo un chico xa!), comemos tarta e gusanitos riquísimos!! Aquí tedes a mostra:






A PROTAGONISTA DANIELA!!

Dende o mes de Novembro, na clase de 3 anos, estamos levando a cabo a actividade do protagonista da semana, a cal nos permite coñecer mellor ós nosos compañeiros e compañeiras, o que máis lles gusta, os membros da súa familia, o que queren ser de maiores, como eran de pequenos, así como comparten con nós libros que nos encantan!! Isto non sería posible sen a colaboración permanente da familias, que nos facilitan fotos, xoguetes, contos e información sobre os nosos pequechos. Moitas grazas!!

A semana pasada, a nosa protagonista foi Daniela, que nos contou moitas cousas como que lle encantan as princesas e ensinounos fotos de toda a súa familia, de cando era pequena...Encantounos! Mirade que contenta estivo contándonos moitas cousas sobre ela mesma:





OS PEQUECHOS DE 3 ANOS ESTREAN DECORACIÓN DA PORTA!!

Dende a semana pasada, a porta da aula dos nenos e nenas de 3 anos ten nova imaxe, composta por estrelas feitas con pintura, os dediños e a creatividade dos máis pequenos, sobre un fondo rosa e acompañados da palabra "WELCOME", para darlles cada día a benvida a un mundo cheo de aprendizaxe e diversión, demostrando, por suposto, que somos plurilingües!!! Mirade o resultado:

domingo, 16 de marzo de 2014

A PRIMAVERA ESTÁ A PIQUES DE CHEGAR. E CON ELA 
O DÍA DA ÁRBORE


PARA CELEBRALO PEDIMOS A VOSA COLABORACIÓN. NECESITAMOS QUE OS NENOS E NENAS TRAIAN AO COLE UNHA BOTELLA DE PLÁSTICO GRANDE E VACÍA. VALE UNHA BOTELLA DE AUGA, DE REFRESCO... 
TAMÉN E DE XEITO VOLUNTARIO PODEDES TRAER SEMENTES DE FLORES QUE XERMINEN PRONTO PARA PLANTAR. 
UNHA VEZ MÁIS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN. BICOS.

xoves, 13 de marzo de 2014

A CASA DA MOSCA CHOSCA

Os nenos e nenas da clase de 4 anos limos un conto delicioso: "A casa da mosca chosca" onde a protagonista fai un delicioso pastel de amoras. 

A mosca Chosca está xa cansa de dar voltas polo mundo así que decide construír a súa propia casa... e quédalle tan bonita que decide facer unha festa de inauguración. Prepara un delicioso pastel de amoras e o olor vai chegando a todos os animais que pasan preto da súa casa, que non poden resistirse a entrar. Ela invita a todos a sentarse pero non conseguen comer o pastel porque sempre chega alguén máis, ata que non queda sitio na mesa pero entón... bueno mellor non vos conto o final que para os nenos é inesperado e divertido.

Ademais de contar o conto, que nos encantou, todos fixemos un debuxo da mosca chosca, e escribimos o seu nome despois de practicar no encerado para escribilo moi ben, e de paso repasamos os nomes dos compis que comezan por M e fixemos unha lista de cousas que comezan por esa letra. 

Mirade as nosas obras de arte



O conto tamén nos serviu para xogar cos números, é xenial para traballar os ordinais, porque vai ordenando os animais segundo van chegando, tamén para traballar operacións matemáticas e facer xogos de cálculo mental (cantas cadeiras quedarán libres? cantos animais máis poderán sentarse?) e os cardinais, porque cada vez que chega un animal, se recontan os que chegaron máis a anfitriona.

Dende un cole de Aguiño a profe Tere comparte este lim do conto A Casa da Mosca Chosca que vos enlazamos aquí por si queredes xogar co conto. 

Aqui tedes un adianto do conto para que se vos faga a boca auga como aos personaxes do conto co pastel de amoras ;)

mércores, 12 de marzo de 2014

CONTOS MOI SABROSOS

Na clase de 4 anos, aproveitando que estamos aprendendo moitas cousas sobre os alimentos, a partir de hoxe, durante uns días, dedicaremos o noso tempo de lectura a ler uns contos moi sabrosos dun libro que se titula: "10 cuentos para abrir el apetito: comecuentos"

Ademais este conto ten na portada algo que nos encanta, unha ruleta que cada día xira o encargado para ver que conto nos toca! Hoxe limos o conto número 9 que se titula: La vaca mágica.

Tamén o queredes ler na casa? Aqui o tedes....



Que conto nos tocará maña?

luns, 10 de marzo de 2014

XOGA E APRENDE MOITO SOBRE OS HÁBITOS ALIMENTICIOS

Aquí deixamos outro xogo para que pasedes un bo rato ao mesmo tempo que aprendedes cousas sobre os alimentos. 

Preparádevos porque neste xogo hai que facer un montón de cousas diferentes: ir de compras, preparar menús,.... e moitas cousas mais.

Xa sabedes, pinchade na imaxe e a pasalo ben!


A PIRÁMIDE ALIMENTICIA

Os nenos e nenas de infantil estamos aprendendo moitas cousas sobre os alimentos, e queremos compartir aquí un xogo para que sigades practicando na casa e non olvidedes o que falamos na clase sobre a píramide alimenticia, que nos ensina cales son os alimentos mais importantes.

Pincha sobre a imaxe para acceder ao xogo. 



Esperamos que o pasedes fenomenal xogando coa pirámide!!

domingo, 9 de marzo de 2014

OS PIRATAS DE TIRÁN

Esta semana foi moi cortiña, só dous días! E como aínda estábamos en medio do entroido, quixemos despedir a semana por todo o alto... así que os pequechos de Tirán pasamos a ser os Piratas de Tirán!

O xoves e o venres traballamos coas profes preparando os sombreiros e os papagaios que todo bo pirata debe lucir 



Pola mañá coñecimos un cangrexo moi divertido, que estaba durmido e tivemos que espertalo!!


Este cangrexo tiña dous contos de piratas para nós, e queremos recomendarvos estes contos tan xeniais que nos encantaron: O pirata pata de lata e O capitán calabrote. Os dous son de Kalandraka


Aquí vos deixamos un pequeno adianto do conto do Pirata pata de Lata.


 

Cando todos tivemos o gorro listo, o papagaio no ombro, o parche no ollo, e as cicatrices (porque os piratas son moi peleones e as veces levan mordiscos dalgún tiburón)... dispuxémonos a conquistar os mares de Tirán!!




E mentres estábamos xogando polos mares de Tirán, recibimos a noticia de que un tesouro se agochaba no noso patio, así que todos nos unimos para buscalo, e por suposto, para repartir o botín.
Ademais as profes tiñan outra sorpresa, unhas súper espadas piratas que todos levamos para casa.


Despedimos o ENTROIDO 2014... o ano que ven: mais e mellor!

mércores, 5 de marzo de 2014

AS SÚPER FRESAS CONQUISTAN TIRÁN

O venres foi un día moi especial no cole, un día de festa rachada!!

Pasámolo en grande e estamos moi contentos porque a chuvia nos deixou saír a lucir os nosos fabulosos disfraces.

Antes de saír a desfilar por Tirán, tivemos unha merenda moi especial na que degustamos delicias de entroido feitas polas familias....só podemos dicir: ñam, ñam, ñam... mirade as nosas caras que o din todo!
Os superheroes precisan moita enerxía para voar moooooi alto, e as orellas, filloas... son un combustible fantástico :)



Despois de coller enerxías as súper froiteiras axudáronnos a vestir os traxes de súper fresas... as súper capas e os súper antifaces... listos para saír a vivir mil aventuras... verdade que estabamos requeteguapos?

3 anos

4 anos

5 anos


Estábamos desexando saír a pasear aproveitando que a chuvia marchara a descansar un pouquiño.... que emociooooon!




Aquí vos deixamos algunhas fotos para os que non tivestes a sorte de vernos en directo... si queredes pasar pola galeria de fotos da web do cole... alí hai moitas mais fotos e poderedes ver a todas as súper froitas!! GALERIA FOTOS DO COLE