xoves, 13 de marzo de 2014

A CASA DA MOSCA CHOSCA

Os nenos e nenas da clase de 4 anos limos un conto delicioso: "A casa da mosca chosca" onde a protagonista fai un delicioso pastel de amoras. 

A mosca Chosca está xa cansa de dar voltas polo mundo así que decide construír a súa propia casa... e quédalle tan bonita que decide facer unha festa de inauguración. Prepara un delicioso pastel de amoras e o olor vai chegando a todos os animais que pasan preto da súa casa, que non poden resistirse a entrar. Ela invita a todos a sentarse pero non conseguen comer o pastel porque sempre chega alguén máis, ata que non queda sitio na mesa pero entón... bueno mellor non vos conto o final que para os nenos é inesperado e divertido.

Ademais de contar o conto, que nos encantou, todos fixemos un debuxo da mosca chosca, e escribimos o seu nome despois de practicar no encerado para escribilo moi ben, e de paso repasamos os nomes dos compis que comezan por M e fixemos unha lista de cousas que comezan por esa letra. 

Mirade as nosas obras de arte



O conto tamén nos serviu para xogar cos números, é xenial para traballar os ordinais, porque vai ordenando os animais segundo van chegando, tamén para traballar operacións matemáticas e facer xogos de cálculo mental (cantas cadeiras quedarán libres? cantos animais máis poderán sentarse?) e os cardinais, porque cada vez que chega un animal, se recontan os que chegaron máis a anfitriona.

Dende un cole de Aguiño a profe Tere comparte este lim do conto A Casa da Mosca Chosca que vos enlazamos aquí por si queredes xogar co conto. 

Aqui tedes un adianto do conto para que se vos faga a boca auga como aos personaxes do conto co pastel de amoras ;)

Ningún comentario:

Publicar un comentario