mércores, 29 de abril de 2015

XOGAMOS COA CIENCIA: ovo saltarín

Os Pequechos de 5 anos seguimos experimentando, esta vez observamos que lle pasa a un ovo cando o introducimos nun bote con vinagre durante varios días...
Para facer o experimento necesitamos: ovo, bote de cristal e vinagre. 
Metemos o ovo dentro do bote e engadimos o vinagre.




Tapamos o bote e esperamos a que pasen varios días...
Pasados tres ou catro días abrimos o bote... Que pasou? O ovo convertiuse nunha saltarina!!!


FICHA DO EXPERIMENTO

QUE DIVERTIDO É XOGAR A SER CIENTÍFIC@S!





xoves, 23 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO

HOXE CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO NO COLE.
A primeira hora da mañá preparamos un mercadillo de libros usados, onde intercambiamos libros que trouxemos das nosas casas cos nosos compañeiros e compañeiras. 
Despois do recreo os maiores do cole léronnos contos en galego, castelán e en inglés. Que ben estabamos no patio do cole, na herba... o sol tamén quiso festexar connosco o día do libro!

Así o celebramos, así de ben o pasamos...


martes, 21 de abril de 2015

ANTIGO EXIPTO

Seguindo os pasos do noso amigo Elvis, os Pequechos de 5 anos temos novo destino... EXIPTO (Antigo Exipto).



CABINA TELEFÓNICA

Os Pequechos de 5 anos deixamos atrás Londres pero conservamos un gran recordo da viaxe...

 Encántanos xogar na cabina!

INVERNADOIRO

NO NOSO COLE XA TEMOS INVERNADOIRO! 
Os pequechos de Tirán tamén colaboramos a súa creación plantando: leitugas, porros, menta, lavanda, romeiro, perexil, salvia e alfábega. 
O pasamos xenial e puxémonos ata as orellas de terra!!!

XOGAMOS COA CIENCIA: Peixe viviente

Os pequechos de 5 anos seguimos xogando coa ciencia. Esta vez puidemos comprobar como un peixe cobraba vida. Para o experimento só precisamos dun azulexo, un rotulador tipo velleda e un pouco de auga.
Para levar a cabo o experimento debuxamos un peixe no azulexo, engadimos un pouquiño de auga e...

  O PEIXE COBROU VIDA!!!



SEGUIREMOS EXPERIMENTANDO...

xoves, 16 de abril de 2015

CORRESPONDENCIA en 4 ANOS

Durante este último trimestre do curso escolar, as nenas e nenos de 4 anos levaremos a cabo outra actividade máis.

Trátase dunha correspondencia cos nenos e nenas da aula "A Pementeira", aula tamén de 4 anos, do C.E.I.P. Rosalía de Castro en Padrón, en colaboración coa súa titora Teté.

Fai unhas semanas escribíronnos, ante a nosa sorpresa. Na súa carta, presentáronse, enviáronnos unha foto de todos xuntos, e contáronnos todo o que estaban a aprender durante este ano.

 E nós, durante esta semana, decidimos que contarlles, coa súa posterior escritura por parte de cada un dos nenos/as da nosa aula.

Deste xeito, seguimos a motivar ós nenos/as na lectoescritura e fomentar o gusto pola lectura, pola comunicación escrita, por coñecer máis cousas doutros nenos e nenas, etc.




luns, 13 de abril de 2015

XOGAMOS COA CIENCIA: mestura de cores por capilaridade

Os pequechos de 5 anos comezamos a xogar coa ciencia. O pasado venres fixemos un experimento. Collemos tres vasos con auga e os colocamos en fila. Engadimos colorante alimenticio de duas cores e conectamos os vasos con papel de cociña retorcido, así...



O luns cando chegamos ó cole... SORPRESA!!! Isto foi o que pasou...

E completamos a nosa ficha do experimento...
  
 
SEGUIREMOS XOGANDO A SER CIENTÍFICOS...

sábado, 11 de abril de 2015

Experimentando coa Prehistoria

Na aula de 4 anos, fai uns días, xuntamos o tema do noso proxecto "A PREHISTORIA" co tema central do noso colexio ó longo deste curso sobre a Ciencia e a ficción.
Tras falar e aprender cousas sobre os volcáns, tamén presentes na época prehistórica, levamos a cabo na aula un pequeno experimento no que os nenos/as, tras elaborar un pequeno volcán cun bote de plástico e plastilina para darlle forma, fixémolo erupcionar ante a sorpresa dos cativos/as.
Aquí vos deixamos uns pequenos vídeos onde se ve cómo ditos volcáns erupcionaban e a sorpresa que isto provocou nos nenos/as: