xoves, 30 de xuño de 2016

Periodo de adaptación Curso 2016/2017

A continuación vos deixamos o enlace á páxina web do noso cole (CEIP Plurilíngüe de Tirán) onde se indica a planificación e a organización do período de adaptación para o vindeiro curso 2016/2017, fundamentado na lexislación vixente, e coa finalidade de que, con antelación, saibades os turnos e horarios nos que ten que acudir o voso fillo/a, como xa se explicou na reunión do pasado luns 27 de xuño!

martes, 14 de xuño de 2016

APIPOLIS

Aquí poderedes atopar toda a información sobre a granxa de abellas á queímos ir de excursión todos os pequechos o vindeiro martes.

MÁIS OBRADOIROS: novo postre,obra de arte e aparello.

Os Pequechos de 3 e 4 anos seguimos cocinando, reciclando e artistenado cada luns.


No obradoiro de arte seguimos coñecendo a PAUL KLEE. Esta vez imitamos unha das súas técnicas: Sacar a pasear unha liña. Tamén observamos a súa obra de arte :Bailando por miedo e fixemos unha adaptación da mesma.







E no obradoiro de reciclaxe fixemos uns paus de chuvia chulísmos con tubos de cartón, palillos e arroz.




E no obradoiro de cociña fixemos unhas palmeiras de chocolate que estaban boísimas! E non tiramos nada, que o aproveitamos todo todiño.














domingo, 12 de xuño de 2016

OBRADOIRO DE FROITAS TROPICAIS

Esta semana os Pequechos de 3 e 4 anos fixemos un obroiro de froitas tropicais. Algunhas delas xa as coñeciamos, o plátano ou banana, pero outras foron todo un descubrimento para nós: a papaia, o coco e o mango. Experimentamos as súas texturas, observamos como eran tanto por dentro como por fora, e quen se atreveu as probou todas. Sorprendeunos moitísimo a dureza do coco (precisamos un martelo e facer moita forza para poder abrilo) e o seu líquido (algún dixo que sabía a leite aínda que era transparente coma a auga), o doce que estaba o mango e a súa gran pepita, o grande que era a papaia e a súa cor alaranxada e a gran cantidade de pepitas negras que tiña. A froita que máis nos gustou, foi, sen dúbida, a piña. Estaba boísima! Tiña un moitísimo zume e estaba súper doce!









Aquí están algunas das foitas, teñen diferente cor por dentro que por fora! Iso tamén o aprendimos no obradoiro!





sábado, 11 de xuño de 2016

CHOCOLATA

Fai unhas semanas recibimos a visita de Iria, unha profe do cole dos nenos e nenas moi moi moi maiores (do instituto de Moaña). Viu a contarnos o conto de CHOCOLATA, unha hipopótamo moi simpática que foi a cidade a vivir grandes aventuras, sen esquecerse do seu amigo Teófico, un moniño encantador que agardou a Chocolata, na selva, impaciente polo seu regreso.



E aquí tendes a canción!!



xoves, 2 de xuño de 2016

ANIVERSARIO DE CARLA

AINDA QUE O ANIVERSARIO DE CARLA FOI O PASADO MARTES, NÓS CELEBRÁMOLO NA AULA HOXE XOVES XUNTO CO RESTO DOS SEUS COMPAÑEIROS/AS.

NESTA OCASIÓN, OS NENOS/AS QUIXERON FELICITALA ESCRIBÍNDOLLE NO ORDENADOR DA AULA OS SEUS MELLORES DESEXOS (E DE PASO SEGUIMOS A TRABALLAR A LECTOESCRITURA APOIÁNDONOS NAS TIC).

FELICIDADES POLOS TEUS 6 ANIÑOS!