mércores, 28 de febreiro de 2018

Rosalía de Castro

A semana pasada para conmemorar o día de Rosalía de Castro (24 de febreiro) o alumnado do centro estivo a traballar a figura desta ilustre autora galega.

Na aula de 3 anos comezamos por coñecer quen era e a qué se dedicaba, tras o cal decidimos decorar un pouco a súa imaxe seguindo o estilo Andy Warhol.


Despois aprendemos algúns dos seus versos máis coñecidos e dividímonos en grupos para ilustrar o que máis nos gustaba, participando así na actividade #AbrideAFiestra, coa cal puidemos pegar e darlle luz os poemas desta grande escritora galega.




martes, 27 de febreiro de 2018

Saída ao "Monte dos Remedios"

Aínda que na actualidade se coñece como o "Monte dos Remedios", ao noso alumnado, seguindo co noso proxecto de ciclo, tamén lles contamos que antigamente se lle chamaba "O Monte do Castro" porque albergou, en tempos pasados, un CASTRO. E hoxe saímos a descubrir o seu emprazamento.

Na nosa excursión a pé, ascendimos ata o alto onde está a Capilla dos Remedios e poidemos coñecer de preto o PETROGLIFO con forma de serpe que alí se atopa.

Dende o alto poidemos disfrutar das vistas, pescudamos en por qué os CASTREXOS construían as súas vivendas nun lugar alto, e nos imaxinamos ser "eles/elas" por un intre!



Despois da merendola grupal (a subida ao alto abriunos o apetito), disfrutamos de xogos dirixidos (cun circuito) e xogos libres, antes do regreso ao noso centro escolar.

Disfrutamos moito!


 








mércores, 21 de febreiro de 2018

Motivación

Ao traballar por Proxectos, as mestras/es de Educación Infantil temos claro que a MOTIVACIÓN é un dos eixes principais que moven ao noso alumnado. Isto tradúcese nas ganas que demostran, día a día, por querer aprender e por querer saber (Competencia para aprender a aprender). E o profesorado desenvolve unha función orientadora hacia o noso alumnado.

E sin que eles/elas se den conta, estamos fomentando, entre outros, o traballo en grupo, a aprendizaxe cada vez máis eficiente e autónoma, e polo tanto máis significativa, e sempre adecuadas ás situacións reais.

A motivación, polo tanto, é esencial para conquerir as nosas metas. Canto máis damos feito cando estamos motivados?

O exemplo de onte: no momento adicado á asemblea, ademáis de traballar outros aspectos, vimos os monumentos megalíticos da etapa que estamos a traballar, destacando o MENHIR e o DOLMEN. En qué se traduciu? En que noutros momentos nos que o noso alumnado traballou/xogou coa plastilina, desarrollaron a súa imaxinación e creatividade, e elaboraron os seus menhires e dólmenes.

Aquí tendes os resultados! Abraiantes!


DOLMEN


"MENHIR apoiado na herba"


DOLMEN

martes, 20 de febreiro de 2018

Carta de VALENTINA

Ao comezo deste segundo trimestre chegou á nosa aula unha CARTA.
Qué raro! De quen será e para quen é?

Aproveitamos os momentos adicados ás asembleas para abrila e leela todos xuntos.

Era unha postal da nosa benquerida amiga VALENTINA!

Puxémonos todos de cor laranxa! Qué bonita sorpresa! Estábanos a felicitar o Nadal e este novo ano que comeza!


E decidimos, tamén en consenso dentro da asemblea, que lle queríamos escribir á nosa amiga, contándolle todo o que nos apeteza, cousas da aula preferentemente, que facemos, que estamos aprendendo, de que nos disfrazamos este ano,...

Agora que xa a temos lista, estes días procederemos a enviala, desexando que lle chegue, lle guste, saiba algo máis de todos nós, e sexa unha agradable sorpresa como foi para nosoutros recibir a súa!

martes, 13 de febreiro de 2018

Entroido 2018: Castrexas/os

Un ano máis, celebramos o Entroido no noso colexio.
Este curso, seguindo coa temática dos nosos proxectos de aula (e de ciclo), convertémonos en auténticas CASTREXAS/OS, caracterizándonos como a xente daquela época!

Disfrutamos do día todos xuntos, levando a cabo a xa tradicional merendola con postres típicos destas festas aportadas polas familias; e dado que o tempo nolo permitíu, tamén da camiñata polo barrio de Tirán, como de costume, co resto da comunidade educativa que nos quixo acompañar neste tempo de lecer.

A continuación tendes varias instantáneas deste día:


(AULA 3 ANOS)


(AULA 4 ANOS)


(AULA 5 ANOS)



 



 (Distintos intres da merendola)

domingo, 4 de febreiro de 2018

Saída Auditorio de Cangas


No mes de Decembro, os alumnos\as de Educación Infantil fixemos unha saída ao Auditorio de Cangas do Morrazo, para ver a obra de Teatro: "A galiña azul", de Carlos Casares.
Pasámolo de marabilla.

                     









Aniversarios de Nicolás, Sabela e Hugo




OS ANIVERSARIOS DE XANEIRO. PARABÉNS AOS TRES.

Aniversarios de Lucas e Xabier


SEGUIMOS MEDRANDO. PARABÉNS.

Aniversarios de Tiago y Nahir


PARABÉNS AOS DOUS.

Aniversarios de Breogán, Noa, Fátima e Lucía






PARABÉNS. QUE MAIORES.