mércores, 28 de febreiro de 2018

Rosalía de Castro

A semana pasada para conmemorar o día de Rosalía de Castro (24 de febreiro) o alumnado do centro estivo a traballar a figura desta ilustre autora galega.

Na aula de 3 anos comezamos por coñecer quen era e a qué se dedicaba, tras o cal decidimos decorar un pouco a súa imaxe seguindo o estilo Andy Warhol.


Despois aprendemos algúns dos seus versos máis coñecidos e dividímonos en grupos para ilustrar o que máis nos gustaba, participando así na actividade #AbrideAFiestra, coa cal puidemos pegar e darlle luz os poemas desta grande escritora galega.




Ningún comentario:

Publicar un comentario