martes, 27 de febreiro de 2018

Saída ao "Monte dos Remedios"

Aínda que na actualidade se coñece como o "Monte dos Remedios", ao noso alumnado, seguindo co noso proxecto de ciclo, tamén lles contamos que antigamente se lle chamaba "O Monte do Castro" porque albergou, en tempos pasados, un CASTRO. E hoxe saímos a descubrir o seu emprazamento.

Na nosa excursión a pé, ascendimos ata o alto onde está a Capilla dos Remedios e poidemos coñecer de preto o PETROGLIFO con forma de serpe que alí se atopa.

Dende o alto poidemos disfrutar das vistas, pescudamos en por qué os CASTREXOS construían as súas vivendas nun lugar alto, e nos imaxinamos ser "eles/elas" por un intre!



Despois da merendola grupal (a subida ao alto abriunos o apetito), disfrutamos de xogos dirixidos (cun circuito) e xogos libres, antes do regreso ao noso centro escolar.

Disfrutamos moito!


 








Ningún comentario:

Publicar un comentario