xoves, 14 de setembro de 2017

A CURIOSIDADE

Ás veces NON nos decatamos de que A CURIOSIDADE que sente un neno/a é o primeiro paso para a súa aprendizaxe e, polo tanto, cometemos o erro de non deternos e adicarlle o seu tempo correspondente a saciar dita curiosidade, aportando materiais, ideas, estratexias, liberdade para explorar, manipular,... para que sexa o propio neno/a quen descubra unha nova realidade.

Estes días temos uns elementos novos na aula, letras imantadas, aspecto que xerou, só nalgúns nenos/as por agora, esa curiosidade. Manipuláronas libremente e pouco a pouco déronse conta que con elas podían formar palabras e..., cál é a palabra que máis coñecen? Pois o seu propio nome!


UXÍO


UNAI