martes, 31 de xaneiro de 2017

A CANCIÓN DO INVERNO

Aquí está a nova  canción do inverno: El invierno está llegando, coa que os Pequechos de 4 anos difrutamos moito. Encántonos descifrar os xestos da profe e cantala.
 A nosa árbore mudou, estamos desexando que volva a mudar e lle comecen a sair as flores. Pero mentres seguiremos disfrutando coa canción do inverno.

domingo, 29 de xaneiro de 2017

O MALETÍN DO ESPECIALISTA EN SAÚDE: O EMBARAZO

APROVEITANDO QUE A NOSA COMPAÑEIRA NOA ESTÁ A PIQUES DE CONVERTERSE NUNHA ESTUPENDA IRMÁ MAIOR LEVOU PARA CASA O "MALETÍN DO ESPECIALISTA EN SAÚDE" COA FINALIDADE DE INVESTIGAR UN POUCO SOBRE O EMBARAZO.



ASÍ, GRACIAS A ELA, DESCUBRIMOS CANTO DURA O EMBARAZO, COMO PODEMOS VER O BEBÉ MENTRES ESTÁ NA BARRIGA DA MAMÁ E COÑECEMOS PALABRAS COMO "ÚTERO" E "LÍQUIDO AMNIÓTICO".

PERO NON PENSEDES QUE TODO QUEDOU AHÍ! PARA ENTENDER MELLOR ONDE VIVE O BEBÉ DURANTE ESES 9 MESES COLOREAMOS O SEGUINTE DEBUXO, E PUXEMOSLLE NOME ÁS DIFERENTES PARTES:
 - O ÚTERO: QUE É UNHA ESPECIE DE "BOLSIÑA" QUE TEÑEN TODAS AS MULLERES E POR ISO SON ELAS AS QUE SE QUEDAN EMBARAZADAS.
- O LÍQUIDO AMNIÓTICO: QUE É O QUE PROTEXE O BEBÉ DOS GOLPES.
- O CORDÓN UMBILICAL: O CAL SAE DO SEU EMBIGO E LLE SERVE PARA ALIMENTARSE.



APROVEITAMOS A OCASIÓN PARA CREARNOS A NÓS MESMOS DE BEBÉS CON PLASTILINA, MIRADE QUE BEN NOS SAÍRON!



ADEMÁIS TROUXEMOS A AULA UNHA FOTO NOSA DE CANDO ERAMOS BEBÉS E CONTÁMOSLLE OS DEMÁIS CANTO MEDIMOS O NACER. 
APROVEITAMOS PARA EMPREGAR UNHA REGRA E COMPROBAR A LONXITUDE EXACTA DE CADA UN, E ASÍ CREAR OS NOSOS PROPIOS BEBÉS A ESCALA (VENDO ASÍ CAL DE NÓS FOI O MÁIS GRANDE, CAL O MÁIS PEQUENO...).



TAMÉN TROUXEMOS UNHA FOTO DAS NOSAS MAMÁS, E CON ELAS FIXEMOS UNHA CHULÍSIMA ACTIVIDADE QUE AGORA ADORNA A NOSA AULA. MIRADEA!



E PARA REMATAR FIXEMOS UN MURAL SOBRE A EVOLUCIÓN DO TAMAÑO DO BEBÉ Ó LONGO DOS 9 MESES, PARA O CAL EMPREGAMOS FOTOS DE DIFERENTES ALIMENTOS QUE SIMULAN AS DIFERENTES ETAPAS.



APRENDEMOS UN MONTÓN!

LA OVEJITA QUE VINO A CENAR

Resultado de imagen de la ovejita que vino a cenar
Na hora do conto da semana pasada coñecimos a dúas novas personaxes: un lobo famento e unha débil ovelliña perdida. O lobo tiña moita fame e a ovella necesitaba refuxio. 
Esta é unha simpática e tenra e historia de amizade entre estes coñecidos animais.
Así de ven traballamos sobre o conto; fixemos un quebracabezas coloreando, recortando e pegando as pezas e traballamos a lectoescritura cos nomes das personaxes.

Queredes coñer a historia? Aquí a tendes...

Este conto, igual ca maioría que lemos cada semana, o temos na nosa biblioteca de aula, así que temos a sorte de poder disfrutalo na aula e compartilo coas nosas familias.

OS NOSOS APELIDOS

Os Pequechos de 4 anos empezamos a semana pasada a identificar os nosos apelidos. Sabemos que un apelido ven de papá e outro de mamá. Tamén sabemos que a mairía das veces o noso primer apelido ven de papá pero otras non. O principio facíanos moita graza eso de chamarnos con "eses nomes tan raros" pero pouco a pouco estamos acostumándonos a eles. Agora, os nomes e apelidos están nun panel que temos na porta da aula, cada vez que os necesitemos acudiremos a el.
Fixemos xenial a ficha, na que tiñamos que ordealos segundo as instrucións da profe e colorear a estrela da mesma cor do carteliño correspondente.





PROTAGONISTA EMMA


A semana pasada Emma foi a nosa protagonista. Falounos da súa familia, sobre todo do seu irmán pequeno Pablo, dos seus xoguetes e xogos favoritos... Sabemos que lle encanta debuxar e pintar, a purpurina, as pegatinas de moitos tipos... Encantounos o  seu xogo dos pingüíns, xogamos todos xuntos, case conseguimos colocar todos sen que caira ningún! Xogamos os sonidos co seu conto de Pepa Pig, sen mirar, tiñamos que adiviñar quen facía o sonido.

Aquí está Emma co xogo dos pingüíns. Un xogo chulisimo que pon a proba as nosas destrezas motrices.

 A súa mamá Vane viu ó cole para explicarnos en que consistía a tarefa de reciclar e trouxo un montón de chapas que decoramos con pegatinas, letras, olliños, brillantinas e purpurina; para despois convertelas en imáns, pinzas para o pelo e broches.


Moitísimas grazas Vane! O pasamos xenial decorando as chapas!

Moitísimas felicidades campiona! Ben merecida tes a túa medalla de protagonista!





xoves, 26 de xaneiro de 2017

A MOTIVACIÓN VESE

E é que a motivación vese, incluso na roupa!
Observade ós nenos/as da nosa aula!

  

Son fantásticos/as!! :)

mércores, 25 de xaneiro de 2017

Primeiras aportacións ó noso proxecto

Onte UNAI e VERA fixeron as primeiras aportacións ó noso Proxecto dos Polos.

UNAI explicounos onde vivían os PINGÜINOS e onde vivían os OSOS POLARES. Vimos tamén onde vivimos nós, para que se fagan unha idea de cal é a situación de cada un dentro do noso planeta Terra.


Despois foi o turno de VERA que nos ensinou un libro que trouxo para o noso recuncho do Proxecto. Nel vimos unha morea de animais que viven nos POLOS. Pouco a pouco irémolos coñecendo máis de preto.


E hoxe foi ENZO quen aportou novamente ó noso recuncho. Mostrounos un libro con pegatinas e actividades que levaremos a cabo na aula nalgún intre, e contounos todos os elementos dunha cartolina que na casa elaborou cos seus pais. Nesa cartolina que está exposta na nosa porta, vimos PINGÜINOS, OSOS POLARES, FOCAS, MORSAS, ESQUIMAIS, e ata tivemos unha primeira impresión das casas dos ESQUIMAIS chamadas IGLÚS.


Tamén había un TRINEO, e vimos para que servía e quen tiraba del. Nun primeiro intre pensaron que eran lobos, pero despois vimos que eran cans! Sabedes que raza de cans son os que tiran dos TRINEOS? (tarefa a investigar)

Reflexión: Non vos imaxinades o que son capaces de falar os nenos/as tímidos na aula cando o máis importante é contarlle ó resto da aula todo o que se aprende na casa cos pais/nais!
A seguir así!

luns, 23 de xaneiro de 2017

NO ES UNA CAJA

Na HORA DO CONTO da semana pasada descubrimos un novo conto cargadiño de creatividade: NO ES UNA CAJA. A partir dunha caixa creamos: medusas, ourizos, coches de carreiras, pistas de xeo, un trineo, casas, un agasallo, un Power Ranger na súa guarida, un Megazor e ata un Troll!
Somos uns artistas! VIVA A CREATIVIDADE!





PROTAGONISTA NOA

A semana pasada Noa ocupou o trono de protagonista. Cada día contounos cousiñas sobre a súa familia, os seus xoguetes favoritos, cousas que facía cando era pequena....
O seu conto favorito é o de Riciños de Ouro e como moitos de nós non o coñeciamos,  Noa explicounos quen era Riciños, como coñeceu os osos do bosque... e tanto nos gustou a historia que buscamos o conto no ordenador para poder velo na nosa súper pantalla.
E sabedes cal foi o noso xoguete favorito? O seu rizador de pelo da Barbie! Encántanos xogar cos xoguetes dos compis!

 O seu papá Óscar e a súa mamá Loli viron o cole para facer unhas tartarugas e uns caranguexos chulísimos feitos con conchas que Noa recolleu na praia.


Noa e o seu papá tocaron a canción do barquito. O fixeron xenial!
Tamén xogamos as estatuas musicais. Cando paraba a música nós tiñamos que quedarnos quetos coma estatuas e segundo a música soase rápida ou lenta bailar. Divertímonos moitísimo!
Moitas grazas papis por esta visita!
Moitísimas felicidades campiona, xa tes a túa medalla de protagonista!


COMEZANDO CO NOSO PROXECTO: MOTIVACIÓN-3

Seguindo co noso afán por motivar ós cativos/as de 3 anos, hoxe luns recibimos un vídeo de "PINGÜI" que, dende a Antártida, nos contou que se estaba a divertir moito cos seus amigos e amigas facendo deporte!
A que non sabedes cal é o seu deporte preferido?

E tamén, entre todos, elaboramos a redación dunha nota que despois elas/es completaron individualmente, repasando o nome do noso pingüino, o nº 3 (por ser a aula de 3 anos), e o seu propio nome!
Esta nota leváronna hoxe para casa!

Deste xeito, iniciamos un paso moi importante dentro da motivación cara o noso proxecto: a colaboración e a participación das familias no proceso educativo, sendo fundamental o seu apoio e implicación para poder levar a cabo o proxecto da aula.


ANIVERSARIO DE CARMEN

O PASADO VENRES NA AULA DAS BOLBORETAS FESTEXAMOS O PRIMEIRO ANIVERSARIO DO 2017, E CON EL ESTREAMOS A CANDEA DO NÚMERO 6.




PARA CELEBRALO CARMEN TRÓUXONOS UN RICO POSTRE CASEIRO.



PARABÉNS COMPAÑEIRA!


mércores, 18 de xaneiro de 2017

COMEZANDO CO NOSO PROXECTO: MOTIVACIÓN-2

O MARTES, DURANTE O TEMPO DO RECREO, CHEGOU A CARTEIRA Ó PATIO E TRÓUXONOS UNHA POSTAL. SABEDES DE QUEN ERA?

PINGÜIN, QUE NOS ESCRIBE DENDE O SEU FOGAR!



E FÍXONOS MOITA ILUSIÓN SABER DEL!
DE FEITO, PASAMOS MEDIO RECREO ENSINÁNDOLLES A POSTAL A TODOS OS NENOS E NENAS DA AULA!






E DESPOIS, NA CALMA, LEMOS A POSTAL RECIBIDA!
AGORA QUEREMOS SABER MOITO MÁIS SOBRE A VIDA DE PINGÜIN!

martes, 17 de xaneiro de 2017

COMEZANDO CO NOSO PROXECTO: MOTIVACIÓN-1

E POR FIN, COMEZAMOS CO NOSO PROXECTO.
O PRIMEIRO PASO É MOTIVALOS POR QUERER SABER!
CÓMO O FIXEMOS?
POIS... TRAS VER UNHAS PISADAS NA AULA... TRATAMOS DE AVERIGUAR DE QUEN ERA E, PARA A NOSA SORPRESA, VIMOS QUE "PINGÜIN" (A NOSA MASCOTA) MARCHOU!!!
CARA ONDE? A ONDE IRÍA?
E AQUÍ COMEZOU A CHOIVA DE IDEAS (IDEAS PREVIAS)