domingo, 29 de xaneiro de 2017

PROTAGONISTA EMMA


A semana pasada Emma foi a nosa protagonista. Falounos da súa familia, sobre todo do seu irmán pequeno Pablo, dos seus xoguetes e xogos favoritos... Sabemos que lle encanta debuxar e pintar, a purpurina, as pegatinas de moitos tipos... Encantounos o  seu xogo dos pingüíns, xogamos todos xuntos, case conseguimos colocar todos sen que caira ningún! Xogamos os sonidos co seu conto de Pepa Pig, sen mirar, tiñamos que adiviñar quen facía o sonido.

Aquí está Emma co xogo dos pingüíns. Un xogo chulisimo que pon a proba as nosas destrezas motrices.

 A súa mamá Vane viu ó cole para explicarnos en que consistía a tarefa de reciclar e trouxo un montón de chapas que decoramos con pegatinas, letras, olliños, brillantinas e purpurina; para despois convertelas en imáns, pinzas para o pelo e broches.


Moitísimas grazas Vane! O pasamos xenial decorando as chapas!

Moitísimas felicidades campiona! Ben merecida tes a túa medalla de protagonista!





Ningún comentario:

Publicar un comentario