mércores, 25 de xaneiro de 2017

Primeiras aportacións ó noso proxecto

Onte UNAI e VERA fixeron as primeiras aportacións ó noso Proxecto dos Polos.

UNAI explicounos onde vivían os PINGÜINOS e onde vivían os OSOS POLARES. Vimos tamén onde vivimos nós, para que se fagan unha idea de cal é a situación de cada un dentro do noso planeta Terra.


Despois foi o turno de VERA que nos ensinou un libro que trouxo para o noso recuncho do Proxecto. Nel vimos unha morea de animais que viven nos POLOS. Pouco a pouco irémolos coñecendo máis de preto.


E hoxe foi ENZO quen aportou novamente ó noso recuncho. Mostrounos un libro con pegatinas e actividades que levaremos a cabo na aula nalgún intre, e contounos todos os elementos dunha cartolina que na casa elaborou cos seus pais. Nesa cartolina que está exposta na nosa porta, vimos PINGÜINOS, OSOS POLARES, FOCAS, MORSAS, ESQUIMAIS, e ata tivemos unha primeira impresión das casas dos ESQUIMAIS chamadas IGLÚS.


Tamén había un TRINEO, e vimos para que servía e quen tiraba del. Nun primeiro intre pensaron que eran lobos, pero despois vimos que eran cans! Sabedes que raza de cans son os que tiran dos TRINEOS? (tarefa a investigar)

Reflexión: Non vos imaxinades o que son capaces de falar os nenos/as tímidos na aula cando o máis importante é contarlle ó resto da aula todo o que se aprende na casa cos pais/nais!
A seguir así!

Ningún comentario:

Publicar un comentario