mércores, 21 de marzo de 2018

Galletas de Dinosaurios

Hoxe, as nenas e nenos de 4 anos, fixemos GALLETAS con forma de DINOSAURIOS (dado que estamos a traballar a PREHISTORIA).

Despois de falar na asemblea de qué necesitábamos, así como os hábitos de hixiene necesarios, fomos para o comedor do noso cole a elaborar as galletas. Seguindo as indicacións da receta, vendo cada un dos ingredientes (e falando deles), mesturando nun bol, amasando coas nosas mans, estirando a masa cun rodillo, e finalmente meténdoas no forno 8 minutos e degustando "in situ" a primeira fornada!

E qué ricas estaban! Levamos cada un de nós, 3 galletas de dinosaurios para a casa!

Como veredes a continuación, a maiores traballamos a lectoescritura e as TIC. Aquí vos deixamos varias instantáneas feitas polos nenos/as da propia aula!
















sábado, 17 de marzo de 2018

Somos Cavernícolas


Por un momento, os nenos e nenas de 5 anos convertémonos en CAVERNÍCOLAS,
saíndo da nosa COVA PREHISTÓRICA.













Somos Arqueólogos


Todo o alumnado de Educación Infantil converteuse por un día en Arqueólogo,
desenvolvendo as labores de excavación, limpeza e extración de osos antigos.

QUE BEN O PASARON.













¡¡¡ OSOS PREHISTÓRICOS !!!

Proxecto Prehistoria


E aquí os traballos aportados polos nenos e nenas da aula de 5 anos,
coa colaboración das familias, para o noso Recuncho Prehistórico.
Moitas grazas polo voso esforzo.

















E aquí temos o noso RECUNCHO PREHISTÓRICO, con todos os traballos.