xoves, 8 de marzo de 2018

Día Internacional da Muller

Hoxe, Día Internacional da Muller, demos visibilidade a "AS NOSAS MULLERES" , a todas aquelas mulleres que son importante para o noso alumnado de Educ. Infantil.

Estes días previos, coa axuda das familias, os nenos/as trouxeron o debuxo do corpo dunha muller acompañada coa foto da cara da mesma. Posteriormente contaron aos seus compañeiros/as quen era esa persoa e por qué é importante para eles/elas. Puxemos en valor (e fixemos presente) a figura feminina.

E éste foi o resultado, a realización do seguinte mural exposto no noso centro escolar:


Esto é unha mostra máis do traballo diario que se leva a cabo nas nosas aulas de Educ. Infantil onde se potencian aspectos e actitudes encamiñadas a traballar e fomentar, entre outros moitos valores, o RESPECTO e a IGUALDADE (entre mulleres e homes, dereitos e oportunidades).

Ningún comentario:

Publicar un comentario