luns, 30 de abril de 2018

Aniversario de Leire López

Hoxe, na aula de 3 anos, festexamos un novo aniversario. A nosa compañeira Leire xa ten 4 anos!!!



PARABÉNS COMPAÑEIRA!!

xoves, 19 de abril de 2018

Correspondencia co CEIP Seara

Hoxe a mestra Gemma, facendo labores de carteira, trouxonos unha CARTA. Viña dirixida á nosa aula. E o remitente era a aula de 4 ANOS do CEIP Seara, aquí en MOAÑA tamén. Que grata sorpresa! Contestáronnos!

Dentro do sobre contábannos que recibiran a nosa carta, presentáronse, faláronnos de que están a coñecer e aprender cousas sobre as abellas, e agasalláronnos cuns debuxos de cada un dos alumnos/as desa aula, así como unha pulseira (feita por eles/elas) para cada un de nós.
Moitas grazas! Marchamos contentísimos para a nosa casa!

E esperamos contestarlles moi pronto. Polo de agora, xa lles fixemos uns debuxos de cada un de nós hoxe pola mañá, encabezado tamén polo texto "Me llamo..."


mércores, 18 de abril de 2018

A primeira FLOR

Hoxe, no tempo de lecer no patio de infantil, atopamos unha gran sorpresa. E é que no xardín que estamos a procurar (na parte superior de dito patio) apareceu a nosa primeira FLOR, logo de preparar a terra e enriquecela con lombrices/lombrigas.

Florecerán moitas máis, deso estamos seguras/os! A PRIMAVERA xa está connosco!


O sabor da aventura está no mar

Onte, todo o centro, disfrutamos dun obradoiro que leva por título "O sabor da aventura está no mar", onde nos deron a coñecer os mariscos e algúns peixes, así como as súas propiedades, aderezado todo isto con xogos participativos nos que o noso alumnado foi o protagonista!

Podedes consultar máis información ao respecto na súa páxina web:
http://osabordaaventuraestanomar.xunta.es/es


 








venres, 13 de abril de 2018

Aniversarios de Diego e Mateo

Hoxe celebramos na nosa aula os aniversarios de DIEGO e de MATEO.
Coma sempre, tras cantarlles o "cumpreanos feliz" e o "happy birthday", degustamos un biscoito casero moi rico e uns poucos gusanitos.

Felicidades rapaces, xa tendes 5 ANOS!


martes, 10 de abril de 2018

Mascota na aula

Dende hoxe, temos unha nova MASCOTA na aula, e con vida propia!

Trátase dun animal que sobreviviu dende épocas prehistóricas, e dende hoxe, temos a oportunidade de coñecela (e coidala) en primeira persoa: a nosa mascota, a nosa TARTARUGA.

E seguindo a estrutura de Aprendizaxe Cooperativo "1-2-4", por equipos, buscamos un nome para a nosa mascota. O elixido foi "CORAZÓN".

Vimos as súas características físicas, tocámola (quen quixo), sentimos a temperatura da auga, coidámola mentras lle cambiabamos a auga, e observamos como se movía e como respiraba!
Estamos encantados! :)


TARTARUGA no seu hábitat na aula



Nenos e nenas observando a TARTARUGA




Nenas e nenos facendo as súas tartarugas particulares coa plastilina


Carta de Valentina

Estes días tivemos unha agradable sorpresa. Recibimos unha CARTA da nosa benquerida amiga VALENTINA.
Xunto cos seus pais, escribiunos para contarnos o que está a vivir noutro país, entre outras cousas, que viu a neve e fixo un boneco co seu pai, que coñeceu a San Nicolás, e que viu un esqueleto de MAMUT. E acompañou toda esta información con fotos súas.

Ah! E que nos bota de menos, como nós a ela! Esperamos que pronto volva a estar connosco nesta preciosa aula de 4 anos!

Un abrazo de todos nós, Valentina!


martes, 3 de abril de 2018

ANIVERSARIO DE NEREA

Hoxe na aula de 3 anos celebramos un novo aniversario. Esta vez foi a nosa compañeira Nerea a encargada de preparar, xunto coa súa familia, un rico biscoito para festexar que xa ten 4 anos.



PARABÉNS COMPAÑEIRA!