xoves, 27 de febreiro de 2014

ZAPATOS DE MIL CORES

Hoxe rimos moito cos nosos zapatos, porque eran diferentes: nun pe un tenis e noutro unha bota, nun pe un tenis vermello e no outro un branco... mirade o ben que o pasamos sacando as fotos, porque hoxe non era fácil lucir a nosa prenda de entroido...


Mirade os pequenos do cole como luciron os seus zapatos:






A ver si todos se recoñecen....



Os de 4 anos tamén estaban estupendos:




A ver si todos os de 4 anos localizan os seus zapatos jejeje


E os maiores de infantil tan xenias como sempre:



Cada un a localizar os seus zapatos!


Non olvidedes que na galeria de fotos da web do cole podedes ver a todos os compis de primaria... e que mañá por fin será o gran desfile de entroido... 
...SUPER FRESAS A CONQUISTAR TIRÁN!! ^_^

mércores, 26 de febreiro de 2014

O XOVES 27 TOCA....

Para rematar estos días de complementos divertidos....

OS PESCOZOS MAIS BONITOS DE TIRÁN

Hoxe lucimos de todo nos nosos pescozos: coiares de perlas, gravatas de moitas cores, lazos, paxaritas, .....

Queredes ver que fabulosos estábamos???


Os de 3 anos
  

Os de 4 anos


Os de 5 anos

Na galería de fotos da web do cole podedes ver a todos os compis de primaria. FOTOS ENTROIDO 2014

martes, 25 de febreiro de 2014

O MÉRCORES 26 TOCA....

A ver con que nos sorprendedes mañá....


SOMBREIROS DO MAIS DIVERTIDO

Hoxe estábamos todos requeteguapos con cousas divertidas na cabeza, e moitos volvimos traer as gafas... cada cual mais gracioso... 

Os de 3 anos hoxe traballaron moi guapos e animados


Os de 4 felices có entroido e celebrando que naceu o bebé da profe Marta =)


Os de 5 xuntaron as gafas, os sombreiros e unhas caras xeniais... o resultado foi fabuloso!!

Na galería de fotos da web do cole podedes ver a todos os compis de primaria. FOTOS ENTROIDO 2014

Non vos perdades o guapos que estaremos mañá ^_^

O MARTES 25 TOCA....

Seguimos celebrando o entroido no cole...


luns, 24 de febreiro de 2014

GAFAS MOI MOLONAS

Comeza a semana de entroito no cole de Tirán... e temos ganas de pasalo mooooi ben!
Hoxe tocou traer gafas divertidas ao cole, e todos os pequechos de infantil nos animamos... mirade que guapos!!

Os nenos e nenas da clase de 3 anos estaban xeniais!


Os da clase de 4 anos tamén estaban moi graciosos!


Os de 5 anos estaban auténticos con esas gafas tan divertidas!

Se queredes ver aos compis de primaria, pinchade "aqui" e iredes directos á galeria de fotos da web do cole, alí veredes que divertidos estaban todos. 

Como viremos mañá??.....

sábado, 22 de febreiro de 2014

COMEZA O ENTROIDO

Os pequechos de Tirán tiñamos moitas ganas de que chegase a semana do entroido!!


...que ganas de ver as vosas gafas!!

sábado, 15 de febreiro de 2014

CELEBRANDO O DÍA DO AMOR

Hoxe celebramos no cole o día do amor... porque todos temos moitos amigos aos que queremos un montón, familiares que nos comeríamos a bicos, compañeiros que botamos moito de menos a fin de semana... por iso decidimos encher este día de corazóns. 

Subimos a cociña do cole para facer un obradoiro do mais doce, amoroso... e deliciosooooo!






Nos corazóns, que xa preparáramos na clase coas profes, picamos unhas ricas nubes....




...e como podedes ver, mollamos os corazóns en chocolate (que antes derretéramos) e despois en virutas de cores...





...deixamos estas delicias enfriando para logo saborealas xuntos...

Seguro que estades desexando comer unha!!

Cando o chocolate endureceu lanzámonos a degustar o resultado do noso traballo... só podemos dicir: ñam, ñam, ñam!!





Tamén fixemos uns divertidos e animados corazóns para levar para casa.



FELIZ DÍA DO AMOR A TODOS

xoves, 13 de febreiro de 2014

DON QUIXOTE E A DIETA MEDITERRANEA

Hoxe tivemos unha deliciosa actuación de teatro... igual pensades que estamos tolos porque o teatro non se come... pero estade atentos xa veredes como todo é posible!! 

A compañía Limiar teatro compartiu con nos as aventuras e desventuras de Don Quixote ao mesmo tempo que preparaban un delicioso potaxe de vixilia




Os ingredientes princiais do potaxe foron: 
bacallao, espinacas e garavanzos (ademais do sofrito e o majado).

Algúns axudamos a contar a historia....


Cando remataron as historias de Don Quixote... 
...o potaxe estaba listo para comer... e que ben cheiraba!!


Case todos nos decidimos a probar o potaxe... 

 



...e moitos repetimos...




...ata que a pota quedou baleira!!! ñam ñam

Gústanos moito escoitar e ver teatro... pero se ademais podemos saborealo: moito mellor!!