xoves, 13 de febreiro de 2014

DON QUIXOTE E A DIETA MEDITERRANEA

Hoxe tivemos unha deliciosa actuación de teatro... igual pensades que estamos tolos porque o teatro non se come... pero estade atentos xa veredes como todo é posible!! 

A compañía Limiar teatro compartiu con nos as aventuras e desventuras de Don Quixote ao mesmo tempo que preparaban un delicioso potaxe de vixilia




Os ingredientes princiais do potaxe foron: 
bacallao, espinacas e garavanzos (ademais do sofrito e o majado).

Algúns axudamos a contar a historia....


Cando remataron as historias de Don Quixote... 
...o potaxe estaba listo para comer... e que ben cheiraba!!


Case todos nos decidimos a probar o potaxe... 

 



...e moitos repetimos...




...ata que a pota quedou baleira!!! ñam ñam

Gústanos moito escoitar e ver teatro... pero se ademais podemos saborealo: moito mellor!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario